Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: R.B.T. a Montemeá.
Situación: Aranga.
Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de baixa tensión, a 380/220 V, sobre apoios de formigón e apoios existentes, con conductor R.Z., de 960 m de lonxitude, con orixe no C.T. Ponte Aranga (expediente 6539) e discorrendo polo lugar de Montemeá. Aranga.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 25 de xaneiro de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña