Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa.
Domicilio social: r/ Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Vilarmel e Cereixido.
Situación: Quiroga.
Descricións técnicas: liñas de media tensión a Paradapiñol, Cereixido, Vilarmel e Paradaseca a 20 kV en conductor LA-56 sobre apoios de formigón e 12.966 metros de lonxitude total. 3 centros de transformación de 50 kVA (Paradapiñol, Cereixido e Vilarmel) con relación de transformación 20.000/380-220 V. Un centro de transformación en Paradaseca de 100 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. Redes de baixa tensión en conductor R.Z. sobre apoios de formigón cunha lonxitude total de 1.168 metros.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 20 de xaneiro de 2000.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo