Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 24 de febreiro de 2000 Páx. 2.462

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO (expediente Urb.-1999009319).

Neste concello tramítase a autorización para a instalación dunha estación base de telefonía móbil que se situará en Feces de Abaixo (Verín), por instancia de Telefónica Servicios Móviles, S.A., ó abeiro do disposto no artigo 77.3º da Lei do solo de Galicia, por tratarse dunha instalación para fins de interese xeral, que ten que situar no medio rural.

En cumprimento do que establece o artigo 77.4º da Lei do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de vinte días, que se computarán a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio

no DOG, durante os que se poderá consulta-lo expediente na Sección de Urbanismo do concello e presenta-las reclamacións que os interesados coiden pertinentes.

Verín, 7 de febreiro de 2000.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde