Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 24 de febreiro de 2000 Páx. 2.461

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUROS

ANUNCIO de licitación da concesión das instalacións municipais do cámping da Vouga.

O Concello de Muros convoca licitación pública para adxudicar por concurso a concesión das instalacións municipais do cámping da Vouga.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Muros, Curro da Praza, nº 1, 15250 Muros.

2. Dependencia de tramitación: Secretaría da Corporación. Teléfonos: 981 82 60 50, 981 82 63 04. Fax: 981 76 22 57.

3. Descrición do obxecto: xestión dos servicios das instalacións municipais do cámping da Vouga.

4. Lugar de execución: A Vouga, parroquia de Louro.

5. Prazo da concesión: vinte anos.

6. Tramitación: urxente.

7. Procedemento: aberto.

8. Forma: concurso.

9. Canon mensual de explotación: 50.000 ptas./ 351,51 euros, más IVE.

10. Garantía provisoria: 96.000 ptas./576,97 euros.

11. Data límite de presentación de ofertas: trece días naturais contados desde que se publique este anuncio no BOP da Coruña e no Diario Oficial de Galicia.

12. Documentación esixida: cláusula 11 do prego de condicións.

13. Apertura das ofertas: Casa do Concello de Muros ás 13 h. do día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación.

Muros, 15 de febreiro de 2000.

Celestino Formoso Vidal

Alcalde