Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 24 de febreiro de 2000 Páx. 2.458

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2000 pola que se anuncia concurso para a subministración por lotes de papel branco e de cor, material para máquina Off-Set Rioby, material para o departamento de reprografía, material para o almacén de compras e sobres para as distintas dependencias municipais. S2000/10.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministración e Compras. b) Número de expediente: S2000/10.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: ver encabezado do anuncio. b) Número de unidades que se van entregar. c) División por lotes e número: si. d) Lugar de entrega: véxase punto 1. e) Prazo de entrega: farase ó ritmo que esixan as necesidades municipais, e non poderá ser superior a dez días, a partir da data de petición.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: ver epígrafe 2 do cadro de características de cada un dos contratos, IVE incluído.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: praza de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso

de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica.

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: o quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo da licitación. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e no seguinte lema: «Proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a subministración por lotes de papel branco e de cor, material para máquina Off-Set Rioby, material departamento reprografía, material almacén de compras e sobres para as distintas dependencias municipais».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 17 de febreiro de 2000.

O alcalde

P.D.

Rubricado