Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 24 de febreiro de 2000 Páx. 2.436

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 16 de febreiro de 2000 pola que se procede ó nomeamento como funcionarios do corpo de xestión de Administración xeral da Xunta de Galicia dos aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 30 de decembro de 1997.

Rematado o proceso selectivo convocado pola Orde do 30 de decembro de 1997 (DOG nº 11, do 19 de xaneiro de 1998) para o acceso ó corpo de xestión de Administración xeral da Xunta de Galicia, mediante a Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG nº 7, do 12 de xaneiro de 2000) pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron este. Verificada a concorrencia dos requisitos esixidos nas bases das convocatorias e realizado o acto previsto na Orde do 1 de febreiro de 2000.

Esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no Decreto 95/1991, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Xunta de Galicia, e demais normas concordantes nas bases da convocatoria do proceso selectivo,

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear funcionarios do corpo de xestión da Administración xeral da Xunta de Galicia ós aspi

rantes aprobados que se relacionan no anexo desta orde, ordenados, nos correspondentes sistemas de acceso, de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicándolles, como destinos provisionais, os que figuran no anexo.

Segundo.-Para adquiri-la condición de funcionarios, as persoas a que se refire o anexo desta orde deberán cumpri-los requisitos esixidos no artigo 45 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo legalmente previsto.

Terceiro.-O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, segundo o artigo 8.2º en conexión co artigo 10.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO

Corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia

(Grupo B)

Apelidos e nomeDNICódigo do postoDenominaciónConcello/provinciaCarácter

Promoción interna

Constenla Patiño, Antonio Javier36.055.476SAC991000036560270Posto base grupo BVigo (Pontevedra)Provisorio

Acceso libre

Cortiñas Fernández, Silvia33.291.122FAC030000015770008Posto base grupo BSantiago de Compostela (A Coruña)Provisorio
Vázquez Lago, Cristina32.815.136SAC991000015001275Posto base grupo BA CoruñaProvisorio