Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2000 Páx. 2.346

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 26 de xaneiro de 2000, do Servicio Provincial de Transportes da Coruña, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (expediente XC-00719-O-1999 e cinco máis).

Pola presente cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se

sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo delegado provincial da CPTOPV da Coruña, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso de alzada perante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, dispoñen dun prazo de quince días para o seu paga

mento en voluntaria, facendo efectiva a multa mediante ingreso a favor do Tesouro da Facenda galega, conta de recadación de multas e sancións número 1302 6000 08 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros.

Transcorrido este prazo, procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285,

do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12).

E para que conste e sirva de notificación ós denunciados/as de enderezos descoñecidos e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada lei, expido, asino e selo a presente na Coruña, 26 de xaneiro de 2000.

Gonzalo López González

Xefe do Servicio Provincial de Transportes

da Coruña

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

XC-00719-O-1999

C-3937-BX

G.C. de Tráfico

Gilberto Morales Baluja

Avda. de Lugo, 163-1º D

15703 Santiago de Compostela (A Coruña)

Facer transporte de paquetería de Santiago de Compostela a Cacheiras, non levando a bordo do vehículo o contrato de aluguer.

9-3-1999; 18; C-541; 3,000

Artigo 24 da Orde do 20 de xullo de 1995, sobre o aluguer de vehículos sen conductor (BOE nº 183, do 2 de agosto)143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199010.000 ptas.

XC-01102-O-1999

M-4655-MB

G.C. de Tráfico

Alquileres Insert SC

Lindeiro-Meixonfrío, 21

15890 Santiago de Compostela (A Coruña)

Facer transporte de material de iluminación amparado en tarxeta de transporte MPC nacional carecendo de tódolos distintivos.

5-7-1999; 13.40; N-634; 708

O.M. do 25 de outubro de 1990 (BOE do 30 de outubro)143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199015.000 ptas.

XC-01173-O-1999

CR-5539-C

G.C. de Tráfico

Luis Cataluña Asensio

Bartalome de Castro, 11

28802 Alcalá de Henares (Madrid)

Transportar máis viaxeiros dos autorizados, está autorizado para dúas persoas levando tres incluído o conductor.

8-7-1999; 20.15; N-634; 680

Artigo 200.3º do R.D. 1211/1990143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199010.000 ptas.

XC-01267-O-1999

C-7898-BU

G.C. de Tráfico

Frusegol, S.L.

Chantado, 25

15578 Narón (A Coruña)

Circular efectuando un transporte de froitos secos cun peso total de 4.400 kg, estando para PMA de 3.500 kg.

20-7-1999; 18.09; N-550; 54,600

Artigo 200.3º do R.D. 1211/1990143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199035.000 ptas.

XC-01663-O-1999

M-2994-JU

G.C. de Tráfico

Mecánica Alimentaria, S.A.

Gasset, 101

15940 A Pobra do Caramiñal (A Coruña)

Circular transportando un ventilador industrial, unha mesa metálica e demais compoñentes industriais desde o polígono de Xaros ata a Pobra do Caramiñal, carecendo o vehículo dos distintivos dianteiros.

17-8-1999; 12; C-550; 43,200

O.M. do 25 de outubro de 1990 (BOE do 30 de outubro)143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/19905.000 ptas.

XC-01787-O-1999

C-4599-O

G.C. de Tráfico

Cosmalca, S.L.

Subida S. Marcos, 6

15899 Santiago de Compostela (A Coruña)

Circular facendo un transporte de saburra, desde Mesón do Vento a Pontecarreira, carecendo de tódolos distintivos.

19-8-1999; 17.50; N-550; 35,000

O.M. do 25 de outubro de 1990 (BOE do 30 de outubro)143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199015.000 ptas.