Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2000 Páx. 2.344

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 20 de xaneiro de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica o expediente 21/1999, referente ó procedemento sancionador incoado polo Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra a Gerardo Perdiz Troncoso.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados, cos datos e últimos domicilios coñecidos en Antas-A Lama-Pontevedra, resolución recaída no expediente sancionador número O-0021/1999, que lle foi incoado polo Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra a Gerardo Perdiz Troncoso, pola construcción dun cerramento, sen autorización, sobre terreos de dominio público da estrada PO-241, ó entender que tales actuacións constitúen unha infracción moi grave da Lei de estradas de Galicia; da que a súa parte dispositiva di:

-Declarar caducado o procedemento administrativo sancionador nº 21/1999 instruído a Gerardo Perdiz Troncoso ordenando a incoación dun novo expediente sancionador polo Servicio Provincial de Estradas polos referidos feitos.

Contra esta resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación conforme o disposto no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa; e con carácter previo e potestativo recurso de reposición ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2000.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda.