Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2000 Páx. 2.344

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 20 de xaneiro de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica o expediente 232/1998, referente á reclamación de responsabilidade patrimonial polos danos producidos nun accidente de circulación ocorrido na vía rápida Curro-Sanxenxo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados, cos datos e últimos domicilios coñecidos en r/ Ramón Cabanillas, 8-Ourense, resolución da reclamación de responsabilidade patrimonial O-0232/1998, interposto por Rosa María Muñoz Martínez, polos danos producidos nun accidente de circulación ocorrido o día 8 de xullo de 1998, na vía rápida Curro-Sanxenxo, como consecuencia da irrupción dun can na calzada; da que a súa parte dispositiva di:

-Declarar desestimada a reclamación de responsabilidade patrimonial das administracións públicas interposta por Rosa María Muñoz Martínez, polos danos producidos nun accidente de circulación ocorrido na vía rápida de Curro a Sanxenxo.

Contra esta resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación conforme o disposto no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa; e con carácter previo e potestativo recurso de reposición ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2000.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda