Eu, Ana Isabel Villar Fernández, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Noia e o seu partido, dou fe de que nas dilixencias de xuízo de faltas nº 111/1999-J, sobre furto e ameazas, se dictou sentencia cunha decisión que é como segue:
«Que debo absolver e absolvo a Amparo García Díez dos feitos axuizados nestas actuacións, con declaración das custas procesuais de oficio.
Notifíqueselles esta resolución ás partes, con indicación de que non é firme e poden interpor recurso de apelación no prazo de cinco días, contados desde o seguinte ó da súa notificación, perante este xulgado, para ante a Audiencia Provincial da Coruña. Este recurso formalizarase e tramitarase conforme o disposto nos artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.
Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».
Para que lle sirva de notificación á denunciada, Amparo García Díez, en paradoiro descoñecido, expido e asino este edicto en Noia o tres de febreiro de dous mil.
A secretaria
Rubricado