Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2000 Páx. 2.338

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 7 de febreiro de 2000 pola que se acepta a renuncia, como funcionario en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario, presentada por José Antonio Álvarez Álvarez.

Vista a instancia formulada por José Antonio Álvarez Álvarez, con DNI 34.256.357, funcionario en

prácticas do corpo de profesores de ensino secundario, en solicitude de que lle sexa aceptada a súa renuncia á súa condición de funcionario en prácticas.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

RESOLVE:

Acepta-la renuncia presentada por José Antonio Álvarez Álvarez.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria