Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2000 Páx. 2.304

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 17 de xaneiro de 2000, aprobou inicialmente a modificación do estudio de detalle da praza Camilo Díaz Baliño, promovido por Manuel Alende e outros C.B.

O ámbito está comprendido entre os seguintes lindes:

Norte: casas números 1, 3 e 5 con fronte á praza de Camilo Díaz Baliño (estación de autobuses).

Sur: casa número 19 da rúa do Tomiño.

Leste: vía rodada municipal que delimita a praza de Camilo Díaz Baliño e se prolonga ata o sur conformando a rúa do Tomiño.

Oeste: traseiras das casas números 1 ó 17 da rúa do Pino.

En cumprimento do que dispón o artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

A aprobación inicial da modificación deste estudio de detalle determina automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da LSG, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito obxecto de ordenación para tódolos usos e obras que resulten incompatibles coa ordenación proxectada.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2000.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde