Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2000 Páx. 2.300

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2000 pola que se anuncia concurso aberto para a selección de oferta para a tramitación dunha concesión de ocupación de dominio público portuario para a construcción e explotación de instalacións para a navegación recreativa en Muros. (Expediente 12-38-00-C-01).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente:

c) Número do expediente: clave: 12-38-00-C-01.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o obxecto do concurso é a selección dunha oferta para a tramitación dunha concesión de ocupación de dominio público portuario para a construcción e explotación de instalacións para a navegación recreativa en Muros.

b) Lugar da concesión: Muros (A Coruña).

c) Prazo da concesión: trinta (30) anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Canon de explotación.

Importe total: o especificado no prego de bases.

5. Garantías.

Provisional: o 2% do orzamento total das obras.

Definitiva: a especificada no prego de bases.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 5 A-6º (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Teléfono: 981 54 45 02.

e) Telefax: 981 54 52 02.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do solicitante.

8. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás doce horas do quincuaxésimo segundo día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado no prego de bases.

c) Lugar de presentación:

Entidade: ente público Portos de Galicia.

Domicilio: praza de Europa, 5 A-6º (Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Prazo durante o cal o licitador se obriga a mante-la súa oferta: tres (3) meses desde a apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 5 A-6º (Área Central).

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15707.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Outras informacións:

11. Gastos dos anuncios: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2000.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do ente público Portos de Galicia