Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2000 Páx. 2.291

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/106-2, 5189 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro nº 4, 27002 Lugo.

Denominación: cambio tensión a 20 kV Magazos-Xerdiz-Miñotos (Muras).

Situación: Muras, Ourol, Viveiro.

Descricións técnicas: 2 L.M.T. C.T.C. Landrove 1-derivación C.T.C. depuradora-C.T.I. Gráficas Santiago de 622 metros e L.M.T. derivación C.T.C. depuradora de 22 metros ambas sobre apoios de formigón e conductor LA-56. L.M.T. subterránea Cr. Chavín. 2 C.T.I. en Landrove e Xerdiz ambos de 160 kVA e relación 20.000/380-220 V. Cambio de transformador nos C.T.I. de Vilabuín, Pallaza, A Igrexa, Os Carballás, O Carme, Requerez, O Pazo, O Cal, Zarza, As Cabanas, A Cruz, María Pan, O Gromedoiro, Ramos Cuíña, Nogarido, Chavín, Chaos, Ameneirais, Cora, Matadoiro, Portochao e Renault, de relación 20.000/380-220 V. C.T.S. interior da Telleira, Landrove, Carrocerías, Valcarria, Escora, Xerdiz, A Revolta e A Carballeira todos, de 250 kVA e a 20.000/380-220 V. C.T.I. Chavín de 160+160 kVA e relación 6.000/380-220 V e 20.000/380-220 V. Centro reparto de Chavín con transformador de servicios auxiliares de 25 kVA.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

Lugo, 10 de xaneiro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo