Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro nº 4, 27002 Lugo.
Denominación: L.M.T. subterránea e C.T. en avenida Carlos Azcárraga, 96 (Lugo).
Situación: Lugo.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea ó C.T. da Avda. Carlos Azcárraga nº 96 de 197 metros a 20 kV baixo tubo en conductor D.H.Z.1. C.T.I. en edificio na Avda. Carlos Azcárraga nº 96 (Lugo) de 630+630 kVA (inicialmente de 630 kVA) e relación de transformación 20.000/400-230 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución;
tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
Lugo, 22 de decembro de 1999.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo