Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2000 Páx. 2.285

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2000, da Xefatura Provincial de Estradas de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación e se somete a información pública a relación de propietarios dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de acondicionamento da estrada de Rozas a Abadín, treito: Momán-Moncelos, termos municipais de Cospeito e Abadín. (Clave N/LU/92.2.2).

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Xunta de Galicia con data do 8 de xuño de 1998, foi aprobado o proxecto das obras do acondicionamento da estrada de Rozas a Abadín, treito: Momán-Moncelos, termos municipais: Cospeito e Abadín. Clave: N/LU/92.2.2.

En acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia o día 7 de maio de 1999, declárase a urxencia para efectos de aplicación do procedemento que regula o artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, a ocupación de bens e dereitos afectados polo referido proxecto.

Para tal efecto convócanse os propietarios e titulares de bens e dereitos afectados, que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Lugo e na Delegación Provincial de Estradas de Lugo, para que comparezan no lugar, día e hora que se detalla a continuación, co fin de proceder ó levantamento das actas previas á súa ocupación, que recollerán os datos necesarios para a determinación dos dereitos afectados, os seus titulares e o valor daqueles, sen prexuízo do traslado ó lugar dos predios se se considera necesario.

Lugar: Casa do Concello de Cospeito.

Horario: das 10 h. ás 13 h.

Día: 13 de marzo de 2000.

De Álvarez, José a Cancio López, Sergio.

Día: 14 de marzo de 2000.

De Casa Meizazo, Rosario a Lombán López, Benjamín.

Día: 15 de marzo de 2000.

De Marcos Muñiz, José a Yáñez Castro, Segismundo.

Lugar: Casa do Concello de Abadín.

Horario: das 10 h. ás 13 h.

Día: 16 de marzo de 2000.

De Abelleira Guerra, Magín a Janeiro Neira, Jesús.

Día: 17 de marzo de 2000.

De Lage Ferreiro, Arsenio a Zendán Rego, Jesús.

Ó devandito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo de contribución, podendo acompañarse, pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e un notario.

Tida conta dos antecedentes e en cumprimento do establecido no artigo 17, parágrafo 2º da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito ante esa Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia, sita na Ronda da Muralla, nº 70-5ª planta, 27071-Lugo, as alegacións que consideren pertinentes, co obxecto de emendar posibles erros que se producisen ó relaciona-los propietarios afectados.

Lugo, 7 de febreiro de 2000.

Carlos Escudero Vigil

Enxeñeiro xefe provincial de Estradas de Lugo