Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 22 de febreiro de 2000 Páx. 2.213

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 30/2000, do 20 de xaneiro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ó título de técnico superior en desenvolvemento de productos electrónicos.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, dispón no seu artigo 4 que lles corresponde ás administracións educativas competentes establece-los currículos dos ciclos formativos.

En aplicación do devandito artigo, de acordo coas atribucións recollidas no Estatuto de autonomía, no Real decreto 1763/1982, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, e no Real decreto 676/1993, do 7 de maio, que establece as directrices xerais sobre os títulos de formación profesional e as súas ensinanzas mínimas, díctase o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os aspectos que deben cumpri-los currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 620/1995, do 21 de abril, establece o título de técnico superior en desenvolvemento de productos electrónicos e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, en consonancia co devandito Real decreto 676/1993.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ó eido profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector productivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite ós centros adecua-la docencia ás características do alumnado e ó contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada,

tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas permitirán realiza-lo rol do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixi-las variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos productivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixi-lo conxunto do traballo e acada-los obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece no presente decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ó finaliza-lo ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, saber e comprender, que se require do alumnado para acada-los logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes xa que todos eles levan a acada-las capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido, a súa estructura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elabora-las programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades productivas e/ou de servicios -contidosdo centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ó proceso productivo ou de servicios do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles permitirán realiza-lo desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, contidos, criterios de avaliación, secuencia e metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Ensinanzas Técnico-Profesionais e do Consello Escolar de Galicia e logo de deli

beración do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de xaneiro de dous mil,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega para as ensinanzas de formación profesional relativa ó título de técnico superior en desenvolvemento de productos electrónicos, regulado polo Real decreto 620/1995, do 21 de abril, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.

2. A denominación, nivel de formación profesional e duración do ciclo formativo son as que se establecen no apartado 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, capacidades profesionais, unidades de competencia, realizacións e criterios de realización, dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso productivo que definen o perfil profesional do título son as que se establecen no número 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no número 3 do anexo deste decreto, sendo as capacidades terminais elementais os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición

Artigo 4º.-Admisión de alumnado.

Os criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo en centros sostidos con fondos públicos son os que se expresan no número 4.1 do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no número 4.2.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas no presente título, son as que se expresan no número 4.2.2 do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia, son as que se expresan no número 4.2.3 do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Espacios e instalacións.

Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son os que se determinan no número 4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 7º.-Validacións, correspondencias e acceso a estudios universitarios.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudios de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se espe

cifican, respectivamente, nos números 4.4.1 e 4.4.2 do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta dos ministerios de Educación e Cultura e de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, se é o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que cursen este ciclo formativo poderán unha vez que o superen acceder ós estudios universitarios que se indican no número 4.4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 8º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no número 4.5 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste apartado serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características dos alumnos, e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Disposición adicional

Única.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adecua-las ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características dos alumnos con necesidades educativas especiais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas disposicións sexan precisas, no ámbito das súas competencias, para a execución e desenvolvemento do disposto no presente decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte de xaneiro de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: desenvolvemento de productos electrónicos.

-Nivel: formación profesional de grao superior.

-Duración: 2.000 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral:

Os requirimentos xerais de cualificación profesional do sistema productivo para este técnico son:

* Realiza-lo estudio, definición, concepción e desenvolvemento de pequenas tarxetas e equipos electrónicos. Organizar, xestionar e controla-la fabricación e posta a punto de prototipos electrónicos coa calidade e fiabilidade requiridas e cos custos acordados.

* Manter equipos electrónicos profesionais, utilizando os medios e técnicas de mantemento adecuadas, dando o soporte e asesoramento necesarios ós técnicos que o demanden.

Este técnico actuará, en todo caso, baixo a supervisión xeral de arquitectos, enxeñeiros ou licenciados e/ou arquitectos técnicos, enxeñeiros técnicos ou diplomados.

2.2. Capacidades profesionais:

2.2.1. Capacidades técnicas:

* Analiza-los anteproxectos, especificacións técnicas e, en xeral, toda a documentación asociada a proxectos de equipos e aplicacións electrónicas, interpretando axeitadamente os parámetros, símbolos e requirimentos, extraendo as conclusións e datos necesarios para o desenvolvemento do traballo.

* Elaborar informes de factibilidade do producto, así como elabora-la documentación técnica de aplicacións electrónicas, realizando aplicacións de cálculo e simulación dos circuítos electrónicos, achegando as solucións constructivas correspondentes.

* Participar na definición das especificacións de calidade e fiabilidade de prototipos electrónicos e para a fabricación dos equipos, preparando e executando as probas e os ensaios prescritos, elaborando a documentación requirida e dictaminando os resultados dos ensaios e medidas obtidas.

* Posuír un amplo coñecemento e dominio das tecnoloxías e dos dispositivos analóxicos, dixitais e microprogramables que configuran os equipos electrónicos profesionais e das técnicas e medios utilizados para as medidas dos seus parámetros característicos.

* Participar no establecemento e/ou mellora de procesos de mantemento de equipos electrónicos, colaborando no desenvolvemento de instrumentos específicos que optimicen eses procesos.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias:

* Diagnosticar e reparar avarías en equipos electrónicos profesionais coa fiabilidade, pulcritude e precisión requiridas, interpretando a súa documentación técnica e operando destramente cos instrumentos, equipos e ferramentas hardware e software axeitadas, respectando as precaucións e normas de seguridade oportunas.

* Actuar en condicións de posible emerxencia, transmitindo con celeridade os sinais de alarma, dirixindo as actuacións dos membros do seu equipo e aplicando os medios de seguridade establecidos para previr ou corrixir posibles riscos causados pola emerxencia.

* Resolver problemas e tomar decisións sobre a súa propia actuación e a dos outros, identificando e seguindo as normas establecidas precedentes, dentro do ámbito da súa competencia e consultando esas decisións cando as súas repercusións na coordinación con outras áreas sexan importantes.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas:

* Organizar e controla-la construcción, montaxe e funcionalidade de prototipos electrónicos, establecendo as instruccións escritas requiridas (métodos, procedementos, tempos, especificacións de control, ...).

* Da-lo soporte, formación e asesoramento técnico requirido a técnicos que dependen organicamente del.

* Xerar instruccións claras con rapidez, informando e solicitando axuda a quen proceda, cando se produzan continxencias na operación.

* Manter relacións fluídas cos membros do grupo funcional no que se está integrado, responsabilizándose da consecución dos obxectivos asignados ó grupo, respectando o traballo dos demais, organizando e dirixindo tarefas colectivas e cooperando na superación de dificultades que se presenten cunha actitude tolerante cara ás ideas dos compañeiros e subordinados.

* Organizar e dirixi-lo traballo doutros técnicos de nivel inferior, dando instruccións sobre o control de procesos de mantemento en caso de modificacións derivadas dos programas establecidos e decidindo actuacións en casos imprevistos nos procesos de mantemento.

* Administrar e xestionar un pequeno taller de construcción e/ou mantemento de equipos electrónicos, coñecendo e cumprindo as obrigas legais que lle afectan.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ó medio:

* Adaptarse a novas situacións laborais xeradas como consecuencia dos cambios producidos polas técnicas, a organización laboral e os aspectos económicos relacionados coa súa actividade profesional e co sistema de producción da empresa.

* Posuír unha visión clara e integradora dos procesos de fabricación, montaxe e mantemento dos equipos electrónicos profesionais, nos seus aspectos humanos, tecnolóxicos, técnicos, de organización e económicos que lle permita organizalos e optimiza-la súa aplicación.

* Manter comunicacións efectivas no desenvolvemento do traballo e, en especial, en operacións que esixan un elevado grao de coordinación con outras áreas da empresa e entre os membros do equipo que as acomete, interpretando ordes e información cando xurdan situacións imprevistas.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo:

A este técnico, no marco das funcións e obxectivos asignados por técnicos de nivel superior ó seu, requiriránselle nos campos ocupacionais concernidos, polo xeral, as capacidades de autonomía en:

* Achega de solucións constructivas de tipo hardware e/ou software no desenvolvemento de proxectos de aplicacións electrónicas.

* Elaboración de documentación técnica (esquemas, resultados de simulación de circuítos,...) mediante a utilización de ferramentas informáticas de deseño asistido.

* Elaboración dos programas de control para os equipos baseados en dispositivos microprogramables, mediante a utilización de linguaxes e ferramentas de programación de alto e/ou baixo nivel.

* Construcción e posta a punto de prototipos electrónicos mediante a aplicación de procedementos e medios manuais e/ou automáticos.

* Execución de ensaios de homologación, de calidade e fiabilidade, para os prototipos electrónicos.

* Aplicación das técnicas de diagnóstico e reparación de equipos electrónicos profesionais, mediante a operación destra de instrumentos de medida e ferramentas para o mantemento dos equipos.

* Proposta de procedementos e útiles específicos para a mellora dos procesos e procedementos de traballo.

* Organización e control do traballo realizado polo persoal ó seu cargo. Emisión de instruccións escritas sobre procedementos e secuencias de operación e control dos procesos.

* Programación e control das cargas de traballo para a obtención dos obxectivos predeterminados.

* Xestión da documentación e dos aprovisionamentos de materiais empregados no mantemento de equipos electrónicos, así como dos requiridos no laboratorio de montaxe e posta a punto de prototipos.

* Elaboración de informes, ó seu nivel, dos ensaios de homologación de prototipos electrónicos, achegando solucións que permitan a corrección dos defectos atopados e, en xeral, a emisión de informes técnicos por requirimento dos seus superiores.

* Elaboración de estatísticas de mantemento e obtención de conclusións para a mellora dos procedementos de reparación e optimización dos procesos.

* Coordinación, ó seu nivel, das funcións de construcción de prototipos, fiabilidade e calidade, innovación e melloras.

2.4. Unidades de competencia:

1. Deseñar/desenvolver pequenos productos electrónicos analóxicos.

2. Deseñar/desenvolver pequenos productos electrónicos dixitais e microprogramables.

3. Realizar e ensaiar prototipos electrónicos.

4. Realiza-lo mantemento de equipos electrónicos.

5. Realiza-la administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller.

2.5. Realizacións e dominios profesionais:

2.5.1. Unidade de competencia 1: deseñar/desenvolver pequenos productos electrónicos analóxicos:

RealizaciónsCriterios de realización

1.1.Concibi-la solución para unha aplicación electrónica analóxica, partindo das especificacións funcionais e as prestacións do producto electrónico nas condicións de calidade, custo e tempo establecidas.* Elabóranse as especificacións técnicas, funcionais, de calidade e fiabilidade da aplicación electrónica coa suficiente precisión e no formato normalizado ó respecto.

* O informe de idoneidade e viabilidade do producto recolle con precisión a información suficiente (especificacións de calidade, avaliación de custos, tempo de fabricación, ...) para decidi-la factibilidade do producto.

* Os diagramas de bloques, esbozos e esquemas de principio da solución ideada recollen con claridade e precisión a estructura dos circuítos e os compoñentes utilizados da solución proposta.
* Elíxese a tecnoloxía, os circuítos e os compoñentes, de acordo coas características funcionais e especificacións de calidade e fiabilidade prescritas, respectando as normas de homologación interna de compoñentes e propondo para a súa homologación aqueles de utilización imprescindible.
* Realízanse os cálculos e simulación dos circuítos aplicando os procedementos idóneos e utilizando as ferramentas informáticas adecuadas.
* Na fase de concepción/readaptación de aplicacións electrónicas tense en conta a información proveniente de producción e do servicio posvenda.
* Na fase de concepción da aplicación, adóptanse criterios de deseño que faciliten as probas, axustes e mantemento posterior da aplicación, especificando, en caso necesario, as características do útil ou instrumento específico necesario para o diagnóstico.
* Os esquemas e planos de principio necesarios para a construcción da maqueta están elaborados no formato normalizado e utilizando a representación simbólica estándar.
* Realízase a lista de compoñentes e materiais necesarios para a construcción da maqueta, utilizando os códigos e o formato normalizados.

1.2.Construír maquetas de aplicacións electrónicas analóxicas, utilizando os medios dispoñibles e aplicando os procedementos internos establecidos, de acordo cos esquemas da solución adoptada, realizando as probas, modificacións e axustes necesarios para a súa posta a punto e verificando a súa idoneidade coas especificacións técnicas establecidas.* Realízase a selección do proceso que se debe aplicar en función da complexidade da aplicación, dos medios dispoñibles e dos procedementos internos normalizados.

* Realízase a almacenaxe dos materiais necesarios para a construcción da maqueta partindo da documentación de producto en tempo e forma adecuados.

* As ferramentas e útiles que se empregan na construcción da maqueta son os adecuados.

* Realízase de forma lóxica a disposición física dos bloques funcionais, circuítos e compoñentes (circuítos de alimentación, de entrada e saída, de tratamento do sinal, ...) sobre o soporte seleccionado, facilitando as interconexións e co mínimo de cables posible.

RealizaciónsCriterios de realización

* Efectúanse os cableados e as interconexións da maqueta aplicando os procedementos normalizados, evitando curtocircuítos ou interrupcións e asegurando unha boa suxeición mecánica e conexión eléctrica entre os elementos.
* Realízanse as modificacións dos circuítos necesarias para a optimización do seu funcionamento (estructura, valores dos compoñentes,...) aplicando os procedementos adecuados e respectando as normas de seguridade persoal e dos dispositivos utilizados.
* As probas funcionais (axustes, medidas,...) aseguran o cumprimento das especificacións funcionais da aplicación.
* Especifícanse con claridade as modificacións dos esquemas de principio e da lista de materiais, xustificando en caso necesario as causas da decisión.

1.3.Especifica-las probas, axustes e ensaios de calidade e fiabilidade que se deben realizar na homologación e na producción, coa precisión requirida e no formato normalizado.* O número de ensaios establecido é suficiente para lograr que a relación calidade-fiabilidade-custo sexa a adecuada.

* As medidas e comprobacións que se deben realizar e os parámetros que se deben controlar están especificados coa precisión requirida.

* Elíxense as probas e ensaios de fiabilidade que se deben realizar (humidade, temperatura, choque eléctrico, vibracións mecánicas, fatiga de compoñentes,...) tendo en conta os equipos e medios dispoñibles ou que poden ser razoablemente adquiridos e, en todo caso, responde ó normalizado internamente.
* A especificación das probas de fiabilidade que se deben realizar é precisa e está correctamente recollida no formato normalizado ó respecto.
* Os instrumentos de medida e equipos de proba están especificados convenientemente (características de sensibilidade, precisión, ...).
* O proceso de medida explícase coa suficiente precisión, indicando as medidas máis críticas e as condicións ambientais e de seguridade requiridas.

1.4.Elaborar ou supervisa-la elaboración da documentación técnica do producto electrónico necesaria para a súa industrialización, nas condicións de calidade, normalización interna e estándares establecidos.* A documentación técnica do producto contén tódolos documentos normalizados necesarios para a definición completa do proxecto.

* Manéxanse os útiles de traballo, manuais e/ou informáticos, con suficiente destreza.

* A documentación técnica recolle a información necesaria e suficiente (memoria descritiva, cálculos, esquemas e planos, resultados da simulación, medidas e gráficas, batería de probas e ensaios de calidade e fiabilidade, lista de materiais) para a fase de industrialización do producto.
* A representación de planos e esquemas é a normalizada, utilizando a simboloxía normalizada e incluíndo os planos de conxunto e de detalle necesarios.
* Na lista de materiais aparecen os materiais convenientemente clasificados e codificados de forma normalizada.
* Arquívase a documentación técnica no soporte normalizado (papel e/ou informático) e convenientemente referenciada.
* No caso de dirixi-la elaboración da documentación:

RealizaciónsCriterios de realización

-As directrices dadas para a delineación de planos e esquemas permiten realizalos coa precisión requirida.
-Realízase a distribución de traballos para a realización da documentación (delineación, mecanografado e confección definitiva) de acordo coas cargas de traballo, prioridades e capacidade dos técnicos.

Dominio profesional

-Medios de producción e/ou tratamento da información:

Material de debuxo. Calculadora. Ordenador. Periféricos de ordenador (impresora, trazador gráfico, táboa dixitalizadora). Programas informáticos de debuxo e deseño asistidos por ordenador (CAD-CAE) para a representación, simulación e cálculo de circuítos electrónicos analóxicos. Arquivadores de planos. Material de oficina xeral. Ferramentas manuais para traballos eléctricos e mecánicos (alicates, desparafusadores, pelacables, soldador). Ferramentas para montaxe manual de maquetas electrónicas. Instrumentos de medida e verificación electrónica (polímetro, osciloscopio, frecuencímetro, xeradores de BF e AF, fontes de alimentación, analizador de espectros).

Instrumentación para rexistro de parámetros. Instrumentación para ensaios de fiabilidade. Estación de soldadura e desoldadura de compoñentes electrónicos (de inserción e de montaxe superficial).

-Materiais e productos intermedios:

Esquemas electrónicos e listas de materiais. Conductores eléctricos e elementos de interconexión. Compoñentes electrónicos analóxicos pasivos e activos (discretos e integrados). Maquetas e prototipos de circuítos electrónicos. Follas de medida e informes de probas.

-Principais resultados do traballo:

Maquetas de circuítos electrónicos analóxicos. Documentación do producto electrónico (esquemas electrónicos, listas de materiais, descrición do producto, normas para o control e axuste). Documentación do comportamento do producto (follas de medidas, análises de fiabilidade).

-Procesos, métodos e procedementos:

Elección dunha solución mediante a utilización de circuítos estándar. Cálculo matemático. Simulación de circuítos electrónicos analóxicos mediante ordenador. Proceso de montaxe electrónica manual (dobradura, inserción e corte de terminais, soldadura e desoldadura). Procedementos de medida de magnitudes electrónicas analóxicas no dominio do tempo e da frecuencia. Procedementos de axuste de circuítos electrónicos analóxicos. Procedementos de documentación.

-Información, natureza, tipo e soporte:

Especificacións técnicas do producto que hai que desenvolver. Normativa técnica e de calidade aplicable ó producto. Manuais de circuítos electrónicos.

Manuais técnicos de compoñentes electrónicos. Normativa interna de utilización de compoñentes electrónicos. Manuais internos de montaxe e interconexión. Manuais internos sobre procedementos de axuste. Manuais internos sobre procedementos de análises de fiabilidade. Manuais internos sobre tipo e contido de documentación de productos electrónicos (en soporte de papel e informático).

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Departamento e/ou persoal de deseño físico. Departamento e/ou persoal de industrialización. Departamento e/ou persoal de calidade. Cliente. Organismos oficiais de homologación.

2.5.2. Unidade de competencia 2: deseñar/desenvolver pequenos productos electrónicos dixitais e microprogramables:

RealizaciónsCriterios de realización

2.1.Concibi-la solución para unha aplicación electrónica dixital e/ou microprogramable, partindo das especificacións funcionais e as prestacións do producto electrónico nas condicións de calidade, custo e tempo establecidas.* Elabóranse as especificacións técnicas, funcionais, de calidade e fiabilidade da aplicación electrónica coa suficiente precisión e no formato normalizado ó respecto.

* O informe de idoneidade e viabilidade do producto recolle con precisión a información suficiente (especificacións de calidade, avaliación de custos, tempo de fabricación, ...) para decidi-la factibilidade do producto.

* Os diagramas de bloques, esbozos e esquemas de principio da solución ideada recollen con claridade e precisión a estructura dos circuítos e os compoñentes utilizados da solución proposta.
* Elíxese a tecnoloxía, os circuítos e os compoñentes de acordo coas características funcionais e especificacións de calidade e fiabilidade prescritas, respectando as normas de homologación interna de compoñentes e propondo para a súa homologación aqueles de utilización imprescindible.
* Realízanse os cálculos e simulación dos circuítos aplicando os procedementos e utilizando as ferramentas informáticas adecuadas.
* Na fase de concepción/readaptación de aplicacións electrónicas, tense en conta a información proveniente de producción e do servicio posvenda.
* Na fase de concepción da aplicación adóptanse criterios de deseño que faciliten as probas, axustes e mantemento posterior da aplicación, especificando, en caso necesario, as características do útil ou instrumento específico necesario para o diagnóstico.
* Os esquemas e planos de principio necesarios para a construcción da maqueta están elaborados no formato normalizado e utilizando a representación simbólica estándar.
* Realízase a lista de compoñentes e materiais necesarios para a construcción da maqueta, utilizando os códigos e o formato normalizados.

2.2.Desenvolve-lo software de alto e/ou baixo nivel de aplicacións dixitais e microprogramables (solución programada), optimizando a súa funcionalidade e flexibilidade.* Os algoritmos e diagramas de fluxo da solución programada reflicten adecuadamente o tratamento dos datos, a secuencia e o fluxo de información ó longo dos programas.

RealizaciónsCriterios de realización

* As técnicas utilizadas no deseño dos programas teñen en conta a programación modular e as estructuras de control básicas da programación estructurada.
* Realízase a elección da linguaxe de programación (de alto e/ou baixo nivel) en función das prestacións de velocidade, a portabilidade e as ferramentas de desenvolvemento dispoñibles.
* Codifícanse convenientemente os algoritmos da solución adoptada, utilizando as estructuras de control e recursos da linguaxe (ou linguaxes) seleccionados.
* Os programas da aplicación inclúen rutinas e procedementos estándar incluídos en librerías previamente normalizadas.
* O código dos programas está suficientemente comentado, garantindo un posterior mantemento.
* As probas funcionais do programa aseguran que o tratamento dos datos se axusta ó especificado nos correspondentes diagramas de fluxo.
* As probas conxuntas do software e do hardware da aplicación aseguran o cumprimento das especificacións funcionais e prestacións da aplicación.
* Realízase a documentación dos programas (diagramas de fluxo, listaxes de código,...) coa calidade prescrita e no soporte e formato normalizados.

2.3.Construír maquetas de aplicacións electrónicas, utilizando os medios dispoñibles e procedementos internos establecidos, de acordo cos esquemas de principio da solución adoptada, realizando as probas, modificacións (hardware e software) e axustes necesarios para a posta a punto da maqueta, verificando a súa idoneidade coas especificacións técnicas prescritas.* Realízase a selección do proceso que se debe aplicar en función da complexidade da aplicación, dos medios dispoñibles e dos procedementos internos normalizados.

* Realízase o abasto dos materiais necesarios para a construcción da maqueta a partir da documentación de producto en tempo e forma adecuados.

* As ferramentas e útiles que se empregan na construcción da maqueta son os adecuados.

* Realízase a disposición física dos bloques funcionais, circuítos e compoñentes (circuítos de alimentación, de entrada e saída, de tratamento do sinal, ...) sobre o soporte seleccionado de forma lóxica, facilitando as interconexións e co mínimo de cable posible.
* Efectúanse os cableados e as interconexións da maqueta aplicando os procedementos normalizados, evitando curtocircuítos e asegurando unha boa suxeición mecánica e conexión eléctrica entre os elementos.
* Realízanse as modificacións dos circuítos necesarias para a optimización do seu funcionamento (estructura, valores dos compoñentes,...) aplicando os procedementos adecuados e respectando as normas de seguridade persoal e dos dispositivos utilizados.
* As probas funcionais (axustes, medidas, ...) aseguran o cumprimento das especificacións funcionais da aplicación.
* Especifícanse con claridade as modificacións dos esquemas de principio e da lista de materiais, xustificando en caso necesario as causas da decisión.

2.4.Especifica-las probas, axustes e ensaios de calidade e fiabilidade que se deben realizar en producción, coa precisión requirida e no formato normalizado.* O número de ensaios establecido é suficiente para lograr que a relación calidade-fiabilidade-custo sexa a adecuada.

* As medidas e comprobacións que se deben realizar e os parámetros que se deben controlar están especificados coa precisión requirida.

RealizaciónsCriterios de realización

* Elíxense as probas e ensaios de fiabilidade que se deben realizar (humidade, temperatura, choque eléctrico, vibracións mecánicas, fatiga de compoñentes, ... ) tendo en conta os equipos e medios dispoñibles ou que poden ser razoablemente adquiridos e, en todo caso, responde ó normalizado internamente.
* A especificación das probas de fiabilidade que se deben realizar é precisa e está correctamente recollida no formato normalizado ó respecto.
* Os instrumentos de medida e equipos de proba están especificados convenientemente (características de sensibilidade, precisión, ...).
* Explicítase o proceso de medida coa suficiente precisión, indicando as medidas máis críticas e as condicións ambientais e de seguridade requiridas.

2.5.Elaborar ou supervisa-la elaboración da documentación técnica do producto electrónico (hardware e software) necesaria para a súa industrialización, en condicións de calidade, normalización interna e estándares establecidos.* A documentación técnica do producto contén tódolos documentos normalizados necesarios para a definición completa do proxecto.

* Os útiles de traballo, manuais e/ou informáticos, manéxanse con suficiente destreza.

* A documentación técnica recolle a información necesaria e suficiente (memoria descritiva, cálculos, esquemas e planos, resultados da simulación, medidas e gráficas, batería de probas e ensaios de calidade e fiabilidade, lista de materiais) para a fase de industrialización do producto.
* A representación de planos e esquemas é a normalizada, utilizando a simboloxía normalizada e incluíndo os planos de conxunto e de detalle necesarios.
* Na lista de materiais aparecen os materiais convenientemente clasificados e codificados de forma normalizada.
* Arquívase a documentación técnica no soporte normalizado (papel e/ou informático) e convenientemente referenciada.
* No caso de dirixi-la elaboración da documentación:
-As directrices dadas para a delineación de planos e esquemas permiten realizalos coa precisión requirida.
-Realízase a distribución de traballos para a realización da documentación (delineación, mecanografado e confección definitiva) de acordo coas cargas de traballo, prioridades e capacidade dos técnicos.

Dominio profesional

-Medios de producción ou tratamento da información:

Material de debuxo. Ordenador. Periféricos de ordenador (impresora, trazador gráfico, táboa dixitalizadora). Programas informáticos de debuxo e deseño asistidos por ordenador (CAD-CAE) para a representación, edición, simulación, emulación, cálculo e programación de circuítos electrónicos dixitais. Arquivadores de planos. Material de oficina xeral. Ferramentas manuais para traballos eléctricos e mecánicos (alicates, desparafusadores, pelacables, soldador).

Ferramentas para montaxe manual de maquetas electrónicas (wire-wrapping). Instrumentos de medida e verificación electrónica (polímetro, osciloscopio, frecuencímetro, inxector e sonda lóxica, analizador de estados lóxicos, fontes de alimentación). Instrumentación para rexistro de parámetros. Instrumentación para ensaios de fiabilidade. Estación de soldadura e desoldadura de compoñentes electrónicos (de inserción e de montaxe superficial).

-Materiais e productos intermedios:

Esquemas electrónicos e listas de materiais. Conductores eléctricos e elementos de interconexión. Compoñentes electrónicos dixitais. Compoñentes electrónicos microprocesados e auxiliares. Maquetas e prototipos de circuítos electrónicos. Follas de medida e informes de probas.

-Principais resultados do traballo:

Maquetas de circuítos electrónicos dixitais. Documentación do producto electrónico (esquemas electrónicos, listas de materiais, descrición do producto, normas para o control e axuste -inclúe aplicacións software-). Documentación do comportamento do producto (follas de medidas, análises de fiabilidade).

-Procesos, métodos e procedementos:

Elección dunha solución mediante a utilización de circuítos estándar. Cálculo matemático. Técnicas de programación software en baixo e alto nivel. Procedementos para simulación de circuítos electrónicos dixitais mediante o uso do ordenador. Procedementos para emulación de circuítos electrónicos dixitais mediante ordenador. Proceso de montaxe electrónica manual (dobrado, inserción e corte de terminais, técnica wire-wrapping, soldadura e desoldadura). Procedementos de medida dixitais. Procedementos de documentación.

-Información: natureza, tipo e soportes:

Especificacións técnicas do producto que hai que desenvolver. Normativa técnica e de calidade aplicable ó producto. Manuais de circuítos electrónicos. Manuais técnicos de compoñentes electrónicos. Manuais de dispositivos microprocesados e auxiliares. Manuais sobre edición de software. Manuais sobre industrialización e calidade do software. Normativa interna de utilización de compoñentes electrónicos. Manuais internos de montaxe e interconexión. Manuais internos sobre procedementos de axuste. Manuais internos sobre procedementos de análise de fiabilidade. Manuais internos sobre tipo e contido de documentación de productos electrónicos (en soporte de papel e informático).

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Departamento e/ou persoal de deseño físico. Departamento e/ou persoal de industrialización. Departamento e/ou persoal de calidade. Cliente. Organismos oficiais de homologación.

2.5.3. Unidade de competencia 3: realizar e ensaiar prototipos electrónicos:

RealizaciónsCriterios de realización

3.1.Realiza-lo deseño físico das tarxetas electrónicas que conforman un producto electrónico, elaborando a documentación necesaria para a fase de producción, no soporte adecuado e coa representación simbólica e codificación normalizadas.* Os equipos informáticos utilizados para o deseño das tarxetas electrónicas están configurados de acordo cos requirimentos do deseño.

* Os programas de edición de esquemas e de deseño de placas de circuíto impreso están adecuadamente instalados e configurados, optimizando o seu rendemento.

* Os compoñentes que configuran os esquemas da aplicación están nas librerías do programa de edición, creándose aqueles que non existan.
* Os esquemas eléctricos do producto electrónico debúxanse utilizando os símbolos e formatos de representación estándar, no formato normalizado, correspondéndose correctamente cos esbozos e primeiros esquemas.
* A análise dos esquemas delineados asegura a adecuada conexión dos elementos do circuíto.
* Selecciónanse as normas estándar de deseño segundo o tipo de placa de circuíto impreso requirido pola aplicación.
* Os encapsulados dos compoñentes que configuran os circuítos da aplicación están nas librerías do programa de deseño, creándose aqueles que non existan.
* Realízanse as dimensións da placa de circuíto impreso e a posición de compoñentes, tendo en conta os parámetros de consumo e condicións de temperatura, rixidez mecánica, espacio dispoñible na envolvente, interferencias electromagnéticas e seguridade eléctrica establecidos.
* Realízase o trazado das pistas, manual e/ou automático, aplicando os procedementos adecuados, tendo en conta os parámetros de consumo, frecuencia de traballo da aplicación e condicións ambientais, e optimizando os percorridos desas pistas.
* A documentación técnica do deseño físico das placas electrónicas recolle coa precisión suficiente a información necesaria (esquemas eléctricos, planos de pistas, de posición de compoñentes, de trades, de proteccións do CI, de serigrafía) para a súa industrialización, no soporte (papel e/ou magnético) e formatos normalizados.

3.2.Construír ou supervisa-la construcción de placas de circuíto impreso, utilizando os medios apropiados, garantindo a continuidade das pistas e as condicións óptimas de acabado.* Selecciónase o proceso que se debe aplicar en función das características específicas (número de caras da placa de circuíto impreso, densidade de pistas, tipoloxía de compoñentes utilizados -de inserción ou de montaxe superficial-,...) do circuíto impreso.
* Determínase a secuencia das distintas fases que corresponden ó proceso de construcción seleccionado, coa precisión requirida e no documento normalizado.
* Configúranse os equipos e medios utilizados para a construcción das placas de circuíto impreso, calibrándose de acordo co proceso que se debe aplicar e utilizando os procedementos normalizados.
* Realízase a execución das distintas fases para a construcción das placas de CI (tradeado, metalizado, atacado, serigrafado, proteccións do CI) seguindo o proceso normalizado e aplicando as normas requiridas de seguridade persoal e dos medios empregados.

RealizaciónsCriterios de realización

* Configúranse os equipos e medios utilizados para a verificación das placas de circuíto impreso, calibrándose de acordo co proceso que se debe aplicar.
* As probas realizadas ó circuíto impreso (ausencia de curtocircuítos, continuidade de pistas, ...) aseguran a súa fiabilidade.
* Realízase a serigrafía da placa de circuíto impreso seguindo o proceso normalizado e coa calidade prescrita.
* Realízase o acabado final das placas de CI coa calidade prescrita e no tempo previsto.

3.3.Realizar ou supervisa-la realización da montaxe de compoñentes electrónicos e mecánicos sobre o circuíto impreso, mediante a adecuada utilización de ferramentas e máquinas e asegurando a axeitada conformación, suxeición mecánica e soldadura dos compoñentes.* Selecciónase o proceso que se debe aplicar para a montaxe, en función do número de tarxetas que se deben montar e da dispoñibilidade de medios (manual, semiautomático, automático).

* O plan de montaxe que se debe seguir responde a unha secuencia lóxica e sistemática de operacións e está documentado no formato normalizado.

* Realízase a provisión de materiais, ferramentas e a preparación das máquinas de acordo co plan de montaxe establecido.
* Realízanse os programas de control das máquinas de inserción e/ou posicionamento de compoñentes utilizados na montaxe semiautomática e/ou automática, coa precisión requirida e aplicando o procedemento normalizado.
* Realízanse o conformado, suxeición e soldadura dos compoñentes e elementos da tarxeta electrónica utilizando as ferramentas e máquinas adecuadas e aplicando procedementos normalizados, asegurando a resistencia mecánica, contacto eléctrico e acabado estético.

3.4.Realiza-las probas funcionais e axustes necesarios para a posta a punto de prototipos, mediante a utilización dos instrumentos precisos e da documentación de producto, elaborando o informe técnico correspondente no formato normalizado.* Selecciónase a documentación necesaria para a realización das probas funcionais e a posta a punto do prototipo a partir da documentación de deseño, solicitando as aclaracións e/ou puntualizacións necesarias.

* Selecciónanse os instrumentos de medida e proba e os seus elementos auxiliares de acordo coas características demandadas no plan de probas da aplicación.

* Os instrumentos de medida e proba están calibrados e dentro do período de control, informando das situacións anómalas e asegurando a fiabilidade das medidas que se realizan.
* Aplícanse as normas e condicións de seguridade persoal e dos equipos e materiais utilizados, en todo momento, con rigor e dilixencia.
* Aplícanse os procedementos de medida e proba que se deben efectuar seguindo o protocolo establecido.
* O informe das probas realizadas rexistra con precisión os datos e parámetros fundamentais demandados nas especificacións da aplicación baixo proba.
* As conclusións do informe de probas inclúe as suxestións de modificación e/ou cambios que melloran as características funcionais do prototipo.

RealizaciónsCriterios de realización

3.5.Realiza-los ensaios prescritos de calidade e fiabilidade da tarxeta electrónica prescritos, mediante a utilización dos medios dispoñibles e procedementos establecidos, elaborando o correspondente informe no formato normalizado.* Selecciónase a documentación necesaria para a realización das probas de calidade e fiabilidade a partir da documentación de deseño, solicitando as aclaracións e/ou puntualizacións necesarias.

* Selecciónanse os equipos de medida e proba seguindo as prescricións establecidas nas especificacións de probas.

* O banco de medidas e probas disponse de forma que optimice o proceso de verificación e asegure as condicións de ensaio prescritas.
* As condicións de seguridade persoal, dos medios empregados e do prototipo están adecuadamente aplicadas.
* O proceso que se debe seguir para efectua-las probas de calidade e fiabilidade do prototipo está determinado con suficiente precisión.
* Efectúanse os axustes e medidas dos parámetros do prototipo seguindo o protocolo establecido.
* Realízase o rexistro dos parámetros de calidade (tensións, correntes, formas de onda,...) coa precisión requirida e no formato e soporte normalizados.
* Efectúanse os ensaios de fiabilidade (choque térmico, humidade, choque eléctrico, vibracións,...) cos medios prescritos e aplicando os procedementos normalizados.
* Realízase o rexistro dos parámetros de fiabilidade (MTTF-mean time to failure-, MTBF-mean time between failures-,...) coa precisión requirida e no formato e soporte normalizados.
* As condicións de ensaio están delimitadas e controladas convenientemente.
* As conclusións do informe dos ensaios inclúen as suxestións de posibles modificacións e/ou cambios que melloran as características de calidade e fiabilidade do prototipo.

Dominio profesional

-Medios de producción ou tratamento da información:

Material de debuxo. Calculadora. Ordenador. Periféricos de ordenador (impresora, trazador gráfico, táboa dixitalizadora). Programas informáticos de debuxo e deseño asistidos por ordenador (CAD-CAE) para o deseño e simulación de placas de CI. Arquivadores de planos. Material de oficina xeral. Ferramentas manuais para traballos eléctricos e mecánicos (alicates, desparafusadores, pelacables, soldador, trade). Estación de soldadura e desoldadura de compoñentes electrónicos (de inserción e de montaxe superficial). Fototrazador gráfico. Pequenas máquinas para metalizado de trades nos CI. Pantallas serigráficas para CI. Pequenas máquinas para montaxe de compoñentes en CI para prototipos (manuais, automáticas). Pequena máquina de control numérico (CNC) para trades. Pequeno forno de refusión. Instrumentos de medida e verificación electrónica (polímetro, osciloscopio, frecuencímetro, xeradores de BF e AF, fontes de alimentación, analizador de espectros, inxector e sonda lóxica, analizador de

estados lóxicos).

Instrumentación para rexistro de parámetros. Instrumentación para ensaios de fiabilidade.

-Materiais e productos intermedios:

Esquemas electrónicos e listas de materiais. Conductores eléctricos e elementos de interconexión. Compoñentes electrónicos. Ficheiros para a realización do fotogravado de CI. Materiais para o metalizado, fotogravado e atacado químico de placas de CI. Materiais para a soldadura de compoñentes en placas de CI. Prototipos de circuítos electrónicos. Follas de medida e informes de probas. Software de proba.

-Principais resultados do traballo (productos e/ou servicios):

Prototipos de circuítos electrónicos analóxicos e dixitais. Documentación correspondente ó deseño físico do producto electrónico (esquemas electrónicos, planos do deseño físico dos CI - disposición de compoñentes e serigrafía, pistas das distintas capas, máscaras de soldadura, plano de trades-, ficheiros para fototrazador e máquina de trade CNC). Informes de probas funcionais e de fiabilidade.

-Procesos, métodos e procedementos:

Procedementos de disposición de compoñentes en e de trazado de pistas en placas de CI (manual e automático). Procedementos de obtención de documentación para elaboración de placas de CI (en soportes papel e informáticos). Procesos de fabricación de CI (metalizado de trades, preparación de pantallas serigráficas e protección de CI). Procedementos de programación de CNC para tradeado de placas de CI. Métodos de soldadura de compoñentes de inserción e de montaxe superficial (SMD). Proceso de montaxe electrónica manual (dobrado, inserción, corte de terminais, soldadura e desoldadura). Proceso automático de montaxe de compoñentes electrónicos (programación de máquinas de posicionamento de compoñentes). Procedementos de gravado de dispositivos electrónicos programables (memorias, dispositivos lóxicos programables -PLD-, microcontroladores). Procedementos de medida de magnitudes electrónicas no dominio do tempo e da frecuencia. Procedementos de axuste de circuítos electrónicos.

Procedementos xerais de documentación.

-Información (natureza, tipo e soportes):

Especificacións técnicas do producto. Normativa técnica e de calidade aplicable ó producto. Manuais de circuítos electrónicos. Normativa interna de utilización de compoñentes electrónicos. Manuais internos de montaxe e interconexión. Manuais internos sobre procedementos de axuste. Manuais internos sobre procedementos de análises de fiabilidade. Manuais internos sobre tipo e contido de documentación de productos electrónicos (en soporte de papel e informático).

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Departamento e/ou persoal de deseño. Departamento e/ou persoal de industrialización. Departamento e/ou

persoal de calidade. Cliente. Organismos oficiais de homologación.

2.5.4. Unidade de competencia 4: realiza-lo mantemento de equipos electrónicos:

RealizaciónsCriterios de realización

4.1.Establecer procedementos sistemáticos para a detección de avarías en equipos electrónicos analóxicos mediante a consulta da súa documentación funcional e da utilización da instrumentación adecuada.* Selecciónase a documentación técnica necesaria para establece-los procedementos de mantemento de acordo coa que normalmente está dispoñible no servicio de mantemento e de asistencia técnica.
* Os instrumentos que deben ser utilizados no mantemento do equipo electrónico correspóndense cos existentes normalmente nos servicios de asistencia técnica e/ou mantemento, xustificando a utilización dos útiles específicos.
* Configúrase o banco de diagnóstico en función do nivel ata o que se vai establece-lo procedemento (modular e/ou compoñente), optimizando a selección do conxunto de instrumentos que deben ser utilizados.
* Selecciónanse as operacións de simulación de avarías, probas e medidas, determinando os dispositivos e/ou elementos críticos en supostos concretos.
* As condicións de seguridade persoal do equipo electrónico baixo proba e dos medios e materiais que deben ser aplicados durante todo o proceso, están especificadas adecuadamente.
* O proceso de diagnóstico que se debe seguir para a localización de avarías en equipos electrónicos está explicitamente detallado.
* As táboas ou árbores de decisión concrétanse por seccións funcionais seguindo a lóxica correspondente en cada caso.
* Especifícanse as precaucións de conexión e manipulación do equipo con claridade.
* As probas e axustes iniciais do equipo están detalladas con claridade.
* Os parámetros que deben ser verificados (valores de tensión, formas de onda, ...) e as condicións de proba están suficientemente precisados.
* A documentación de mantemento do equipo electrónico contén a información esencial e suficiente, coa calidade adecuada e no formato e coa representación normalizados.
-Explicación das opcións de utilización.
-Especificacións de calidade.
-Descrición de funcionamento no nivel de bloques e de circuítos.
-Mantemento preventivo:
-Substitución de partes suxeitas a desgaste.
-Recalibrado.
-Lubricación.
-Mantemento correctivo:
-Método para desmontar e monta-lo equipo.
-Precaucións e procedementos de seguridade.
-Instruccións de ensaio e proba, axustes,...
-Lista de instrumentos de proba e útiles específicos.
-Guías, táboas e procedementos para a localización de avarías.
-Diagramas de circuítos.
-Lista de pezas de reposto.
-Planos mecánicos.

RealizaciónsCriterios de realización

4.2.Establecer procedementos sistemáticos para a detección de avarías en equipos electrónicos dixitais e/ou microprogramables mediante a consulta da súa documentación funcional e a utilización dos instrumentos hardware e software adecuados.* Selecciónase a documentación técnica necesaria para establece-los procedementos de mantemento, de acordo co que normalmente está dispoñible no servicio de mantemento e de asistencia técnica.

* Os instrumentos que deben ser utilizados no mantemento do equipo electrónico correspóndense cos existentes normalmente nos servicios de asistencia técnica e/ou mantemento, xustificando a utilización dos útiles específicos.

* Configúrase o banco de diagnóstico en función do nivel ata o que se vai establece-lo procedemento (modular e/ou compoñente) optimizando a selección do conxunto de instrumentos que deben ser utilizados.
* Desenvólvense os útiles específicos de tipo hardware e/ou software necesarios para o mantemento dos equipos electrónicos, co fin de facilita-lo proceso de diagnóstico e acurta-los tempos das intervencións.
* Selecciónanse as operacións de simulación de avarías, probas e medidas, determinando os dispositivos e/ou elementos críticos en supostos concretos.
* As condicións de seguridade persoal do equipo electrónico baixo proba e dos medios e materiais que deben ser aplicados durante todo o proceso, están especificadas adecuadamente.
* O proceso de diagnóstico que se debe seguir para a localización de avarías en equipos electrónicos está explicitamente detallado.
* Concrétanse as táboas ou árbores de decisión por seccións funcionais seguindo a lóxica correspondente en cada caso.
* Especifícanse as precaucións de conexión e manipulación do equipo con claridade.
* As probas e axustes iniciais do equipo están detalladas con claridade.
* Os parámetros que deben ser verificados (valores de tensión, formas de onda, estados lóxicos, ...) e as condicións de proba están suficientemente precisados.
* A documentación de mantemento do equipo electrónico contén a información esencial e suficiente, coa calidade adecuada e no formato e coa representación normalizados:
-Explicación das opcións de utilización.
-Especificacións de calidade.
-Descrición de funcionamento a nivel de bloques e de circuítos.
-Mantemento preventivo:
-Substitución de partes suxeitas a desgaste.
-Recalibrado.
-Lubricación.
-Mantemento correctivo:
-Método para desmontar e monta-lo equipo.
-Precaucións e procedementos de seguridade.
-Instruccións de ensaio e proba, axustes,...
-Lista de instrumentos de proba e útiles específicos.
-Guías, táboas e procedementos para a localización de avarías.
-Diagramas de circuítos.
-Lista de pezas de reposto.
-Planos mecánicos.

RealizaciónsCriterios de realización

4.3.Reparar equipos electrónicos mediante a utilización da documentación, ferramentas e instrumentos apropiados, asegurando unha intervención segura e de calidade nun tempo razoable, realizando as probas de fiabilidade necesarias para garanti-la funcionalidade e prestacións recollidas na documentación do equipo.* As probas funcionais realizadas inicialmente permiten verifica-los síntomas recollidos no parte de avarías e, en todo caso, precisa-la sintomatoloxía da disfunción no equipo.

* A hipótese de partida e o plan de actuación elaborado permiten diagnosticar e localizar con precisión o tipo (mecánico e/ou eléctrico) e o bloque funcional onde se atopa a avaría.

* Os equipos e medios utilizados para o mantemento dos equipos electrónicos e para o diagnóstico e localización de avarías están calibrados e conservados convenientemente, aplicando os procedementos normalizados.
* O diagnóstico e localización da avaría do equipo realízase mediante a consulta da súa documentación técnica, a utilización das ferramentas e os instrumentos de medida apropiados, aplicando o correspondente procedemento sistemático, nun tempo adecuado.
* O orzamento recolle con precisión a tipoloxía e custo da reparación.
* Realízanse as operacións de montaxe, desmontaxe e substitución dos elementos mecánicos do equipo mediante a consulta da documentación técnica (planos e procedementos normalizados) e coas ferramentas apropiadas, asegurando a súa integridade, tanto na cantidade como na calidade final das pezas utilizadas.
* Realízanse as operacións de montaxe, desmontaxe e substitución de compoñentes electrónicos (soldadura e desoldadura) das tarxetas de circuíto impreso mediante a utilización de compoñentes similares ou equivalentes e coas ferramentas apropiadas, aplicando os procedementos normalizados e asegurando un bo contacto eléctrico e suxeición mecánica.
* Realízanse os axustes dos subsistemas mecánicos dos equipos electrónicos mediante a utilización de ferramentas e útiles específicos, coa precisión requirida, seguindo os procedementos documentados.
* Realízanse os axustes dos subsistemas electrónicos dos equipos electrónicos mediante a utilización das ferramentas apropiadas e útiles específicos, coa precisión requirida e seguindo os procedementos documentados.
* Realízanse de forma sistemática as probas funcionais, axustes finais (mecánicos e/ou electrónicos) e, en caso necesario, as probas de fiabilidade recomendadas, seguindo o procedemento especificado na documentación do equipo.
* Realízase a reparación do equipo respectando as normas de seguridade persoal dos equipos e materiais recomendadas na súa documentación e, en todo caso, seguindo as pautas do bo facer profesional.
* Realízase no formato normalizado o informe de reparación de avarías do equipo electrónico, recollendo a información suficiente para realiza-la facturación da intervención e actualización do histórico de avarías do equipo.

RealizaciónsCriterios de realización

4.4.Organizar e xestiona-la documentación e a loxística nun pequeno taller de mantemento de equipos electrónicos, optimizando os recursos dispoñibles, asegurando as subministracións de compoñentes e materiais no tempo preciso e cos custos mínimos e coidando do seu adecuado almacenamento.* O espacio asignado á biblioteca de información técnica está organizado de forma que facilita o acceso á información requirida.

* Os manuais de información técnica con maior frecuencia de utilización teñen garantida a súa dispoñibilidade e conteñen tódalas notas e detalles que facilitan o proceso de diagnóstico das avarías do equipo.

* Os partes de avaría que deben ser utilizados están definidos coa precisión e no formato adecuados.
* O instrumento para recolle-lo histórico de avarías de cada un dos equipos electrónicos que se deben reparar recolle os puntos necesarios e está realizado no soporte adecuado (papel e /ou informático).
* O histórico de avarías de cada un dos equipos electrónicos que sufriron algún tipo de mantemento está actualizado, contendo as notas e detalles que optimizan a súa utilización.
* Realízase a análise estatística dos fallos máis habituais de cada tipoloxía de equipos coa periodicidade conveniente, informando dos resultados obtidos e tomando as medidas oportunas para optimiza-los procesos de mantemento correspondentes.
* O espacio asignado ós recambios está convenientemente organizado, asegurando as condicións ambientais e de almacenamento requiridas, facilitando o acceso e a súa localización.
* Actualízase o inventario de recambios coa periodicidade adecuada, asegurando a dispoñibilidade dos elementos e materiais que garanten intervencións de calidade e no tempo previsto.
* Os procedementos (múltiple subministrador, transporte urxente, ...) que aseguran a dispoñibilidade dos recambios máis críticos, orixinais e/ou equivalentes, están establecidos de forma que garantan as operacións de mantemento comprometidas.
* A biblioteca de información sobre recambios está organizada adecuadamente.

4.5.Programar e supervisa-las operacións de mantemento dun pequeno grupo de técnicos en función das cargas de traballo, asignando as intervencións e optimizando os recursos e medios dispoñibles.* Cóbrense coa antelación suficiente as follas de traballo correspondentes a distintas actividades de mantemento que hai que realizar.

* Realízase a distribución dos recursos humanos tendo en conta as prioridades, medios materiais dispoñibles e competencia profesional dos técnicos.

* Realízase a distribución dos instrumentos específicos e medios materiais en función dos traballos que se deben executar e no tempo adecuado.
* Realízanse o soporte, a formación e o asesoramento requiridos por outros técnicos con prontitude, precisión, dilixencia e aproveitamento.
* Dispóñense e supervísanse os medios de seguridade de acordo coas prescricións de seguridade establecidas.

* Realízase o informe diario mediante os partes de traballo e recolle a información suficiente para realiza-lo seguimento da planificación establecida para o período normalizado (semanal, mensual, ...).

RealizaciónsCriterios de realización

4.6.Crear, manter e intensificar relacións no contorno da producción, resolvendo os conflictos interpersoais que se presenten e participando na posta en práctica de procedementos de reclamacións e disciplinarios.* Difúndense os procedementos da empresa entre os membros que a constitúen, para que estean informados da súa situación e marcha, fundamentalmente nos aspectos de calidade e productividade.

* Tívose en conta e respectouse a lexislación laboral na toma de calquera decisión que afecte ós procedementos.

* Son promovidas e, se é o caso, aceptadas, as melloras propostas por calquera membro da empresa, nos aspectos de calidade, productividade e servicio.
* O estilo de dirección adoptado potencia as relacións persoais, xerando actitudes positivas entre as persoas e entre elas e a súa actividade ou traballo.
* Establécese un plan de formación continuada para consegui-la formación técnica do persoal.
* Identifícanse os conflictos que se orixinan no ámbito de traballo, tomándose as medidas para os resolver con prontitude.
* Conséguese información adecuadamente, antes de tomar unha decisión, para resolver problemas de relacións persoais, consultando, se for preciso, o inmediato superior.
* Infórmanse os traballadores dos seus dereitos e deberes recollidos na lexislación vixente e no regulamento específico do seu contorno laboral.
* Cando se inicia un procedemento disciplinario ou unha queixa, apórtase a información dispoñible coa mínima demora.

4.7.Cumprir e facer cumpri-las normas de seguridade laboral no traballo, respondendo en condicións de emerxencia.* Identifícanse os dereitos e deberes do empregado e da empresa en materia de seguridade laboral.

* Identifícanse os equipos e medios de seguridade máis adecuados para cada actuación e o seu uso e coidado é o correcto.

* Vixíase o cumprimento das normas de seguridade laboral, creando o ambiente necesario para o seu mantemento.
* As zonas de traballo da súa responsabilidade permanecen en condicións de limpeza, orde e seguridade.
* Tómanse as medidas oportunas, avisándose a quen corresponda, ante unha situación de emerxencia.
* Infórmanse debidamente outras instancias da emerxencia ocorrida e, se é o caso, analízanse as causas, propondo as medidas oportunas para evita-la súa repetición.

Dominio profesional

-Medios de producción ou tratamento da información:

Ferramentas manuais para traballos eléctricos e mecánicos (alicates, desparafusadores, pelacables, soldador). Instrumentos de medida e verificación electrónica (polímetro, osciloscopio, frecuencímetro, xeradores de BF e AF, fontes de alimentación, inxector e sonda lóxica, analizador de estados lóxicos, analizador de espectros). Analizadores de firmas. Emuladores de lP-lC e memorias. Dispositivos e equipos patróns. Instrumentación para rexistro de parámetros. Estación de soldadura e desoldadura de compoñentes electrónicos (de inserción e de montaxe superficial). Software de diagnóstico. Analizadores de datos. Reflectómetro.

-Materiais e productos intermedios:

Esquemas electrónicos e listas codificadas de materiais. Conductores eléctricos e elementos de interconexión. Material para soldadura de compoñentes electrónicos. Compoñentes electrónicos pasivos e activos (discretos e integrados). Tarxetas de circuítos electrónicos. Follas de medida. Pequeno material mecánico de precisión (parafusos, poleas e engrenaxes).

-Principais resultados do traballo:

Mantemento (preventivo e correctivo) de equipos electrónicos, analóxicos, dixitais e híbridos. Informes de mantemento e partes de reparación.

-Procesos, métodos e procedementos:

Procedementos de diagnose de avarías de equipos electrónicos (guiado segundo manual de producto). Procedementos de diagnose de avarías de equipos electrónicos mediante ferramentas software. Procedementos de reparación normalizados (guiado segundo manual de producto). Procesos de substitución de compoñentes e/ou módulos electrónicos. Procedementos de medida de magnitudes electrónicas no dominio do tempo e da frecuencia. Procedementos de documentación en actividades de mantemento.

-Información (natureza, tipo e soportes):

Manual descritivo de equipos electrónicos. Manual de mantemento (preventivo e correctivo) de equipos electrónicos. Manuais e bases de datos de histórico de mantemento de equipos electrónicos. Manuais de circuítos electrónicos. Manuais técnicos de compoñentes electrónicos. Manuais de dispositivos microprocesados e auxiliares. Manuais sobre edición de software. Normativa interna de utilización de compoñentes electrónicos. Manuais internos de montaxe e interconexión. Manuais internos sobre procedementos de axuste.

2.5.5. Unidade de competencia 5: realiza-la administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller:

RealizaciónsCriterios de realización

5.1.Avalia-la posibilidade de implantación dunha pequena empresa ou taller en función da súa actividade, volume de negocio e obxectivos.* Selecciónase a forma xurídica de empresa máis adecuada ós recursos dispoñibles, ós obxectivos e ás características da actividade.
* Realízase a análise previa á implantación, valorando:
-A estructura organizativa adecuada ós obxectivos.
-A posición física e ámbito de actuación (distancia clientes/provedores, canles de distribución, prezos do sector inmobiliario de zona e elementos de prospectiva).
-A previsión de recursos humanos.
-A demanda potencial, previsión de gastos e ingresos.
-A estructura e composición do inmobilizado.
-As necesidades de financiamento e a súa forma máis rendible.
-A rendibilidade do proxecto.
-A posibilidade de subvencións e/ou axudas á empresa ou á actividade, ofrecidas polas diferentes administracións públicas.

RealizaciónsCriterios de realización

* Determínase adecuadamente a composición dos recursos humanos necesarios, segundo as funcións e procesos propios da actividade da empresa e dos obxectivos establecidos, atendendo á formación, experiencia e condicións actitudinais, se procede.

5.2.Determina-las formas de contratación máis idóneas en función do tamaño, actividade e obxectivos dunha pequena empresa.* Identifícanse as formas de contratación vixentes, determinando as súas vantaxes e inconvenientes e establecendo as máis habituais no sector.
* Selecciónanse as formas de contrato óptimas, segundo os obxectivos e as características da actividade da empresa.

5.3.Elaborar, xestionar e organiza-la documentación necesaria para a constitución dunha pequena empresa e a xerada polo desenvolvemento da súa actividade económica.* Establécese un sistema de organización da información adecuado que proporcione información actualizada sobre a situación económico-financeira da empresa.

* Realízase a tramitación oportuna ante os organismos públicos para a iniciación da actividade de acordo cos rexistros legais.

* Os documentos xerados (facturas, albarás, notas de pedido, letras de cambio, cheques e recibos), elabóranse no formato establecido pola empresa, cos datos necesarios en cada caso e de acordo coa lexislación vixente.
* Identifícase a documentación necesaria para a constitución da empresa (escritura, rexistros, imposto de actividades económicas e outras).

5.4.Promove-la venda de productos ou servicios mediante os medios ou relacións adecuadas, en función da actividade comercial requirida.* No plan de promoción, tense en conta a capacidade productiva da empresa e o tipo de clientela potencial dos seus productos e servicios.
* Selecciónase o tipo de promoción que fai óptima a relación entre o incremento das vendas e o custo da promoción.
* A participación en feiras e exposicións permite establece-las canles de distribución dos diversos productos ou servicios.

5.5.Negociar con provedores e clientes, buscando as condicións máis vantaxosas nas operacións comerciais.* Téñense en conta, na negociación cos provedores:-Prezos do mercado.
-Prazos de entrega.
-Calidades.
-Condicións de pagamento.
-Transportes, se procede.
-Descontos.
-Volume do pedido.
-Liquidez actual da empresa.
-Servicio posvenda do provedor.
* Nas condicións de venda propostas ós clientes téñense en conta:-Marxes de beneficios.
-Prezo de custo.
-Tipos de clientes.
-Volume de venda.
-Condicións de cobro.
-Descontos.
-Prazos de entrega.
-Transporte, se procede.
-Garantía.
-Atención posvenda.
-Seguros sociais.

5.6.Crear, desenvolver e manter boas relacións con clientes reais ou potenciais.* Transmítese en todo momento a imaxe desexada da empresa.

* Os clientes son atendidos cun trato dilixente e cortés e na marxe de tempo prevista.

* Respóndese satisfactoriamente ás súas demandas, resolvendo as súas reclamacións con dilixencia e prontitude e promovendo as futuras relacións.
* Comunícaselles ós clientes calquera modificación ou innovación da empresa, que lles poida interesar.

RealizaciónsCriterios de realización

5.7.Identificar, en tempo e forma, as accións derivadas das obrigas legais dunha empresa.* Identifícase a documentación esixida pola normativa vixente.

* Identifícase o calendario fiscal correspondente á actividade económica desenvolvida.

* Identifícanse en tempo e forma as obrigas legais laborais.
-Altas e baixas laborais.
-Nóminas.

Dominio profesional

-Información que manexa:

Documentación administrativa: facturas, albarás, notas de pedido, letras de cambio, cheques.

-Documentación cos distintos organismos oficiais:

Permisos de apertura do local, permiso de obras, etc. Nóminas. TC1, TC2. Alta en IAE. Libros contables oficiais e libros auxiliares. Arquivos de clientes e provedores.

-Tratamento da información:

Terá que coñece-los trámites administrativos e as obrigas cos distintos organismos oficiais, ben sexa para realizalos o propio interesado ou ben para contrata-la súa realización a persoas ou empresas especializadas.

O soporte da información pode estar informatizado utilizando paquetes de xestión moi básicos existentes no mercado.

-Persoas coas que se relaciona:

Provedores e clientes. Ó ser unha pequena empresa ou taller, en xeral, tratará con clientes con pedidos ou servicios que darán lugar a pequenas ou medianas operacións comerciais. Xestorías.

2.6. Evolución da competencia profesional:

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos:

Menciónase a continuación unha serie de cambios previsibles no sector que, en maior ou menor medida, influirán na competencia desta figura:

* Ademais da normal utilización de equipos electrónicos no sector dos bens de equipo industriais, constátase, desde hai uns anos, unha rápida e crecente evolución na utilización de equipos electrónicos de tratamento da información e de telecomunicacións, incorporándose de forma paulatina á actividade das empresas, independentemente do seu tamaño e actividade, factor este que demandará empresas capaces de ofrecer servicios integrais de mantemento de equipos electrónicos.

* A especial evolución dos equipos informáticos e das ferramentas e programas de aplicación específica na área da electrónica produciu un xiro cara á utilización masiva de programas de deseño asistido por ordenador para a edición de esquemas, simulación e deseño de circuítos electrónicos para calquera aplicación e tamaño, sendo imprescindible o seu uso no campo profesional, prevéndose un avance substancial e progresivo nos próximos anos direc

tamente relacionado coa potencia de cálculo e velocidade dos propios ordenadores.

* A notable evolución das tecnoloxías dixitais fronte ás analóxicas, cun decisivo incremento na utilización de circuítos microprogramables (microprocesadores, microcontroladores, dispositivos lóxicos programables, ...) como elementos de control, construíndose, cada vez máis, equipos baseados neste tipo de tecnoloxías.

* O incremento na utilización de compoñentes baseados en tecnoloxías de montaxe superficial que determinan, de forma decisiva, os procesos de fabricación e especialmente os procedementos de mantemento dos equipos electrónicos construídos con este tipo de tecnoloxías.

* A importancia, cada vez maior, de adecua-los procesos existentes nas empresas, e que afectan a tódalas funcións nelas desenvolvidas, ás normas de calidade españolas e internacionais (especial relevancia ten a Norma ISO 9000) que permiten a homologación dos productos fabricados nelas, a incorporación ós propios procesos dos novos conceptos de calidade total e as novas formas de organización, máis horizontais e flexibles, posibilitando os procesos de mellora continua dos productos fabricados e dos servicios prestados.

* Á profunda reconversión que o sector electrónico sufriu nos últimos anos, caracterizada, entre outros factores, polo incremento da automatización na producción, pola diversidade de productos e pola evolución tan rápida dos dispositivos, materiais e necesidades, engádenselle as orientacións de investimento e os cambios organizativos nas empresas, especialmente as grandes empresas, que potencian de forma crecente os investimentos en investigación e desenvolvemento (I+D) e, ó mesmo tempo, subcontrata con outras empresas, xeralmente pequenas e medianas empresas especializadas, parte do traballo máis rutineiro e repetitivo (construcción de placas de circuíto impreso, montaxes de subconxuntos,...).

* Á complexidade dos equipos electrónicos engádeselle a crecente sofisticación dos instrumentos, ferramentas e procedementos utilizados no diagnóstico e reparación de avarías dos equipos electrónicos, especialmente os equipos electrónicos de tipo profesional.

* Os servicios de mantemento de equipos electrónicos, especialmente os profesionais, adquiren un carácter relevante no sector, constituíndo un dos subsectores de maior potencial presente e futuro.

* As pequenas e medianas empresas de servicios de mantemento de equipos electrónicos diversifican a súa actividade, aumentando o seu nivel de especialización, e están chamadas a se adecuar de forma vertixinosa ós cambios tecnolóxicos e ós requirimentos dos usuarios nun marco cada vez máis competitivo.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais:

A automatización na fabricación dos equipos electrónicos e os seus requirimentos de calidade e fiabilidade trazan un panorama industrial neste sector dirixido a potencia-las áreas funcionais de I+D, onde técnicos cualificados, asistindo á enxeñería e na homologación de prototipos electrónicos, orientan as actividades nesta área funcional cara á utilización de ferramentas informáticas de deseño asistido e de simulación de circuítos electrónicos.

Ó mesmo tempo, adquiren un carácter relevante as actividades profesionais encamiñadas ó desenvolvemento dos programas que controlan os dispositivos microprogramables (microprocesadores, microcontroladores, ...) en linguaxes de programación adecuadas, de alto e baixo nivel, mediante a utilización de contornos de desenvolvemento específicos.

Por outro lado, a elaboración da documentación técnica necesaria para a construcción de placas de circuíto impreso demanda de forma crecente a utilización de ferramentas informáticas de deseño dos circuítos impresos que serven de soporte ás placas electrónicas de aplicación.

No subsector do mantemento de equipos electrónicos, as actividades profesionais evolucionan rapidamente ligadas á introducción constante de novas tecnoloxías de compoñentes e sistemas cada vez máis complexos. Así mesmo, a utilización de instrumentación cada vez máis sofisticada para o diagnóstico de avarías en equipos profesionais demanda, de forma crecente, intervencións sobre os equipos nos que a calidade e fiabilidade estea garantida e ademais no mínimo tempo de intervención posible. As ferramentas de diagnóstico asistidas por ordenador optimizarán e facilitarán, cada vez máis os procesos de diagnóstico e posta a punto dos equipos baixo proba.

2.6.3. Cambios na formación:

Debido á rápida evolución dos compoñentes electrónicos e a utilización de técnicas dixitais e microprogramables nos equipos electrónicos, así como a diversidade de campos de aplicación onde a electrónica intervén, cómpre que este profesional manteña un proceso de formación continuada en:

* O coñecemento de compoñentes electrónicos integrados de aplicación específica, a través da consulta de revistas e manuais técnicos especializados, nos distintos campos da electrónica profesional.

* As técnicas de construcción de maquetas e prototipos electrónicos, mediante a utilización de ferramentas manuais e automáticas.

* A programación de dispositivos microprogramables mediante a utilización de linguaxes de programación en linguaxes de alto nivel principalmente (por exemplo, linguaxe C) e mediante a destra utilización dun contorno de desenvolvemento, baseado fundamentalmente en emuladores de dispositivos microprogramables.

* A utilización de ferramentas informáticas de edición de esquemas, deseño e simulación de circuítos electrónicos analóxicos, dixitais e/ou microprogramables, así como das ferramentas e medios para o deseño e construcción de circuítos impresos.

* O coñecemento dos ensaios de calidade e fiabilidade de prototipos electrónicos e dos procesos, procedementos e medios, utilizados no control de calidade dos equipos electrónicos.

* Os procedementos de diagnóstico e reparación de equipos electrónicos profesionais utilizando os instrumentos e ferramentas adecuadas, así como o hardware e o software específicos para o diagnóstico de avarías asistido por ordenador.

* As técnicas de xestión de proxectos, tanto para a fabricación de equipos electrónicos como para o seu mantemento.

* As relacións no contorno do traballo, xa que adquiren cada vez máis un maior relevo no contexto do traballo en equipo aplicando estratexias de traballo horizontal na resolución e mellora dos procesos.

* Os aspectos de calidade, xa que de forma crecente adquiren un papel clave no sector, a mellora dos procesos e a competitividade dos productos. O concepto de calidade total coa implicación requirida de tódolos participantes na producción, demanda unha participación activa e unha capacidade de achegar melloras que require técnicos cun alto nivel de polivalencia e, ó mesmo tempo, especializados nun campo ocupacional; técnicos que sexan capaces do autocontrol, con capacidades de adaptación, iniciativa, responsabilidade e traballo en equipo.

2.7. Posición no proceso productivo:

2.7.1. Contorno profesional e de traballo:

As empresas nas que pode desenvolve-lo seu labor teñen como actividades as seguintes:

* Fabricación de tarxetas e equipos electrónicos, independentemente do tipo de producción (en series longas, curtas e/ou unidades) e do subsector tecnolóxico no que se sitúe a empresa (industrial, telecomunicacións, equipos de tratamento da información, instrumentación).

* Deseño e fabricación de circuítos impresos.

* Deseño e construcción de pequenos productos electrónicos realizados á medida e baixo especificacións do cliente (controladores de variables físicas -temperatura, iluminación, ...-, fontes de alimentación, temporizadores electrónicos, adaptadores de sinal e nivel, transmisores de sinal para redes industriais de baixo nivel, etc.).

* Mantemento de equipos electrónicos, independentemente do subsector tecnolóxico no que se sitúe a empresa (industrial, telecomunicacións, equipos de tratamento da información, instrumentación).

En xeral, grandes, medianas e pequenas empresas dedicadas ó deseño, fabricación e mantemento de

equipos electrónicos, especialmente de tipo profesional.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico:

Esta figura profesional sitúase fundamentalmente nas áreas funcionais de definición de producto, prototipos, ensaios de calidade e fiabilidade, producción, loxística e mantemento de equipos electrónicos.

As técnicas e coñecementos tecnolóxicos abranguen os campos de:

* Concepción de productos electrónicos de aplicación específica baseados en técnicas analóxicas, fundamentalmente no campo da baixa frecuencia e potencia.

* Ideación de productos electrónicos de aplicación específica baseados en técnicas dixitais e microprogramables (microprocesadores, microcontroladores e dispositivos auxiliares).

* Elaboración de documentación técnica mediante a utilización de ferramentas informáticas (edición de esquemas electrónicos, editores de texto, programas gráficos).

* Simulación de circuítos electrónicos mediante a utilización de ferramentas informáticas.

* Montaxe de maquetas electrónicas mediante a aplicación de procedementos manuais (por exemplo, técnicas de wire-wrapping).

* Deseño de circuítos impresos para aplicacións electrónicas mediante a utilización de ferramentas informáticas.

* Procesos de fabricación de circuítos impresos, especialmente de dobre capa, para aplicacións electrónicas.

* Ensaios de calidade e fiabilidade de prototipos electrónicos.

* Mantemento preventivo de equipos electrónicos profesionais.

* Mantemento correctivo de equipos electrónicos profesionais, técnicas de diagnóstico de avarías mediante a utilización de procedementos manuais e/ou asistidos por ordenador.

* Soldadura e desoldadura de compoñentes de inserción e compoñentes de montaxe superficial.

* Mecánica de precisión. Elementos e dispositivos constituíntes dos equipos electromecánicos.

* Loxística e xestión de compras e almacéns.

* Xestión de proxectos, coordinando e controlando o desenvolvemento da execución dos productos e as operacións de mantemento dos equipos.

En función do tipo e tamaño da empresa onde se sitúe especializarase nunha área funcional específica ou desenvolverá o seu labor cun carácter polivalente.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes:

A título de exemplo e especialmente con fins de orientación profesional, enumérase a continuación un conxunto de ocupacións ou postos de traballo que poderían ser desempeñados adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título:

* Técnico en definición, análise e desenvolvemento de productos electrónicos.

* Proxectista electrónico.

* Técnico en prototipos electrónicos.

* Técnico de soporte en producción electrónica.

* Técnico en control de calidade de productos electrónicos.

* Técnico de soporte e laboratorio para mantemento de equipos electrónicos industriais.

* Técnico de soporte e laboratorio para mantemento de equipos electrónicos de telecomunicacións e de tratamento da información.

* Técnico de soporte e laboratorio para mantemento de equipos electrónicos de electromedicina e de instrumentación en xeral.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo:

* Idear, a partir de especificacións concretas, a solución hardware e/ou software de pequenas aplicacións electrónicas analóxicas, dixitais e/ou microprogramables, construíndo a maqueta correspondente mediante a aplicación dos procedementos axeitados, realizando as comprobacións, medidas e axustes necesarios para a posta a punto.

* Realiza-lo deseño físico das placas electrónicas de circuíto impreso, mediante a axeitada utilización das ferramentas informáticas de deseño asistido por ordenador específicas, elaborando a documentación técnica necesaria para a súa posterior construcción, no soporte e formatos normalizados.

* Elabora-los programas informáticos correspondentes a pequenas aplicacións electrónicas utilizando as linguaxes de alto e/ou baixo nivel máis axeitadas en cada caso, empregando os procedementos e estructuras máis idóneas co fin de optimiza-lo funcionamento da aplicación e asegura-la súa fiabilidade e seguridade.

* Construír e pór a punto prototipos electrónicos de aplicacións realizadas con tecnoloxías analóxicas, dixitais e/ou microprogramables, utilizando os equipos e ferramentas axeitadas e aplicando os procedementos máis idóneos en cada caso.

* Realizar, coa precisión requirida, os ensaios de calidade e fiabilidade de prototipos electrónicos, mediante a utilización axeitada dos instrumentos, equipos e ferramentas máis idóneas e aplicando os procedementos documentados correspondentes.

* Elabora-la documentación técnica de instalación, posta en marcha e mantemento de producto correspondente ás aplicacións electrónicas, mediante a axeitada utilización das ferramentas informáticas precisas.

* Realiza-lo mantemento dos equipos electrónicos baseados en tecnoloxías analóxicas, dixitais e/ou microprogramables, operando destramente cos instrumentos e ferramentas hardware e software máis idóneas en cada caso, actuando coa calidade e fiabilidade requiridas e no tempo previsto.

* Determinar procedementos de actuación para o diagnóstico e localización de avarías en equipos electrónicos baseados en tecnoloxías analóxicas, dixitais e/ou microprogramables, propondo e deseñando útiles hardware e/ou software específicos, documentando eses procedementos coa precisión requirida e no formato e soporte máis axeitados.

* Comprender e aplica-la terminoloxía, métodos e técnicas necesarias para a organización e a xestión do mantemento de equipos electrónicos e da loxística asociada a eles.

* Comprende-lo marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade de deseño e mantemento dos equipos electrónicos, identificando os dereitos e as obrigas que deriven das relacións laborais, adquirindo a capacidade de segui-los procedementos establecidos e de actuar con eficacia ante as anomalías que poidan presentarse neles.

* Buscar, seleccionar e valorar diversas fontes de información relacionadas co exercicio da profesión, que lle permitan o desenvolvemento da súa capacidade de autoaprendizaxe no sector da fabricación e mantemento de equipos electrónicos que lle posibiliten a evolución e adaptación das súas capacidades profesionais ós cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.

* Dominar estratexias que lle permitan participar en calquera proceso de comunicación coas demais áreas da empresa, con clientes e provedores.

* Analizar, adaptar e, se é o caso, xerar documentación técnica imprescindible na formación e asesoramento dos profesionais ó seu cargo.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia:

3.2.1. Módulo profesional 1: electrónica analóxica:

Asociado á unidade de competencia 1: deseñar/desenvolver pequenos productos electrónicos analóxicos.

Capacidades terminais elementais

* Analiza-los circuítos e dispositivos electrónicos analóxicos básicos interpretando os seus esquemas e manuais técnicos e describindo o seu funcionamento.

* Interpretar adecuadamente os parámetros fundamentais dos compoñentes e dispositivos electrónicos utilizados en circuítos analóxicos básicos a partir dos manuais técnicos e comerciais.

* Identifica-los compoñentes dos circuítos electrónicos analóxicos básicos relacionando os elementos reais cos símbolos que aparecen no esquema.

* Identifica-los bloques funcionais presentes nos circuítos electrónicos analóxicos básicos explicando a súa función, as súas características de entrada e saída e a relación de dependencia funcional entre eles.

* Analiza-los circuítos e dispositivos electrónicos analóxicos utilizados no ámbito da medida e a regulación electrónica, da electrónica de potencia e das telecomunicacións electrónicas, interpretando os seus esquemas e manuais técnicos e describindo o seu funcionamento.

* Interpretar adecuadamente os parámetros fundamentais dos compoñentes e dispositivos electrónicos utilizados en circuítos analóxicos no ámbito da medida e a regulación electrónica, da electrónica de potencia e das telecomunicacións electrónicas a partir dos manuais técnicos e comerciais.

* Identifica-los compoñentes dos circuítos electrónicos analóxicos utilizados no ámbito da medida e a regulación electrónica, da electrónica de potencia e das telecomunicacións electrónicas, relacionando os elementos reais cos símbolos que aparecen no esquema.

* Identifica-los bloques funcionais presentes nos circuítos electrónicos analóxicos utilizados no ámbito da medida e a regulación electrónica, da electrónica de potencia e das telecomunicacións electrónicas explicando a súa función, as súas características de entrada e saída e a relación de dependencia funcional entre eles.

* Elabora-la documentación necesaria para a realización de placas de circuíto impreso, a partir dos esquemas de principio das aplicacións electrónicas.

* Realiza-las operacións necesarias para a construcción e montaxe de placas electrónicas utilizando procedementos manuais en condicións de seguridade e hixiene e asegurando os acabados coa calidade requirida.

* Configurar circuítos electrónicos analóxicos, seleccionando os compoñentes precisos e aplicando os procedementos de cálculo necesarios no deseño de pequenas aplicacións electrónicas analóxicas.

* Realiza-las medidas das magnitudes electrónicas analóxicas aplicando o procedemento máis axeitado a cada caso e utilizando o instrumento e os elementos auxiliares apropiados coa precisión e seguridade requiridas.

* Elaborar informes-memoria das actividades desenvolvidas e resultados obtidos, estructurándoos nos puntos necesarios para unha adecuada documentación.

Contidos (duración 185 horas)

Contidos procedementais

Análise dos circuítos e dispositivos electrónicos analóxicos básicos:

* Compoñentes:

-Descrición do seu funcionamento, características eléctricas, tipoloxía e aplicacións.

-Identificación, relacionándoos cos símbolos que aparecen nos esquemas.

-Identificación dos parámetros fundamentais mediante a utilización dos manuais técnicos.

* Circuítos electrónicos básicos:

-Descrición do seu funcionamento e características.

-Identificación do tipo e forma dos sinais.

-Identificación dos bloques funcionais.

-Cálculo das magnitudes fundamentais.

-Medición e interpretación das variacións nos parámetros característicos ó realizar modificacións nos compoñentes.

-Realización de informes-memoria das actividades realizadas.

Análise dos circuítos e dispositivos electrónicos analóxicos utilizados no ámbito da medida e regulación electrónica:

* Compoñentes:

-Descrición do seu funcionamento, características eléctricas, tipoloxía e aplicacións.

-Identificación, relacionándoos cos símbolos que aparecen nos esquemas.

-Identificación dos parámetros fundamentais mediante a utilización dos manuais técnicos.

* Circuítos electrónicos de medida e regulación electrónica:

-Descrición do seu funcionamento e características.

-Identificación do tipo e forma dos sinais.

-Identificación dos bloques funcionais.

-Cálculo das magnitudes fundamentais.

-Medición e interpretación das variacións nos parámetros característicos ó realizar modificacións nos compoñentes.

-Elaboración de informes-memoria das actividades realizadas.

Análise dos circuítos e dispositivos electrónicos analóxicos utilizados no ámbito da electrónica de potencia:

* Compoñentes:

-Descrición do seu funcionamento, características eléctricas, tipoloxía e aplicacións.

-Identificación, relacionándoos cos símbolos que aparecen nos esquemas.

-Identificación dos parámetros fundamentais mediante a utilización dos manuais técnicos.

* Circuítos de potencia:

-Descrición do seu funcionamento e características.

-Identificación do tipo e forma dos sinais.

-Identificación dos bloques funcionais.

-Cálculo das magnitudes fundamentais.

-Medición e interpretación das variacións nos parámetros característicos ó realizar modificacións nos compoñentes.

-Elaboración de informes memoria das actividades realizadas.

Análise dos circuítos e dispositivos electrónicos analóxicos utilizados no ámbito das telecomunicacións:

* Compoñentes:

-Descrición do seu funcionamento, características eléctricas, tipoloxía e aplicacións.

-Identificación, relacionándoos cos símbolos que aparecen nos esquemas.

-Identificación dos parámetros fundamentais mediante a utilización dos manuais técnicos.

* Circuítos de telecomunicacións:

-Descrición do seu funcionamento e características.

-Identificación do tipo e forma dos sinais.

-Identificación dos bloques funcionais.

-Cálculo das magnitudes fundamentais.

-Medición e interpretación das variacións nos parámetros característicos ó realizar modificacións nos compoñentes.

-Elaboración de informes memoria das actividades realizadas.

Construcción e montaxe de placas electrónicas utilizando procedementos manuais:

* Procesos manuais utilizados na elaboración das placas de circuíto impreso de simple e dobre cara. Clasificación.

* Operacións manuais de mecanizado realizadas nas placas de circuíto impreso. Descrición.

* Procedementos de soldadura-desoldadura manuais utilizados en electrónica. Explicación.

* Equipos, ferramentas e materiais. Enumeración e explicación.

* Circuítos impresos:

-Elaboración, a partir dos esquemas de principio, da documentación necesaria para a súa realización.

-Preparación dos equipos e materiais en condicións de seguridade e hixiene.

-Realización da mecanizaxe da placa.

-Realización da montaxe dos compoñentes e materiais.

-Verificación do correcto funcionamento.

Realización de pequenas aplicacións electrónicas analóxicas:

* Documentación técnica. Selección.

* Diagrama de bloques funcional. Realización.

* Compoñentes discretos e/ou integrados. Selección.

* Esbozo-esquema de principio utilizando a simboloxía e representación normalizadas. Elaboración.

* Compoñentes. Cálculo dos seus valores.

* Circuíto da aplicación:

-Montaxe.

-Verificación e/ou simulación do funcionamento.

-Realización das probas, medidas, modificacións e axustes.

-Elaboración de informes memoria das actividades realizadas.

Realización de medidas nos circuítos electrónicos analóxicos:

* Equipos de medida. Clasificación relacionándoos coas magnitudes que se van medir.

* Sistemas de medida en electrónica analóxica baseados na instrumentación virtual. Descrición.

* Buses de instrumentación empregados máis frecuentemente nos equipos electrónicos de medida. Clasificación e descrición das súas características e prestacións fundamentais.

* Tipoloxía e procedementos de uso dos instrumentos de medida utilizados en electrónica analóxica. Descrición das súas características.

* Instrumentos de medida e materiais auxiliares. Selección en función da magnitude e/ou o sinal que se vai medir.

* Magnitudes e sinais nos circuítos electrónicos analóxicos. Medición aplicando procedementos normalizados e interpretación.

* Informes memoria de actividades realizadas. Elaboración estructurándoos nos puntos necesarios para a súa boa documentación.

Contidos conceptuais

Compoñentes electrónicos. Función, tipoloxía e características:

* Pasivos: resistencias, condensadores, bobinas e transformadores.

* Semiconductores: díodos, transistores, tiristores, compoñentes optoelectrónicos.

Funcións e circuítos básicos en electrónica. Función, tipoloxía e características:

* Rectificadores, filtros, estabilizadores, reguladores. Amplificadores. Principios básicos da realimentación. Multivibradores.

* Osciladores e xeradores de sinais.

Amplificadores operacionais:

* Estructura e principios básicos de funcionamento.

* O A.O. ideal e real. Características.

* Montaxes básicas.

Análise funcional dos circuítos electrónicos de aplicación.

* Fontes de alimentación.

* Aplicacións con circuítos integrados lineais (estabilizadores de tensión, amplificadores de audio, temporizadores).

Procedementos en electrónica analóxica:

* Interpretación dos esquemas electrónicos analóxicos.

* Interpretación das características técnicas dos compoñentes electrónicos.

Compoñentes electrónicos analóxicos. Criterios de selección para o deseño de circuítos:

* Pasivos: resistencias, bobinas, condensadores e transformadores.

* Semiconductores: díodos, transistores (bipolares, FET e MOSFET), compoñentes optoelectrónicos, circuítos integrados lineais.

* Elementos complementarios: cables, conectores, zócolos, radiadores, circuítos impresos.

Circuítos básicos utilizados na electrónica analóxica. Tipos e características. Criterios de deseño:

* Rectificadores, filtros, estabilizadores, reguladores, amplificadores, multivibradores, osciladores, temporizadores.

* O amplificador operacional. Características, tipoloxía e aplicacións.

Circuítos básicos utilizados na medida e a regulación electrónica. Tipoloxía e características. Criterios de deseño:

* Sensores e transductores.

* Pontes de medida.

* Rectificadores de precisión.

* Acondicionadores de sinal.

* Atenuadores e filtros.

* Reguladores. Tipos (P, I, D, PI, PID).

Instrumentación e medidas analóxicas. Procedementos de aplicación:

* Medida das magnitudes eléctricas (tensión, intensidade, resistencia, potencia, ...). Instrumentación e procedementos.

* Medida das magnitudes físicas (frecuencia, tempo, temperatura, presión, velocidade, posición, desprazamento, ...). Instrumentación e procedementos.

* O ordenador como instrumento de medida. Instrumentación virtual. Procedementos.

* Buses normalizados de instrumentación.

Electrónica analóxica de potencia:

* Compoñentes: Diac, UJT, tiristor, triac, transistores de potencia (bipolares e MOSFET).

* Circuítos reguladores de potencia (monofásicos e trifásicos): circuítos de control e de potencia.

* Fontes de alimentación conmutadas, sistema de alimentación ininterrompida (SAI).

* Procedementos de medida e instrumentación específica na electrónica analóxica de potencia.

* Simboloxía e interpretación de esquemas.

* Análise das disfuncións nos circuítos.

* Busca e interpretación das características dos compoñentes e dispositivos electrónicos nos manuais técnicos.

* Configuración e cálculo básico dos circuítos analóxicos de potencia.

Electrónica analóxica de telecomunicacións:

* Principios das comunicacións.

* Modulación e tipos fundamentais (AM, FM, FSK, PWM).

* Medios usados en comunicacións (radio, cable, fibra óptica, infravermellos).

* Procedementos de medida e instrumentación específica en electrónica analóxica de telecomunicacións.

* Simboloxía e interpretación de esquemas.

* Análise de disfuncións nos circuítos.

* Busca e interpretación de características de compoñentes e dispositivos electrónicos en manuais técnicos.

* Configuración e cálculo básico de circuítos analóxicos de telecomunicacións.

Construcción das aplicacións electrónicas:

* Técnicas manuais na construcción dos circuítos impresos.

* Montaxe dos circuítos electrónicos analóxicos nas placas do circuíto impreso.

Contidos actitudinais

Resolución de continxencias:

* Preocupación pola toma de decisións tanto individuais como en grupo, de forma pausada, coherente, argumentando e presupondo as posibles consecuen

cias de cada posibilidade, optando pola solución considerada mellor segundo os criterios establecidos.

* Habito de corrixi-los erros nos productos realizados procurando o seu correcto funcionamento.

Traballo en grupo:

* Colaboración entre os compoñentes do grupo, polo seu propio autocontrol.

* Tolerancia ante actitudes e opinións discrepantes, buscando solucións comúns de forma consensuada.

* Preocupación por axuda-los compañeiros en tarefas de aprendizaxe.

* Cooperación entre os compoñentes do grupo segundo a tarefa que se vaia realizar e os medios dispoñibles.

Comportamento interpersoal:

* Actitude de apertura cos compañeiros, intercambiando experiencias e buscando as mellores solucións para resolve-los traballos que se vaian realizar.

* Valoración de calquera idea con cordialidade, respecto e tolerancia co resto das mellores solucións para resolve-los traballos que se vaian realizar.

* Rigor en argumenta-las ideas propias para a resolución de cada traballo contrastando cos compañeiros do grupo.

Avaliación de resultados:

* Valoración dos traballos efectuados en función dos resultados, o tempo utilizado, a metodoloxía, os aparellos e a instrumentación utilizada nas tarefas.

* Responsabilidade en emitir un xuízo sobre os criterios utilizables á hora de finalizar un traballo encomendado.

* Preocupación por utiliza-la autoavaliación como ferramenta para a mellora das capacidades persoais.

Realización estructurada do traballo na execución de tarefas:

* Espírito crítico na autoavaliación dos métodos de traballo empregados buscando mellora-los factores, calidade e tempo empregado.

* Preocupación pola orde no posto de traballo, dispondo as ferramentas, útiles e instrumentos no mellor lugar para ser empregados.

* Comportamento activo para conseguir acabados pulcros dos traballos, realizando a verificación visual e sistemática do producto final.

* Preocupación pola aplicación de procedementos normalizados na realización de tarefas básicas de reparación, mantemento e axuste.

Compromiso coas abrigas asociadas ó traballo:

* Responsabilidade na conservación das ferramentas, útiles e instrumentación, facendo por iniciativa propia o mantemento máis usual.

* Hábito de realiza-las operacións de montaxe e mantemento seguindo normas e recomendacións de seguridade laboral e facendo un uso correcto das ferramentas e da instrumentación.

* Preocupación pola aplicación de procedementos normalizados na realización de tarefas básicas de montaxe, mantemento e axuste.

3.2.2. Módulo profesional 2: lóxica dixital e microprogramable:

Asociado á unidade de competencia 2: deseñar/desenvolver pequenos productos electrónicos dixitais e microprogramables.

Capacidades terminais elementais

* Analiza-los circuítos electrónicos dixitais cableados combinacionais e secuenciais, interpretando, a partir da súa simboloxía e das leis da álxebra de Boole, o seu funcionamento e características técnicas.

* Interpreta-las características técnicas e funcionais de esquemas utilizados en aplicacións electrónicas dixitais por medio dos catálogos técnicos e comerciais.

* Analiza-las características técnicas e funcionais dos dispositivos convertedores de información analóxica-dixital (A/D) e dixital-analóxica (D/A) interpretando os esquemas e describindo o seu funcionamento.

* Realizar simplificacións de funcións lóxicas de sistemas dixitais, partindo da aplicación de métodos estandarizados manuais ou informatizados.

* Diferenciar técnica e funcionalmente os sistemas dixitais cableados dos sistemas dixitais programables.

* Interpreta-las características técnicas e funcionais dos distintos tipos de memorias e de matrices programables utilizados nas diferentes aplicacións de electrónica dixital incorporadas nos catálogos técnicos e comerciais.

* Interpreta-los parámetros e características fundamentais dun sistema microprogramable por medio do esquema e da documentación técnica específica, relacionando o fluxo de información no programa de control cos sinais de entrada-saída do circuíto e periféricos asociados.

* Elixi-las solucións programables ou cableadas adecuadas ás aplicacións electrónicas, atendendo a criterios técnicos, económicos e de dispoñibilidade dos compoñentes.

* Realizar diagramas de fluxo en solucións dixitais programables, seguindo técnicas estructuradas e por medio de algoritmos definidos, utilizando programas en linguaxes axeitadas e procedementos estandarizados.

* Realiza-la posta a punto dun programa, con técnicas de depuración estándar, optimizando o cumprimento das especificacións funcionais do sistema.

* Verificar mediante simulación o funcionamento do circuíto por medio de ferramentas informáticas específicas, realizando as probas, medidas, modificacións e axustes necesarios para o adecuado funcionamento do circuíto.

* Construí-lo esquema correspondente a un circuíto electrónico dixital cableado e/ou programable, dispondo a conexión dos compoñentes adecuadamente e utilizando a simboloxía normalizada.

* Compor maquetas de circuítos electrónicos dixitais cableados e/ou programables, utilizando soportes e técnicas de montaxe rápida, enumerando os equipos, ferramentas e materiais utilizados e a función de cada un no proceso.

* Realizar medidas en circuítos dixitais e programables, utilizando a instrumentación e os procedementos normalizados, con rigor e seguridade, relacionando os estados lóxicos calculados coas medidas realizadas.

* Elaborar informes-memoria das actividades desenvolvidas nas diferentes fases e procesos que se poden realizar cos circuítos electrónicos dixitais e microprogramables e dos resultados logrados, estructurándoos nos puntos precisos para unha adecuada documentación.

Contidos (duración 240 horas)

Contidos procedementais

Análise de circuítos lóxicos fundamentais en electrónica dixital:

* Circuítos integrados segundo a súa escala de integración:

-Descrición e funcionamento.

-Interpretación de parámetros e gráficos de catálogos e manuais técnicos.

-Interpretación da simboloxía normalizada dos diferentes compoñentes.

* Circuítos electrónicos cableados utilizados en aplicacións dixitais:

-Identificación e descrición dos compoñentes e bloques funcionais.

-Aplicación das leis e postulados da álxebra de Boole.

-Explicación das variacións producidas nos parámetros cando se realizan modificacións nos compoñentes.

* Resumo das actividades efectuadas. Elaboración, estructurando os resultados obtidos de forma estructurada.

Análise dos circuítos electrónicos de tratamento dixital de magnitudes analóxicas:

* Convertedores A/D e D/A:

-Diferenciación atendendo ás súas características funcionais.

-Descrición dos principios de conversión.

-Realización de medidas seguindo técnicas normalizadas.

* Sensores de magnitudes físicas fundamentais (temperatura, luz, presión,...):

-Descrición e aplicacións nos sistemas electrónicos.

Análise de circuíto electrónicos programables:

* Circuítos electrónicos cableados e programables:

-Diferenciación atendendo as súas características funcionais.

* Circuítos electrónicos con memorias ou matrices programables:

-Identificación e descrición dos compoñentes e bloques funcionais do circuíto.

-Explicación das variacións producidas nos parámetros cando se realizan modificacións nos compoñentes.

-Elaboración dun resumo das actividades efectuadas e os resultados obtidos.

* Dispositivos microprogramables:

-Diferenciación atendendo ás súas características funcionais.

* Circuítos electrónicos con dispositivos microprogramables:

-Identificación e descrición dos compoñentes e bloques funcionais do circuíto.

-Explicación do funcionamento do circuíto, relacionando as funcións que realiza o programa de control cos sinais de entrada-saída do dispositivo.

-Explicación das variacións producidas nos parámetros cando se realizan modificacións nos compoñentes.

* Resumo das actividades efectuadas. Elaboración, estructurando os resultados obtidos de forma estructurada.

Realización de pequenas aplicacións de electrónica dixital:

* Circuítos dixitais cableados:

-Interpretación das especificacións funcionais e técnicas do sistema para realizar.

-Determinación e simplificación das funcións lóxicas que definen o funcionamento do circuíto.

-Elaboración de esquemas coa simboloxía normalizada .

-Elección dos compoñentes discretos e integrados adecuados.

-Confección dos esquemas eléctricos do circuíto de forma manual ou automática.

-Montaxe dos equipos.

-Realización de probas reais e por medio de programas de simulación do funcionamento do sistema.

* Circuítos dixitais con memorias e/ou matrices programables:

-Interpretación das especificacións funcionais e técnicas do sistema para realizar.

-Determinación e simplificación das funcións lóxicas que definen o funcionamento do circuíto.

-Elaboración de esquemas coa simboloxía normalizada.

-Elección da memoria ou matriz programable adecuada.

-Programación da matriz ou memoria por medio de programas informáticos.

-Realización de probas reais e por medio de programas de simulación do funcionamento do sistema.

* Circuítos dixitais con dispositivos microprogramables:

-Interpretación das especificacións funcionais e técnicas do sistema para realizar.

-Determinación das funcións combinacionais e secuenciais que definen o funcionamento do circuíto.

-Determinación das funcións para realizar con hardware e con software.

-Elección do sistema microprogramable adecuado.

-Programación do dispositivo por medio de aplicacións informáticas.

-Realización de probas reais e mediante programas de simulación do funcionamento do sistema.

Construcción de maquetas de aplicacións dixitais:

* Procesos e operacións manuais para realizar. Clasificación, planificación e descrición do proceso de traballo.

* Procedementos de conexionado manual. Descrición e explicación enumerando os equipos, ferramentas e materiais utilizados segundo a súa implicación.

* Problemas técnicos na elaboración de maquetas:

-Enumeración en función do sistema utilizado.

-Uso de medidas e precaucións para adoptar.

Realización de medidas en circuítos dixitais e programables:

* Instrumentación. Selección en función da magnitude que se vai medir.

* Magnitudes básicas presentes na electrónica dixital. Realización de medidas máis habituais.

* Resumo das actividades efectuadas. Elaboración, estructurando os resultados obtidos de forma estructurada.

Localización de avarías en circuítos dixitais e programables:

* Avarías habituais. Enumeración segundo a súa tipoloxía.

* Técnicas xerais utilizadas para a localización de avarías. Descrición.

* Síntomas das avarías:

-Identificación. Localización. Modificación e/ou substitución.

-Interpretación da documentación do circuíto electrónico.

* Resumo das actividades efectuadas. Elaboración, estructurando os resultados obtidos de forma estructurada.

Contidos conceptuais

Fundamentos de electrónica dixital:

* Tratamento analóxico e dixital da información.

* Sistemas e códigos de numeración: binario, octal, hexadecimal, alfanumérico.

* Álxebra de Boole. Definicións. Postulados. Variables. Operacións. Táboas de verdade.

* Portas lóxicas: tipoloxía, funcións e características.

* Diferentes técnicas utilizadas na construcción de circuítos dixitais integrados e familias lóxicas. Escalas de integración.

Sistemas combinacionais:

* Métodos de análise e simplificación de funcións lóxicas.

* Símbolos lóxicos normalizados. Representación normalizada dos sistemas combinacionais.

* Bloques funcionais combinacionais. Codificadores. Decodificadores. Multiplexores. Demultiplexores. Comparadores. Convertedores de código.

* Sistemas combinacionais programables. Memorias electrónicas e matrices programables.

* Métodos de deseño de sistemas combinacionais.

Aritmética nos códigos binarios:

* Operacións no sistema binario natural.

* Operacións aritméticas nos códigos decimais codificados en binario (BCD).

* Formatos de representación dos números fraccionarios.

* Unidades aritmético-lóxicas (ALU).

Sistemas secuenciais

* Símbolos lóxicos normalizados. Representación normalizada dos sistemas secuenciais.

* Circuítos biestables dixitais.

* Rexistros de desprazamento.

* Circuítos contadores integrados.

* Métodos de deseño de sistemas secuenciais.

Circuítos complementarios en electrónica dixital:

* Circuítos dixitais temporais:

-Monoestables.

-Temporizadores analóxico-dixitais.

-Xeradores de impulsos. Aplicacións.

* Circuítos dixitais de sincronización.

* Dispositivos optoelectrónicos. Displays. Díodos LED. Optoacopladores. Pantallas LCD.

* Teclados.

* Motores paso a paso.

Circuítos electrónicos de conversión analóxica-dixital e dixital-analóxica:

* Sinais analóxicos e dixitais.

* Convertedores dixital-analóxicos. Tipos e características de funcionamento.

* Circuítos de mostraxe e retención (Sample & Hold).

* Circuítos integrados de aplicación específica.

Memorias electrónicas e matrices programables:

* Estructuras lóxicas de memorias. Aplicacións combinacionais.

* Dispositivos e estructuras de memoria. Tipoloxía e características.

* Matrices programables. Aplicacións combinacionais e secuenciais.

* Procedementos de deseño de aplicacións combinacionais e secuenciais con memorias e/ou matrices.

* Técnicas e aplicacións informáticas para a programación de memorias e matrices programables.

Dispositivos microprogramables:

* Arquitectura interna dos circuítos microprogramables máis comúns.

* Terminais de conexión específicos dos chips microprogramables máis frecuentes.

* Dispositivos de entrada-saída da información en sistemas microprogramables.

* Elementos periféricos e auxiliares dos sistemas microprogramables.

Métodos de programación de circuítos realizados con dispositivos microprogramables:

* A linguaxe ensambladora. Instruccións. Características e funcións.

* Técnicas de programación coa linguaxe ensambladora.

* Enlazadores. Utilización e elaboración de librerías.

* Desenvolvemento de programas en linguaxes de aplicación de alto e baixo nivel para dispositivos microprogramables.

* Documentación dos programas.

* Sistemas simuladores e emuladores.

Procedementos en electrónica dixital e microprogramable:

* Interpretación de esquemas electrónicos dixitais e microprogramables.

* Métodos e técnicas de medida de circuítos dixitais:

* Deseño de sistemas dixitais.

* Selección de compoñentes utilizando catálogos e manuais técnicos.

* Utilización de programas de aplicación informáticos para simulación e emulación.

* Montaxe e posta a punto de sistemas dixitais.

Contidos actitudinais

Resolución de continxencias:

* Preocupación pola toma de decisións tanto individuais como en grupo, de forma pausada, coherente, argumentando e presupondo as posibles consecuencias de cada posibilidade optando pola solución considerada mellor segundo os criterios establecidos.

* Hábito de corrixi-los erros nos productos realizados procurando o seu correcto funcionamento.

Traballo en grupo:

* Colaboración entre os compoñentes do grupo, polo seu propio autocontrol.

* Tolerancia ante actitudes e opinións discrepantes, buscando solucións comúns de forma consensuada.

* Preocupación por axuda-los compañeiros en tarefas de aprendizaxe.

* Cooperación entre os compoñentes do grupo segundo a tarefa que se vai realizar e os medios dispoñibles.

Comportamento interpersoal:

* Actitude de apertura cos compañeiros, intercambiando experiencias e buscando as mellores solucións para resolve-los traballos que hai que realizar.

* Valoración de calquera idea con cordialidade, respecto e tolerancia co resto dos compañeiros.

* Rigor para argumenta-las ideas propias para a resolución de cada traballo contrastando cos compañeiros do grupo.

Avaliación de resultados:

* Valoración dos traballos efectuados en función dos resultados, o tempo utilizado, a metodoloxía, os aparellos e a instrumentación utilizada nas tarefas que se van realizar.

* Responsabilidade para emitir un xuízo sobre os criterios que se utilizarán á hora de finalizar un traballo encomendado.

* Preocupación por utiliza-la autoavaliación como ferramenta para a mellora das capacidades persoais.

Realización estructurada do traballo na execución de tarefas:

* Preocupación pola orde no posto de traballo, dispondo as ferramentas, útiles e instrumentación ergonomicamente.

* Comportamento activo para conseguir acabados pulcros dos traballos, realizando a verificación visual e sistemática do producto final.

* Preocupación pola aplicación de procedementos normalizados na realización de tarefas básicas de montaxe, mantemento e axuste.

Compromiso coas obrigas asociadas ó traballo:

* Responsabilidade na conservación das ferramentas, útiles e instrumentación, facendo por iniciativa propia o mantemento máis usual.

* Hábito de realiza-las operacións de montaxe e mantemento seguindo normas e recomendacións de seguridade laboral e facendo un uso correcto das ferramentas e da instrumentación.

3.2.3. Módulo profesional 3: desenvolvemento e construcción de prototipos electrónicos:

Asociado á unidade de competencia 3: realizar e ensaiar prototipos electrónicos.

Capacidades terminais elementais

* Describi-la tipoloxía e características dos programas informáticos usados para o debuxo de esquemas electrónicos, seleccionando os parámetros que os configuran para un uso axeitado deles.

* Realiza-la selección de compoñentes e os seus atributos nas librerías, creándoos se non existen e situándoos no formato elixido a partir das especificacións dos circuítos.

* Confeccionar esquemas de aplicacións electrónicas realizando a interconexión dos compoñentes, seguindo procedementos normalizados en debuxo de circuítos.

* Elaborar bases de datos que conteñan a documentación dos esquemas realizados, indicando as características técnicas e funcionais de cada un.

* Describi-la tipoloxía e características dos programas informáticos usados para o deseño de circuítos impresos, seleccionando os parámetros que os configuran para un uso correcto deles.

* Precisa-las características funcionais requiridas polo deseño de circuítos impresos, seleccionando os compoñentes e os seus atributos nas librerías, ou creándoos se é preciso, situándoos no formato elixido a partir das especificacións dos circuítos.

* Defini-la forma e tamaño de placas de circuíto impreso, situando os compoñentes con criterios de optimización do espacio, seguridade térmica, eléctrica e electromagnética.

* Aplica-las técnicas de trazado manual e/ou automático de pistas de circuítos impresos, dunha ou dúas caras, entre os diferentes compoñentes a partir das listaxes de conexións.

* Elaborar bases de datos que conteñan a documentación das placas realizadas, indicando as características técnicas e funcionais de cada unha.

* Realiza-las copias impresas dos diferentes circuítos, placas, listaxes de compoñentes e das diferentes fases da realización dos prototipos.

* Confecciona-la documentación técnica de construcción e montaxe de circuítos electrónicos en formato normalizado, utilizando as ferramentas informáticas de deseño de forma que responda ás diferentes fases da construcción de prototipos.

* Diferencia-las placas para a montaxe de compoñentes de inserción e de montaxe superficial, identificando os tipos de dieléctrico e seleccionando os axentes de revelado, gravado e decapado para usar no proceso de construcción de circuítos.

* Executa-los procesos de tradeado manual e/ou automatizado, metalizado de trades, fotosensibilización, revelado, gravado, decapado e serigrafado das placas de circuíto impreso, seguindo métodos normalizados e baixo as normas de seguridade.

* Revisa-los diferentes procesos de montaxe manual e automática de compoñentes de inserción, compoñentes superficiais e técnicas de soldadura manual e automática, coas máquinas, ferramentas e secuencias de cada operación.

* Realiza-la montaxe manual de placas de circuíto impreso, definindo o procedemento para seguir de acordo coa documentación técnica, utilizando as ferramentas e os materiais axeitados.

* Confeccionar placas de circuíto impreso de forma automatizada, programando a máquina de montaxe de compoñentes seguindo as súas instruccións, elixindo o proceso de soldadura en función dos compoñentes e do tipo de placa utilizados.

* Diferencia-las características de análise estática e análise funcional dun prototipo electrónico, establecendo o tipo de alimentación eléctrica para o seu correcto funcionamento.

* Realiza-las conexións dos prototipos verificando o seu funcionamento, aplicando procedementos de proba e axuste establecidos na documentación técnica.

* Precisar e aplicar procedementos axeitados de control de calidade a partir da revisión dos compoñentes e materiais do proceso de montaxe e do prototipo final.

* Establecer e pór en práctica procedementos axeitados de control de fiabilidade a partir das análises térmicas, eléctricas, mecánicas, de humidade e da vida do producto.

* Elaborar informes-memoria das actividades desenvolvidas, dos resultados obtidos e dos medios utilizados, estructurándoas nos puntos precisos para unha adecuada documentación.

Contidos (duración 220 horas)

Contidos procedementais

Elaboración de esquemas electrónicos con soporte informático:

* Aplicacións informáticas usadas na creación de esquemas electrónicos. Selección, obtendo a súa tipoloxía e características.

* Compoñentes requiridos. Selección nas librerías do programa ou creación se non existen, editando os seus atributos.

* Interconexións entre compoñentes. Realización seguindo procedementos normalizados e listaxes de conexións.

* Documentación do circuíto:

-Configuración de arquivos con listas de material e anotacións.

-Obtención de copias impresas a través dos periféricos informáticos.

Deseño de circuítos impresos con soporte informático:

* Características funcionais e técnicas das placas. Definición segundo as diferentes necesidades.

* Aplicacións informáticas usadas na creación de esquemas electrónicos. Selección, obtendo a súa tipoloxía e características.

* Compoñentes requiridos:

-Selección nas librerías do programa ou creación, se non existen.

-Edición dos atributos.

-Definición do tamaño e forma da placa do circuíto impreso.

* Técnicas de trazado de pistas:

-Definición segundo as especificacións realizadas.

-Realización do trazado manual e/ou automático de pistas entre os diferentes compoñentes, a partir das listas de conexións, situando os compoñentes de forma óptima e tendo en conta as medidas de seguridade térmica electromagnética.

* Documentación do circuíto:

-Configuración de arquivos con listas de material e anotacións.

-Obtención de copias impresas a través dos periféricos informáticos.

Confección da documentación técnica para a construcción de placas de circuíto impreso e montaxe de prototipos:

* Esquemas eléctrico/electrónico. Confección no formato normalizado.

* Listaxes de materiais precisos. Realización agrupándoos de acordo coa súa tipoloxía, funcionalidade e características.

* Listaxes de conexións. Elaboración para usalo como elemento de comprobación.

* Documentación de placas de circuíto impreso. Confección en formato normalizado e compostas polas máscaras de soldadura, máscaras de pistas e planos de tradeado.

* Planos necesarios para a montaxe dos compoñentes dos circuítos. Realización de forma que responda ás distintas fases da construcción dos prototipos.

Construcción de circuítos impresos para prototipos:

* Técnicas necesarias:

-Clasificación das placas en función do tipo de dieléctrico e do tipo de montaxe.

-Confección do método de actuación.

-Selección de útiles e productos adecuados á realización.

-Selección dos materiais para empregar na realización de placas.

-Realización de cada un dos procesos con meticulosidade, seguindo as normas de seguridade.

* Informe-memoria da construcción de placas de circuíto impreso. Elaboración, estructurando os resultados obtidos para unha adecuada documentación.

Realización da montaxe de compoñentes electrónicos nas placas de circuíto impreso:

* Técnicas de montaxe:

-Definición do proceso que se vai seguir, segundo a documentación técnica.

-Selección das ferramentas e materiais axeitados.

-Realización da montaxe dos compoñentes, seguindo procedementos establecidos e baixo as normas de seguridade.

-Inspección da placa montada para detecta-los fallos.

* Informe-memoria da realización da montaxe. Elaboración, estructurando os resultados obtidos para unha adecuada documentación.

Selección e aplicación de probas de funcionalidade nos prototipos realizados:

* Técnicas de análise estática e funcional. Identificación das características de cada unha.

* Probas funcionais e de axuste:

-Selección da alimentación eléctrica correcta.

-Realización de conexións cos aparellos de verificación, aplicando as probas establecidas na documentación técnica.

-Realización de axustes e posta a punto.

* Informe-memoria das probas funcionais e axustes. Elaboración, estructurando os resultados obtidos para unha adecuada documentación.

Realización de probas de fiabilidade nos prototipos realizados:

* Características de calidade e fiabilidade. Análise dos conceptos básicos.

* Control de calidade nun prototipo electrónico:

-Selección do procedemento adecuado.

-Comprobación dos materiais de entrada.

-Comprobación das diferentes fases da montaxe e inspección final.

-Aplicación do procedemento de control de calidade establecido.

* Control de fiabilidade nun prototipo electrónico:

-Selección do procedemento adecuado.

-Cuantificación da vida do producto.

-Realización dunha análise térmica, mecánica, eléctrica e de humidade.

-Aplicación do procedemento de control de fiabilidade establecido.

* Informe-memoria das actividades realizadas. Elaboración, estructurando os resultados obtidos para unha adecuada documentación.

Contidos conceptuais

Técnicas de deseño de circuítos impresos:

* Programas informáticos usados na edición de esquemas electrónicos.

* Tipoloxía e características das placas de circuíto impreso.

* Compoñentes das librerías. Deseño e creación, se non existen.

* Técnicas de interconexión dos diferentes compoñentes.

* Diferentes encapsulados na superficie da placa de circuíto impreso definida.

* Técnicas de trazado manual e/ou automático de pistas.

* Arquivos necesarios para a fabricación de tarxetas.

Construcción de placas de circuíto impreso:

* Programas informáticos usados na configuración de circuítos impresos.

* Características funcionais da placa requiridas polo deseño.

* Diferentes axentes de revelado, gravado, insolado e decapado.

* Documentación técnica precisa para a realización da placa.

* Maquinas, ferramentas e materiais necesarios.

Montaxe de compoñentes nas placas de circuíto impreso:

* Compoñentes empregados na montaxe.

* Técnicas de montaxe de placas.

* Técnicas de soldadura.

* Técnicas de inspección visual e de limpeza.

Probas funcionais e axustes:

* Equipos de medida.

* Probas e axustes establecidos na documentación técnica da propia tarxeta.

Control de calidade e fiabilidade:

* Plans de control de calidade e normas en vigor.

* Técnicas de análise de calidade, mecánicas e eléctricas.

* Ensaios de longa duración.

* Ensaios de curta duración.

* Efectos de temperatura nos compoñentes electrónicos.

* Métodos de cálculo e avaliación aproximada da vida dun prototipo.

Contidos actitudinais

Traballo en grupo:

* Colaboración entre os compoñentes do grupo, polo seu propio autocontrol.

* Valoración de calquera idea con cordialidade, respecto e tolerancia co resto dos compañeiros.

* Preocupación por axuda-los compañeiros en tarefas de aprendizaxe.

* Cooperación entre os compoñentes do grupo, segundo a tarefa para realizar e os medios dispoñibles.

Comportamento interpersoal:

* Actitude de apertura cos compañeiros, intercambiando experiencias e procurando as mellores solucións para resolve-los traballos que se van realizar.

* Valoración de calquera idea con cordialidade, respecto e tolerancia co resto dos compañeiros.

* Rigor en argumenta-las ideas propias para a resolución de cada traballo, contrastando cos compañeiros do grupo.

Optimización do traballo na realización de tarefas:

* Preocupación pola autoorganización das secuencias nas operacións de desenvolvemento e construcción de prototipos, tomando decisións de prioridade de traballo, buscando optimiza-la relación entre calidade e tempo.

* Espírito crítico na autoavaliación dos métodos de traballo empregados, buscando mellora-los factores, calidade e tempo empregado.

Realización estructurada do traballo na execución de tarefas:

* Preocupación pola orde no posto de traballo, dispondo as ferramentas, útiles e instrumentos no mellor lugar para ser empregados.

* Comportamento activo para conseguir acabados pulcros dos traballos, realizando a verificación visual e sistemática do producto final.

* Preocupación pola aplicación de procedementos normalizados na realización de tarefas de desenvolvemento e construcción de prototipos.

Compromiso coas abrigas asociadas ó traballo:

* Responsabilidade na conservación das maquinas, ferramentas, útiles e instrumentación, facendo por iniciativa propia o mantemento máis usual.

* Hábito de realiza-las operacións de desenvolvemento e construcción de prototipos seguindo normas e recomendacións de seguridade laboral e facendo un uso correcto das ferramentas e da instrumentación.

Avaliación de resultados:

* Valoración dos traballos efectuados en función dos resultados, tempo utilizado, metodoloxía, os aparellos e a instrumentación utilizada nas tarefas que se van realizar.

* Responsabilidade para emitir un xuízo sobre os criterios utilizados á hora de finalizar un traballo encomendado.

* Preocupación por utiliza-la autoavaliación como ferramenta para a mellora das capacidades persoais.

Coordinación dos recursos humanos:

* Compromiso coa aplicación da lexislación laboral e as condicións dos contratos de cada traballador.

* Preocupación por facilita-la relación entre traballadores, intercambiando coñecementos e actitudes positivas.

* Actitude de apertura das propostas de mellora da calidade e da productividade do servicio por parte dos traballadores.

3.2.4. Módulo profesional 4: mantemento de equipos electrónicos:

Asociado á unidade de competencia 4: realiza-lo mantemento de equipos electrónicos.

Capacidades terminais elementais

* Analiza-las características técnicas e funcionais dos equipos electrónicos, interpretando a documentación técnica e identificando as diferentes partes mecánicas e electrónicas.

* Clasifica-la tipoloxía e características das avarías de natureza mecánica, en función dos efectos que producen nos equipos, describindo procedementos xerais e medios técnicos específicos necesarios para a súa localización.

* Realiza-las operacións de montaxe e desmontaxe dos subconxuntos mecánicos dun equipo electrónico, utilizando as ferramentas axeitadas con precisión e destreza, baixo as normas de seguridade persoal e do equipo.

* Localizar e reparar avarías de natureza mecánica nos equipos electrónicos, seguindo procesos xerais e sistemáticos, realizando modificacións ou substitucións, axustes e medidas precisas, empregando a documentación técnica e medios específicos, respectando as normas de calidade e seguridade.

* Clasifica-la tipoloxía e características das avarías de natureza electrónica, en función dos efectos que producen nos equipos, describindo procedementos xerais e medios técnicos específicos necesarios para a súa localización.

* Realiza-las operacións de montaxe/desmontaxe ou substitución de elementos electrónicos de inserción ou superficiais, utilizando as ferramentas axeitadas con precisión e destreza, baixo as normas de seguridade persoal e do equipo.

* Localizar e reparar avarías de natureza electrónica, seguindo procesos xerais e sistemáticos, realizando modificacións ou substitucións, axustes e medidas precisas, empregando a documentación técnica e medios específicos, respectando as normas de calidade e seguridade.

* Definir un parte de avarías estándar de mantemento, analizando a utilidade que ten a realización dun ficheiro de históricos de avarías e estatísticas de mantemento de equipos electrónicos.

* Identifica-los puntos críticos dun equipo a partir da consulta de ficheiros de históricos de avarías e estatísticas de mantemento, utilizando a documentación técnica.

* Establece-la secuencia de probas e ensaios encamiñados á realización do proceso de diagnose de avarías nun equipo electrónico a partir da documentación técnica e do ficheiro histórico, documentando o proceso, avaliando a conveniencia de introduci-las novas tecnoloxías no proceso que se está seguindo e recollendo a información necesaria para ser utilizada por técnicos de mantemento.

* Deseñar, construír e pór a punto un prototipo de instrumento específico, incluíndo hardware e/ou software, que facilite e optimice a diagnose de avarías nun equipo electrónico, documentando adecuadamente o proceso de construcción e o procedemento de utilización.

* Confeccionar un programa de traballo dun taller de mantemento a partir de condicións técnicas e prioridades, aplicando métodos de control do traballo en función das operacións e tempos específicos, creando e mantendo un instrumento informático para xestiona-lo histórico de avarías, xeral e individual de cada equipo.

* Explica-los diferentes procesos de mantemento, describindo as técnicas e os instrumentos utilizados na planificación e programación das actividades dun taller de mantemento de equipos electrónicos.

* Determina-la organización dun almacén de recambios e os procedementos de mantemento do stock mínimo, a partir de técnicas xerais de xestión de almacén.

* Elaborar informes-memoria das actividades desenvolvidas e dos resultados obtidos, estructurándoas nos apartados precisos para unha adecuada documentación.

Contidos (duración 180 horas)

Contidos procedementais

Diagnose e localización de avarías de natureza mecánica nos equipos electrónicos:

* Tipoloxía e síntomas das avarías. Identificación e clasificación segundo os efectos que producen no equipo.

* Medios técnicos específicos. Descrición das técnicas e procedementos xerais para a diagnose e localización de avarías.

* Documentación técnica. Análise e interpretación, identificando os diferentes bloques funcionais e os parámetros característicos.

* Elementos do conxunto mecánico. Descrición do funcionamento de cada un.

* Causas de posibles avarías. Elaboración dun sistema de intervención no equipo para descubri-la causa ou causas das avarías.

Reparación de avarías de natureza mecánica nos equipos electrónicos:

* Ferramentas e instrumentos axeitados. Selección.

* Materiais precisos. Preparación.

* Elementos do conxunto mecánico:

-Descrición e realización das operacións de montaxe e desmontaxe, respectando as normas de seguridade persoal e dos equipos.

-Localización, reparación e/ou substitución de subconxuntos mecánicos, aplicando procedementos adecuados, nun tempo axeitado e coa calidade precisa.

* Medidas e axustes. Realización, verificando o bo funcionamento do equipo.

* Informe-memoria das actividades realizadas. Elaboración, estructurando os resultados obtidos de forma axeitada para crear/actualizar un histórico de avarías.

Diagnose e localización de avarías de natureza eléctrica nos equipos electrónicos:

* Tipoloxía e síntomas das avarías. Identificación e clasificación segundo os efectos que producen no equipo.

* Medios técnicos específicos. Descrición das técnicas e procedementos xerais para a diagnose e localización de avarías.

* Documentación técnica. Análise e interpretación, identificando os diferentes bloques funcionais e os compoñentes específicos.

* Causas de posibles avarías. Elaboración dun sistema de intervención no equipo para descubri-la causa ou causas das avarías.

Reparación de avarías de natureza eléctrica nos equipos electrónicos:

* Ferramentas e instrumentos axeitadas. Selección.

* Materias e compoñentes precisos. Preparación.

* Elementos electrónicos de inserción ou montaxe superficial:

-Descrición e realización das operacións de montaxe e desmontaxe, respectando as normas de seguridade persoal e dos equipos.

-Localización, substitución ou modificación seguindo as normas e procedementos adecuados, coa calidade precisa e nun tempo axeitado.

* Medidas e axustes. Realización, verificando o bo funcionamento do equipo.

* Informe-memoria das actividades realizadas. Elaboración, estructurando os resultados obtidos de forma axeitada para crear-actualizar un histórico de avarías.

Análise das técnicas e os útiles específicos para a diagnose e localización de avarías nos equipos electrónicos:

* Procedementos xerais usados na definición de útiles específicos de mantemento, baseados na aplicación de sistemas microprogramables. Análise e clasificación segundo as súas características.

* Parte de avarías estándar de mantemento. Definición.

* Histórico xeral de avarías e dos equipos. Elaboración e análise da utilidade nun servicio de mantemento.

* Follas de servicio interno dun taller de mantemento. Descrición da utilidade na estatística de avarías.

* Fundamentos e técnicas de mantemento predictivo por telediagnose. Descrición.

* Procedemento de optimización para a diagnose de avarías:

-Selección da documentación para mellora-los procesos de mantemento.

-Detección dos puntos críticos mediante a consulta do histórico de avarías.

-Deseño dun plan de probas e ensaios optimizando as fases e procedementos para seguir.

-Documentación do proceso coa información suficiente para ser utilizada polos técnicos de mantemento.

-Avaliación da posibilidade de introduci-las novas tecnoloxías no proceso de diagnose.

-Desenvolvemento, construcción e posta a punto dun instrumento específico (hardware e/ou software) que optimice a diagnose de avarías, documentando adecuadamente o prototipo con planos esquemas e instruccións de manexo.

Organización da loxística e dos procedementos de intervención dun taller de mantemento de equipos electrónicos:

* Tipos de mantemento nun taller de equipos electrónicos:

-Descrición das características de cada un.

-Descrición das técnicas e instrumentos específicos para a planificación das actividades.

-Selección da documentación técnica, clasificándoa para facilita-la súa utilización.

* Mantemento preventivo dos equipos electrónicos. Planificación.

* Criterios xerais de compras de material. Definición.

* Almacén de repostos. Deseño e organización, usando técnicas de stock de material.

* Cargas de traballo. Distribución en función dos equipos, condicións técnicas e prioridades.

* Histórico de avarías no servicio de mantemento. Xestión e habilitación do instrumento informático.

* Equipo de técnicos. Formación dándolles prioridade á fiabilidade, á calidade e ó trato cos clientes.

Contidos conceptuais

Tipoloxía e características das avarías de natureza mecánica nos equipos electrónicos:

* Síntomas das avarías mecánicas e efectos que producen no equipo.

* Técnicas e medios específicos usados no mantemento do conxunto mecánico.

* Documentación técnica e árbore de avarías.

* Función que realiza cada un dos elementos do conxunto mecánico.

* Normas de calidade e seguridade dos elementos do conxunto mecánico.

* Útiles específicos e instrumentos básicos de medida.

* Medidas e axustes dos parámetros do conxunto mecánico, segundo o precisado na documentación dos equipos.

Tipoloxía e características das avarías de natureza eléctrica nos equipos electrónicos:

* Síntomas das avarías electrónicas e efectos que producen no equipo.

* Técnicas e medios específicos usados no mantemento do conxunto electrónico.

* Documentación técnica e árbore de avarías.

* Función que realiza cada un dos compoñentes do conxunto electrónico.

* Normas de calidade e seguridade dos elementos do conxunto.

* Útiles específicos, instrumentos básicos de medida e ficheiros de históricos de avarías.

* Medidas e axustes dos parámetros do conxunto electrónico, segundo o precisado na documentación dos equipos.

Procedementos e útiles específicos de mantemento de equipos electrónicos:

* Procedementos xerais utilizados.

* Mantemento preventivo. Plans de actuación.

* Mantemento correctivo. Procedementos de intervención. Útiles e ferramentas hardware e software específicos.

* Mantemento predictivo. Técnicas e equipos.

* Partes de avarías e follas de servicio.

* Ficheiros de históricos de avarías xeral e individual dos equipos.

* Procesos de mantemento baseados en sistemas microprogramables.

* Telediagnose e técnicas de mantemento preventivo.

Xestión e loxística dun taller de mantemento de equipos electrónicos:

* Diferentes tipos de mantemento.

* Instrumentos específicos utilizados na planificación e programación dos diferentes tipos de mantemento.

* Instrumentos específicos utilizados na planificación e programación dos diferentes tipos de mantemento.

* Técnicas de xestión do almacén e de stock mínimo necesario.

* Cargas de traballo, condicionantes técnicas e de prioridade.

* Soporte informático para a xestión do histórico de avarías.

* Equipo técnico e prioridades nos procesos de intervención.

Contidos actitudinais

Traballo en grupo:

* Colaboración entre os compoñentes do grupo, polo seu propio autocontrol.

* Valoración de calquera idea con cordialidade, respecto e tolerancia co resto dos compañeiros.

* Preocupación por axuda-los compañeiros en tarefas de aprendizaxe.

* Cooperación entre os compoñentes do grupo, segundo a tarefa que se vai realizar e os medios dispoñibles.

Comportamento interpersoal:

* Actitude de apertura cos compañeiros, intercambiando experiencias e buscando as mellores solucións para resolve-los traballos que se van realizar.

* Valoración de calquera idea con cordialidade, respecto e tolerancia co resto dos compañeiros.

* Rigor en argumenta-las ideas propias para a resolución de cada traballo contrastando cos compañeiros do grupo.

Optimización do traballo na realización de tarefas:

* Preocupación pola autoorganización das secuencias nas operacións de reparación e mantemento, tomando decisións de prioridade e cargas de traballo, buscando optimiza-la relación entre calidade e tempo.

* Espírito crítico na autoavaliación dos métodos de traballo empregados buscando mellora-los factores, calidade e tempo empregado.

Realización estructurada do traballo na execución de tarefas:

* Preocupación pola orde no posto de traballo, dispondo as ferramentas, útiles e instrumentos no mellor lugar para ser empregados.

* Comportamento activo para conseguir acabados pulcros dos traballos, realizando a verificación visual e sistemática do producto final.

* Preocupación pola aplicación de procedementos normalizados na realización de tarefas básicas de reparación, mantemento e axuste.

Compromiso coas abrigas asociadas ó traballo:

* Responsabilidade na conservación das ferramentas, útiles e instrumentación, facendo por iniciativa propia o mantemento máis usual.

* Hábito de realiza-las operacións de montaxe e mantemento, seguindo normas e recomendacións de seguridade laboral e facendo un uso correcto das ferramentas e da instrumentación.

Avaliación de resultados:

* Valoración dos traballos efectuados en función dos resultados, tempo utilizado, metodoloxía, os aparellos e a instrumentación utilizada nas tarefas para realizar.

* Responsabilidade para emitir un xuízo sobre os criterios utilizados á hora de finalizar un traballo encomendado.

* Preocupación por utiliza-la autoavaliación como ferramenta para a mellora das capacidades persoais.

Coordinación dos recursos humanos:

* Compromiso coa aplicación da lexislación laboral e as condicións dos contratos de cada traballador.

* Preocupación por facilita-la relación entre traballadores intercambiando coñecementos e actitudes positivas.

* Actitude de apertura das propostas de mellora da calidade e da productividade do servicio por parte dos traballadores.

3.2.5. Módulo profesional 5: administración, xestión e comercialización na pequena empresa:

Asociado á unidade de competencia 5: realiza-la administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller.

Capacidades terminais elementais

* Analiza-las diferentes formas xurídicas vixentes de constitución dunha empresa.

* Identifica-la forma xurídica máis idónea segundo os obxectivos, os recursos dispoñibles e características da actividade económica da empresa.

* Determina-la localización física, o ámbito de actuación, a demanda potencial, a estructura organizativa e a rendibilidade do proxecto empresarial, segundo o estudio de mercado existente, así como as normas urbanísticas e ambientais que regulan a actividade.

* Identifica-los trámites administrativos e os requisitos formais que se esixen para a constitución dunha empresa, segundo a forma xurídica.

* Identifica-las fontes de financiamento propias e alleas, así como as subvencións e axudas ofrecidas polas diferentes administracións públicas.

* Determina-las necesidades de formación do persoal e as formas de contratación máis adecuadas segundo as características da empresa e o tipo de actividade.

* Formaliza-la documentación necesaria para a constitución dunha empresa e a documentación básica para o desenvolvemento da súa actividade económica.

* Defini-las obrigas mercantís, fiscais e laborais esixidas a unha empresa no desenvolvemento da súa actividade.

* Identifica-los impostos indirectos, os directos e os municipais que afectan a unha empresa.

* Aplica-las técnicas básicas da negociación con clientes e provedores.

* Identifica-las ofertas de productos ou servicios máis vantaxosas con relación ó prezo de mercado, o prazo de entrega, a calidade, o transporte, o desconto, o volume de pedido, as condicións de pagamento, a garantía e a atención posvenda.

* Describi-las formas máis habituais de promoción de vendas en función do tipo de producto ou servicio.

* Elaborar un proxecto de creación dunha pequena empresa que inclúa os obxectivos, a organización, a localización, os plans de investimento, de financiamento e comercialización e a rendibilidade do proxecto.

Contidos (duración 80 horas)

Contidos procedementais

* Identificación dos distintos tipos de empresas.

* Descrición dos requisitos legais mínimos esixidos para a constitución da empresa, segundo a súa forma xurídica.

* Selección da forma xurídica máis adecuada para unha empresa, explicando vantaxes e inconvenientes, a partir duns datos supostos sobre capital dispoñible, riscos que se van asumir, tamaño da empresa e número de socios.

* Identificación dos requisitos necesarios para a constitución dunha empresa: obrigas formais, trámites administrativos, documentación legal e organismos con competencia.

* Comparación e clasificación das diferentes fontes de financiamento da empresa.

* Determinación das características básicas dos distintos tipos de contratos laborais, establecendo as súas diferencias respecto á duración do contrato, tipo de xornada, subvencións e exencións.

* A partir duns datos concretos, cubri-los seguintes documentos: factura, albará, nota de pedido, letra de cambio, cheque e recibo, explicando a finalidade de cada un deles.

* Interpretación dos diferentes documentos contables.

* Determinación da oferta máis vantaxosa de productos ou servicios existentes no mercado, en función de prezo, prazo de entrega, calidade, transporte, desconto, volume de pedido, condicións de pagamento, garantía e atención posvenda.

* Descrición dos medios máis habituais de promoción de vendas en función do tipo de producto ou servicio.

* Recoñecemento das diferentes técnicas de vendas.

* Formalización da folla de salario e de liquidación da Seguridade Social.

* Identificación dos distintos impostos que afectan a empresa.

* Definición dun proxecto de creación dunha empresa:

-Descrición dos obxectivos empresariais.

-Estudio económico do mercado.

-Selección da forma xurídica.

-Determinación das xestións de constitución.

-Xustificación da localización.

-Definición da organización e dos recursos económicos, financeiros e humanos.

-Valoración da viabilidade.

Contidos conceptuais

A empresa e o seu contorno:

* Estructura básica da empresa e as súas distintas formas de organización.

* Proceso de creación dunha empresa: localización e dimensión legal.

Formas xurídicas das empresas:

* A forma xurídica da empresa: empresario individual, as sociedades mercantís e as cooperativas.

Xestión de constitución dunha empresa:

* Financiamento da empresa: financiamento con fondos propios, financiamento con recursos alleos e subvencións. Custo da empresa.

Xestión do persoal:

* Tipos de contratos laborais.

* Réxime de autónomos.

* Retribución salarial.

* Cotizacións á Seguridade Social.

Xestión administrativa:

* Documentación mercantil: pedido, albará, factura, recibo, cheque e letra de cambio.

* Os libros contables e contas anuais.

* Cálculo do custo, beneficio e prezo de venda.

Xestión comercial:

* O producto ou servicio: características e requisitos.

* A función de compras: prezo, prazo e forma de entrega.

* A función de vendas: técnicas de vendas, política de prezos, bonificacións e descontos.

* A distribución do producto: canles e modalidades.

* A comunicación: publicidade e promoción de vendas, atención ó cliente e servicios posvenda.

Obrigas fiscais:

* O calendario fiscal.

* Os principais impostos que afectan a actividade empresarial: directos, indirectos e municipais.

* Liquidación do IVE.

* Liquidación do IRPF.

Contidos actitudinais

* Valoración e cumprimento das normas legais nos procesos de constitución e xestión da empresa.

* Argumentación sobre o tipo de empresa, recursos humanos, fontes de financiamento, investimentos e estructura organizativa e funcional.

* Rigorosidade na formalización dos documentos relacionados coa actividade empresarial.

* Autosuficiencia na busca e tratamento da información para a creación do proxecto empresarial.

* Cordialidade no trato coas persoas que se relacionan coa empresa.

* Interese polos novos métodos de traballo que se propoñen na xestión dunha empresa.

* Valoración da mentalidade emprendedora e creativa na empresa.

* Achega de solucións adecuadas na busca das formas de actuación e de organización das tarefas, así como nas accións relacionadas co proxecto de creación dunha empresa.

* Motivación no establecemento do plan de promoción da empresa e do producto ou servicio.

3.3. Módulos profesionais transversais:

3.3.1. Módulo profesional 6: relacións no contorno de traballo:

Capacidades terminais elementais

* Describi-las distintas vías e sentidos da comunicación no ámbito laboral que permitan recibir e emitir instruccións e información, así como intercambiar ideas, asignar tarefas e coordinar proxectos.

* Utilizar eficazmente os sistemas de información no medio laboral.

* Analiza-los conflictos que se orixinen no contorno de traballo e darlles resposta mediante a negociación e participación de tódolos membros do grupo.

* Aplica-lo método adecuado para preparar unha negociación identificando as estratexias idóneas para a resolución de conflictos na empresa.

* Identifica-los aspectos que caracterizan o proceso de toma de decisións respectando e tendo en conta as opinións dos demais.

* Liderar un equipo de traballo adoptando o estilo máis apropiado en cada situación.

* Analizar comparativamente as funcións de dirección ou mando e as de liderado tendo en conta o tipo de autoridade que se exerce e a responsabilidade que entrañan as tarefas e compromisos asumidos.

* Conducir, moderar e/ou participar en reunións colaborando activamente ou conseguindo a colaboración dos participantes.

* Describi-las teorías e principios que sustentan a dinámica de grupos así como as vantaxes do traballo en grupo fronte ó traballo individual.

* Impulsa-lo proceso de motivación no contorno laboral, facilitando a mellora no ambiente de traballo e o compromiso das persoas cos obxectivos da empresa.

* Dinamiza-los factores que favorecen a motivación no traballo e en especial as políticas xerais de empresa sobre recursos humanos.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Comunicación na empresa:

* Producción de documentos.

* Descrición das diferentes formas e tipos de envío de información e documentación.

* Identificación das alteracións producidas na comunicación dunha mensaxe, na que existe disparidade entre o emitido e o percibido.

* Análise dos procedementos de control de entrada e saída de documentación e información.

Conflictos:

* Identificación da existencia dun conflicto.

* Análise das causas do conflicto.

* Selección da alternativa adecuada para a resolución do conflicto.

* Elección de supostos conflictivos de actualidade co obxecto de elaborar un método para a recollida de información do conflicto, avaliación dos intereses postos en xogo e procedemento interno para a súa solución.

Negociación:

* Identificación dos principais aspectos da negociación.

* Aplicación das técnicas concretas de negociación.

* Peche da negociación.

Toma de decisións:

* Identificación dos aspectos que caracterizan o proceso de toma de decisións.

* Análise dos factores que inflúen nunha decisión.

* Determinación da alternativa máis adecuada aplicando o método de busca.

Liderado:

* Análise comparativa das funcións de dirección e as de liderado, tendo en conta o tipo de autoridade que se exerce.

* Investigación mediante entrevistas ou observacións sobre qué estilo de mando predomina nas empresas do sector.

* Delimitación do papel e competencias do mando intermedio.

Conducción e dirección de equipos de traballo:

* Análise da incidencia da dinámica de grupos no mundo laboral.

* Selección da técnica de traballo en grupo máis adecuada en función das variables grupais.

* Determinación das habelencias sociais máis elementais para conducir unha reunión de traballo.

* Identificación das distintas tipoloxías de participantes.

* Descrición de problemas que se poden desencadear no desenvolvemento dunha reunión e proposta de solución.

* Simulación do desenvolvemento dunha reunión de traballo na que se debe tomar unha decisión sobre un problema laboral.

Motivación no contorno laboral:

* Análise do proceso de motivación tomando exemplos da realidade.

* Identificación dos elementos do proceso da motivación diferenciando o significado de cada un deles.

* Contraste das teorías da motivación establecendo relacións entre elas.

* Análise da actitude humana ante o traballo.

* Selección de incentivos segundo as actitudes constatadas.

* Aplicación de incentivos e efectos deles.

Contidos conceptuais

A comunicación na empresa:

* Tipos de comunicación.

* Etapas dun proceso de comunicación.

* Canles e redes de comunicación.

* Dificultades e barreiras na comunicación.

* Recursos para manipula-los datos da percepción.

* Comunicación na empresa.

* Control da información.

Conflictos:

* Clases.

* Causas.

* Formas de exteriorización.

* Solución de conflictos.

Negociación:

* Condicións.

* Estilos de negociación.

* Fases nunha negociación.

Toma de decisións:

* Factores que inflúen na toma de decisións.

* Fases do proceso decisorio.

* Tipos de decisións.

Liderado:

* Características.

* Teorías do liderado.

* Estilos de dirección.

* Supervisión do traballo.

* Delegación eficaz.

* Políticas de empresa.

Conducción e dirección de equipos de traballo:

* Características dos grupos.

* Funcionamento dos grupos.

* Técnicas de dinámica e dirección de grupos.

* Tipos de reunións.

* Preparación de reunións.

* Desenvolvemento.

* Problemas que presentan as reunións.

Motivación no contorno laboral:

* Concepto.

* Principais teorías de motivación.

* Factores motivacionais.

* Sistemas de motivación no contorno laboral: programas de formación, políticas salariais.

Contidos actitudinais

A comunicación na empresa:

* Coidado na elaboración e a transmisión de mensaxes para facilita-la súa comprensión.

* Reacción creativa ante as barreiras comunicativas.

* Aceptación da necesidade de integra-los propios comunicados nun sistema de información empresarial planificado.

* Hábito e capacidade para o manexo de grandes bloques de información sintetizando o seu contido en función dos obxectivos e destinatarios.

Conflictos:

* Cordialidade á hora de establecer relacións cos demais.

* Respecto ante opinións, conductas ou ideas non coincidentes coas propias, demostrando unha actitude tolerante con elas.

* Comportamento hábil para manipular situacións de confrontación entre individuos.

* Comportamento responsable e coherente para resolver un conflicto.

Negociación:

* Sensibilización para capta-los matices dunha negociación, valorando as súas implicacións.

* Imparcialidade á hora de escoitar cada unha das partes.

* Apreciación do poder de influencia.

* Destreza para elixi-la alternativa de resolución máis adecuada.

Toma de decisións:

* Toma de conciencia da importancia que implica o proceso de toma de decisións para a vida persoal, social e laboral.

* Valoración crítica das técnicas que se utilizan na resolución de problemas.

* Predisposición responsable para acepta-la toma de decisión que o grupo considerase como a máis adecuada.

* Responsabilidade na acción de integra-las decisións adoptadas no ámbito laboral.

Liderado:

* Valoración da entrega e a responsabilidade que implican as funcións de dirección.

* Coidado no modo e a forma de organizar e dirixi-las tarefas dos subordinados.

* Aplicación dos mecanismos necesarios para realizar unha delegación eficaz.

* Interese e curiosidade por descubri-las posibilidades e tipos de liderado nun mesmo e nos membros dos grupos ós que pertencemos.

Conducción/dirección de equipos de traballo:

* Fomento de iniciativas dirixidas ó traballo en grupo.

* Toma de conciencia de que a participación e colaboración son necesarias para o logro dos obxectivos da empresa.

* Valoración do papel e competencias do mando intermedio nunha organización.

* Respecto polas persoas e a súa liberdade individual dentro dun grupo social.

Motivación no contorno laboral:

* Valoración da influencia da motivación no desenvolvemento profesional.

* Responsabilidade ante os prexuízos existentes acerca das actividades humanas no mundo laboral.

* Fomento dos sistemas de motivación de carácter responsable, creativo e que potencien o desenvolvemento persoal.

3.3.2. Módulo profesional 7: calidade.

Capacidades terminais elementais

* Describir no formato axeitado os principios básicos da calidade, para comprende-la súa aplicación na industria, utilizando o vocabulario axeitado.

* Interpreta-la información técnica da infraestructura da política industrial sobre calidade en Galicia e no resto do Estado para analiza-los modos de actua

ción e os plans de calidade vixentes, utilizando as diversas publicacións das entidades competentes en materia de calidade industrial.

* Analizar, baixo a información técnica, os distintos sectores ós que se lles aplica na actualidade a calidade industrial para a súa análise, utilizando as diversas publicacións das entidades competentes en materia de calidade industrial.

* Identificar nunha estructura organizativa os elementos característicos de calidade do sistema, para aplicalos a unha pequena empresa segundo a súa organización e actividade productiva.

* Identificar nun plano de calidade os compoñentes que interveñen no seu custo, para interpreta-la influencia de cada un deles, utilizando manuais e documentación técnica referente á calidade.

* Aplicar, en supostos prácticos sinxelos, as diferentes técnicas de identificación das características que afectan á calidade para obter certos graos de fiabilidade nos datos, utilizando a información técnica axeitada.

* Aplicar, en supostos prácticos de montaxe e mantemento de equipos e instalacións electrónicas, as principais técnicas de control por variables e/ou por atributos, para mellora-la calidade, realizando cálculos e gráficos que permitan a interpretación da fiabilidade e características do equipo.

* Establecer nunha pequena empresa a estructura organizativa necesaria para que o plano de calidade se adecúe á política de calidade da empresa, utilizando procedementos estandarizados.

* Determinar, nunha pequena empresa, o sistema de calidade axeitado para integra-las etapas de inspección, control do proceso, control integral da calidade e calidade total, de tal xeito que cada unha se incorpore na devandita e a última en todas elas.

* Elaborar nun formato axeitado a documentación necesaria para a definición, aplicación, seguimento e avaliación dun plano de calidade dunha pequena empresa, utilizando os procedementos estandarizados.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Fundamentos da xestión e calidade na empresa:

* Análises dos elementos do sistema de calidade aplicables á estructura organizativa e actividade productiva.

* Análises das funcións e responsabilidades específicas de calidade que poderían estar distribuídas na organización da empresa.

* Análises das funcións específicas dos elementos da organización da calidade, da interrelación entre eles e da estructura organizativa das empresas.

Xestión do control de calidade na producción:

* Nun suposto práctico dunha empresa dedicada ó deseño ou mantemento de equipos eléctricos:

-Localización das montaxes de conxuntos ou subconxuntos que impliquen a dificultade ou imposibilidade de realización.

-Detección da factibilidade de fabricación para cada elemento ou dimensión crítica, atendéndose ó criterio da capacidade do proceso ou máquina das instalacións do taller.

-Descrición dos criterios de valoración das características para controlar.

-Determinación do tamaño de mostra en función da fiabilidade requirida.

-Elaboración de especificacións de control para subministración, control do producto e procesos a partir de procedementos establecidos.

-Interpretación e coparticipación no proceso de corrección de erros e desviacións que se produzan durante o proceso de control.

-Solución de continxentes consultando as fontes de información pertinentes.

Xestión de calidade no deseño. Calidade funcional:

* Seguimento no desenvolvemento do deseño.

* Deducción do tipo de traballo ou aplicación para o que está deseñado.

* Identificación dos puntos débiles dun deseño.

* Determinación das verificacións a que deben ser sometidos os prototipos para detecta-las súas deficiencias.

* Comparación do deseño coa normativa técnica, legal e de seguridade que debe cumprir.

* Identificación das discrepancias entre as características e parámetros do elemento deseñado e as especificacións de deseño que debe cumprir.

* Determinación da congruencia das tolerancias mediante o seu cálculo funcional.

* Valoración das incidencias dos fallos.

* Elaboración dun AMFE de deseño a un elemento crítico dun conxunto.

* Identificación dos erros.

* Xustificación das achegas efectuadas á mellora do deseño.

* Formulación de conclusións a partir de valores obtidos nunha experimentación a través dun deseño de experimentos.

* Elaboracións de especificacións de control para a calidade nun deseño e para a proba funcional.

* Realización de informes propondo e xustificando as melloras de deseño detectadas na fase de comprobación do deseño.

* Execución das operacións conforme a métodos establecidos.

* Recompilación de datos que caracterizan as ocupacións e os seus procedementos de inserción laboral.

Contidos conceptuais

Fundamentos da xestión e calidade na empresa:

* Conceptos xerais. Principios e evolución do concepto de calidade.

* Concepto de calidade total. A mellora continua. Modelo europeo de calidade total. Axentes e resultados.

* Elementos integrantes do sistema de aseguramento da calidade. Normas da serie UNE/EN/ISO 9000. Documentación do sistema. Certificación.

Xestión do control de calidade na producción:

* Pautas e informes de control. Concepto e estructura.

* Fundamentos de estatística e probabilidade. Mostra e poboación. Parámetros que miden a centralización e dispersión. A distribución normal.

* Variabilidade. Gráficas de control por atributos e por variables. Concepto e definición. Criterios de interpretación. Índices de capacidade.

* Control do producto e do proceso. Auditorías do producto. Auditorías do proceso. Metodoloxía xeral. Beneficios. Requisitos.

* Calidade en subministración. Selección de provedores. Homologación do producto. Control de recepción.

* Aplicación da informática ó control de procesos. Estructura. Entrada e saída de datos.

Xestión de calidade no deseño. Calidade funcional:

* Toma de datos. Recompilación. Ponderación. Presentación.

* Diagramas de evolución da xestión, causa-efecto. Pareto, afinidades: de árbore, de correlación, dispersión ou distribución. Concepto e definición. Aplicacións. Realizacións e interpretación.

* Remuíño de ideas (brainstorming). Concepto e definición. Aplicacións. Realización.

* Histogramas. Definición e concepto. Aplicacións. Realización.

* Diagramas de decisión. Definición e concepto. Construcción. Presentación.

* Análise modal de fallos e dos seus efectos (AMFEAMFEC). Concepto e definición. AMFE de deseño. AMFE de proceso. Pasos previos e desenvolvemento. Valoración de características. Seguimento.

* Análise de valor. Definición e concepto. Etapas básicas, fases e técnicas.

* Principios do deseño de experimentos. Definición e concepto. Deseños factoriais. Significancia dos coeficientes.

* Fiabilidade, mantebilidade. Definición e concepto. Factores que interveñen. Medición.

* Dispoñibilidade. Definición e concepto. Relación con fiabilidade e manibilidade. Parámetros de estimación.

* Manuais e informes de calidade de deseño. Concepto. Estructura. Organización. Xestión.

* Homologación de productos. Normativa. Certificación de productos.

* Aplicación da informática ó control de calidade no deseño. Software (xestión de AMFECs, deseño de experimentos...). Estructuras. Entrada e saída de datos.

* Ocupacións relacionadas coas competencias profesionais: condicións de traballo, requisitos de acceso máis característicos.

* Experiencia profesional e formación continua: traxectorias de promoción profesional, reciclaxe máis habitual, institucións que o imparten, estudios universitarios e non universitarios asociados a eles.

Contidos actitudinais

* Respecto e cumprimento dos procedementos e normas de actuación establecidas.

* Actuación responsable no desenvolvemento e execución das actividades propostas.

* Execución dilixente das operacións conforme métodos establecidos.

* Disposición, ó seu nivel, para a toma de decisións coherente ante situacións que o requiren.

* Interese por obter información que permita contrarresta-los intereses profesionais e as actitudes propias.

3.3.3. Módulo profesional 8: técnicas de programación:

Capacidades terminais elementais

* Realiza-la configuración e instalación dos sistemas operativos nos equipos informáticos monousuario, optimizando o aproveitamento dos seus recursos.

* Determina-las características hardware dos equipos informáticos en función das aplicacións que se van utilizar.

* Empregar con destreza as ordes dos sistemas operativos na realización de operacións con dispositivos de almacenamento masivo, subdirectorios e ficheiros.

* Selecciona-las utilidades informáticas que faciliten un manexo máis eficaz do sistema informático, así como o control do seu correcto funcionamento.

* Realizar diagramas xerais e de fluxo para aplicacións de carácter xeral, usando simboloxía normalizada.

* Deseñar algoritmos na resolución de aplicacións de carácter xeral, usando as estructuras básicas de control da programación estructurada e modularizando ó máximo a solución.

* Verificar algoritmos utilizados na resolución de aplicacións de carácter xeral comprobando que resolve tódalas situación que se poden presentar.

* Elaborar programas informáticos básicos na resolución de aplicacións de carácter xeral, por medio da utilización de linguaxes de alto e baixo nivel.

* Verifica-lo correcto funcionamento dos programas informáticos empregados na resolución de aplicacións de carácter xeral, usando as técnicas de depuración máis axeitadas coa aplicación.

* Identificar con precisión as características dos periféricos, así como dos protocolos empregados nas comunicacións entre o ordenador e os periféricos externos.

* Elabora-los programas básicos de comunicación entre o ordenador e periféricos externos mediante a utilización de estándares de comunicación en serie e paralelo.

* Verifica-la idoneidade de programas básicos de comunicación entre o ordenador e os periféricos externos, por medio do diagrama de fluxo elaborado e coas especificacións propostas.

Contidos (duración 185 horas)

Contidos procedementais

Realización de operacións cos equipos, sistemas operativos e programas de utilidades de carácter xeral nun contorno microinformático:

* Sistemas operativos nos equipos informáticos monousuario. Configuración e instalación, optimizando o aproveitamento dos seus recursos.

* Equipos informáticos monousuario. Determinación das características hardware, en función das aplicacións que se van utilizar.

* Comandos dos sistemas operativos:

-Realización de operacións cos dispositivos de almacenamento.

-Realización de operacións cos subdirectorios.

-Realización de operacións no manexo de ficheiros.

* Ficheiros de automatización de procesos por lotes. Realización usando editores de textos.

* Programas de utilidades informáticas de carácter xeral. Selección co fin de optimizar e controla-lo sistema.

* Virus informáticos. Detección e eliminación empregando os programas axeitados.

Deseño de algoritmos para aplicación de carácter xeral:

* Estructuras básicas de control empregadas nos programas estructurados. Clasificación e descrición.

* Sistemas de representación gráfica para os programas informáticos. Exposición, empregando a simboloxía normalizada.

* Aplicacións de carácter xeral:

-Realización do diagrama estructurado.

-Realización do diagrama de fluxo, usando a simboloxía normalizada.

-Determinación do algoritmo que resolva a aplicación, empregando as estructuras básicas de control da programación estructurada.

-Comprobación e verificación do diagrama de fluxo e do algoritmo deseñado.

Elaboración de programas informáticos básicos empregados na resolución de aplicacións informáticas:

* Linguaxes de baixo nivel e alto nivel:

-Comparación das súas características diferenciais.

-Selección do tipo que se debe usar, de acordo coas características da aplicación.

* Estructuras básicas de control. Emprego na codificación do programa.

* Técnicas de depuración. Uso na verificación do correcto funcionamento do programa.

* Subrutinas en linguaxe de baixo nivel; elaboración, enlazándoas co corpo principal do programa.

* Librerías de programa de uso xeral. Creación, estandarizando os módulos ou partes do programa de uso xeral.

* Ficheiros executables. Realización.

Elaboración de programas básicos de comunicación entre o ordenador e os periféricos externos:

* Conectores estándar serie e paralelo. Descrición, indicando a función de cada unha das súas liñas.

* Periféricos. Identificación das súas características.

* Protocolos de comunicación. Determinación do que máis se axuste ás características do periférico.

* Programas de comunicacións:

-Elaboración do diagrama de fluxo utilizando a simboloxía normalizada.

-Codificación do programa.

-Verificación da súa idoneidade.

-Documentación, aplicando procedementos estandarizados.

Contidos conceptuais

Sistemas operativos e utilidades informáticas:

* Introducción ós sistemas operativos. Funcións.

* Sistema operativo: estructura, versións, instalación e configuracións e ordes.

* Programas informáticos de uso xeral: procesadores de texto e bases de datos.

Metodoloxía da programación:

* Estructuras de datos: variables, rexistros, matrices, listas, árbores.

* Programación estructurada: algoritmos, estructuras de control e programación modular.

* Representación gráfica dos algoritmos: ordinogramas e diagramas de fluxo.

Linguaxe C. Ferramentas de desenvolvemento:

* Características xerais da linguaxe C.

* Entidades que manexa a linguaxe C: variables e estructuras de datos.

* Xogo de instruccións da linguaxe: función e sintaxe.

* Declaración e desenvolvemento de funcións de usuario.

* Estructuras dinámicas: punteiros, listas, colas e árbores.

* Codificación e depuración dos programas na linguaxe C.

Desenvolvemento de aplicacións informáticas na linguaxe C:

* Control de periféricos vía interfase paralelo.

* Control de periféricos vía interfase serie.

Contidos actitudinais

Resolución de continxencias:

* Preocupación pola toma de decisións tanto individuais como en grupo, de forma pausada, coherente, argumentando e presupondo as posibles consecuencias de cada posibilidade optando pola solución considerada mellor segundo os criterios establecidos.

* Hábito de corrixi-los erros nos productos realizados, procurando o seu correcto funcionamento.

Traballo en grupo:

* Colaboración entre os compoñentes do grupo, polo seu propio autocontrol.

* Tolerancia ante actitudes e opinións discrepantes, buscando solucións comúns de forma consensuada.

* Preocupación por axuda-los compañeiros en tarefas de aprendizaxe.

* Cooperación entre os compoñentes do grupo segundo a tarefa a realizar e os medios dispoñibles.

Comportamento interpersoal:

* Actitude de apertura cos compañeiros, intercambiando experiencias e buscando as mellores solucións para resolve-los traballos que se van realizar.

* Valoración de calquera idea con cordialidade, respecto e tolerancia co resto das mellores solucións para resolve-los traballos que se van realizar.

* Rigor en argumenta-las ideas propias para a resolución de cada traballo contrastando cos compañeiros do grupo.

Avaliación de resultados:

* Valoración dos traballos efectuados en función dos resultados, o tempo utilizado, a metodoloxía, os aparellos e a instrumentación utilizada nas tarefas que se van realizar.

* Responsabilidade para emitir un xuízo sobre os criterios para utilizar á hora de finalizar un traballo encomendado.

* Preocupación por utiliza-la autoavaliación como ferramenta para a mellora das capacidades persoais.

Realización estructurada do traballo na execución de tarefas:

* Espírito crítico na autoavaliación dos métodos de traballo empregados buscando mellora-los factores, calidade e tempo empregado.

* Preocupación pola orde no posto de traballo, dispondo as ferramentas, útiles e instrumentos no mellor lugar para ser empregados.

* Comportamento activo para conseguir acabados pulcros dos traballos, realizando a verificación visual e sistemática do producto final.

* Preocupación pola aplicación de procedementos normalizados na realización de tarefas básicas de reparación, mantemento e axuste.

Compromiso coas abrigas asociadas ó traballo:

* Responsabilidade na conservación das ferramentas, útiles e instrumentación, facendo por iniciativa propia o mantemento máis usual.

* Hábito de realiza-las operacións de montaxe e mantemento, seguindo normas e recomendacións de seguridade laboral e facendo un uso correcto das ferramentas e da instrumentación.

* Preocupación pola aplicación de procedementos normalizados na realización de tarefas básicas de montaxe, mantemento e axuste.

3.3.4. Módulo profesional 9: electrónica de sistemas:

Capacidades terminais elementais

* Identificar e localiza-los elementos que configuran os sistemas de regulación e/ou control dos procesos continuos e secuenciais, describíndoos funcionalmente e explicando as súas características fundamentais.

* Identificar e localiza-los elementos que configuran os sistemas de control electrónico de potencia, describíndoos funcionalmente e explicando as súas características fundamentais.

* Interpreta-la información técnica dos equipos empregados nos sistemas electrónicos de regulación e control, relacionando as representacións simbólicas cos elementos reais.

* Efectuar probas de posta en marcha e configuración dos equipos empregados nos sistemas electrónicos de regulación e control, mediante a utilización da información técnica subministrada cos equipos.

* Identificar e localiza-los elementos que configuran os sistemas informáticos monousuario e multiusuario, describíndoos funcionalmente e explicando as súas características fundamentais.

* Identificar e localiza-los elementos que configuran os sistemas de telemedida/telemando e telemáticos, describíndoos funcionalmente e explicando as súas características fundamentais.

* Interpreta-la información técnica dos equipos empregados nos sistemas de tratamento da información, relacionando as representacións simbólicas cos elementos reais.

* Efectuar probas de posta en marcha e configuración dos equipos empregados nos sistemas de tratamento da información, mediante a utilización da información técnica subministrada cos equipos.

* Identificar e localiza-los elementos que configuran os sistemas de telefonía, describíndoos funcionalmente e explicando as súas características fundamentais.

* Identificar e localiza-los elementos que configuran os sistemas de servicios de telecomunicación, describíndoos funcionalmente e explicando as súas características fundamentais.

* Identificar e localiza-los elementos que configuran os sistemas audiovisuais, describíndoos funcionalmente e explicando as súas características fundamentais.

* Interpreta-la información técnica dos equipos empregados nos sistemas de telecomunicación, relacionando as representacións simbólicas cos elementos reais.

* Efectuar probas de posta en marcha e configuración dos equipos empregados nos sistemas de telecomunicación, mediante a utilización da información técnica subministrada cos equipos.

Contidos (duración 130 horas)

Contidos procedementais

Análise das características funcionais, técnicas e da estructura física dos sistemas electrónicos de regulación e control:

* Sistemas de regulación dos procesos continuos e secuenciais:

-Descrición funcional dos elementos que os configuran.

-Identificación e localización dos elementos que os configuran.

-Interpretación da información técnica dos equipos relacionando as representacións simbólicas cos elementos reais.

* Sistemas de control electrónico de potencia:

-Descrición funcional dos elementos que os configuran.

-Identificación e localización dos elementos que os configuran.

-Interpretación da información técnica dos equipos relacionando a representación simbólica cos elementos reais.

Análise das características funcionais, técnicas e da estructura física dos sistemas de tratamento da información:

* Sistemas informáticos monousuario e multiusuario:

-Descrición funcional dos elementos que os configuran.

-Identificación e localización dos elementos que os configuran.

-Interpretación da información técnica dos equipos relacionando as representación simbólicas cos elementos reais.

* Sistemas de telemedida/telemando e telemáticos:

-Descrición funcional dos elementos que os configuran.

-Identificación e localización dos elementos que os configuran.

-Interpretación da información técnica dos equipos relacionando as representación simbólicas cos elementos reais.

Análise das características funcionais, técnicas e da estructura física dos sistemas de telecomunicación:

* Sistemas de telefonía e de servicios de telecomunicación:

-Descrición funcional dos elementos que os configuran.

-Identificación e localización dos elementos que os configuran.

-Interpretación da información técnica dos equipos relacionando as representación simbólicas cos elementos reais.

* Sistemas audiovisuais:

-Descrición funcional dos elementos que os configuran.

-Identificación e localización dos elementos que os configuran.

-Identificación dos medios empregados na transmisión de sinais.

-Interpretación da información técnica dos equipos relacionando as representación simbólicas cos elementos reais.

Contidos conceptuais

Sistemas electrónicos de tratamento da información:

* Sistemas informáticos:

-Equipos monousuario e multiusuario. Compoñentes, funcións, características e configuracións básicas.

-Periféricos nos sistemas de tratamento da información (terminais, impresoras, ...).

* Sistemas telemáticos:

-Fundamentos da telemática. Intercomunicación entre ordenadores.

-Medios e sistemas de transmisión.

-Redes locais: topoloxías e normas.

-Servicios telemáticos: télex, teletexto, videotexto, fax, datáfono.

Sistemas electrónicos de medida, regulación e control:

* Sistemas electrónicos de medida e regulación para procesos continuos:

-A cadea de medida.

-Sensores e transductores.

-Reguladores.

* Sistemas electrónicos de control para procesos secuenciais:

-Sistemas de control cableado. Elementos e características.

-Sistemas de control programado. Autómatas programables.

* Sistemas de control de potencia:

-Rectificadores monofásicos e trifásicos.

-Convertedores de CC-CA e CA-CC.

-Reguladores de velocidade de motores de CC e CA.

* Sistemas de telecomunicación industrial:

-Introducción ás redes de comunicación industrial. Buses industriais.

Sistemas electrónicos de telecomunicación:

* Sistemas de telefonía:

-A rede telefónica. Estructura e características.

-Sistemas de conmutación. Tipoloxía e características.

-Sistemas de transmisión. Medios de soporte empregados.

* Sistemas audiovisuais:

-Sistemas de son. Tipoloxía e características.

-Sistemas de TV. Emisión e recepción. Características do sinal de vídeo.

Contidos actitudinais

Resolución de continxencias:

* Preocupación pola toma de decisións tanto individuais como en grupo, de forma pausada, coherente, argumentando e presupondo as posibles consecuencias de cada posibilidade optando pola solución considerada mellor segundo os criterios establecidos.

* Habito de corrixi-los erros nos productos realizados procurando o seu correcto funcionamento.

Traballo en grupo:

* Colaboración entre os compoñentes do grupo, polo seu propio autocontrol.

* Tolerancia ante actitudes e opinións discrepantes, buscando solucións comúns de forma consensuada.

* Preocupación por axuda-los compañeiros en tarefas de aprendizaxe.

* Cooperación entre os compoñentes do grupo segundo a tarefa para realizar e os medios dispoñibles.

Comportamento interpersoal:

* Actitude de apertura cos compañeiros, intercambiando experiencias e buscando as mellores solucións para resolve-los traballos que hai que realizar.

* Valoración de calquera idea con cordialidade, respecto e tolerancia co resto das mellores solucións para resolve-los traballos que hai que realizar.

* Rigor en argumenta-las ideas propias para a resolución de cada traballo contrastando cos compañeiros do grupo.

Avaliación de resultados:

* Valoración dos traballos efectuados en función dos resultados, o tempo utilizado, a metodoloxía, os aparellos e a instrumentación utilizada nas tarefas que hai que realizar.

* Responsabilidade para emitir un xuízo sobre os criterios que se van utilizar á hora de finalizar un traballo encomendado.

* Preocupación por utiliza-la autoavaliación como ferramenta para a mellora das capacidades persoais.

Realización estructurada do traballo na execución de tarefas:

* Espírito crítico na autoavaliación dos métodos de traballo empregados, buscando mellora-los factores, calidade e tempo empregado.

* Preocupación pola orde no posto de traballo, dispondo as ferramentas, útiles e instrumentos no mellor lugar para ser empregados.

* Comportamento activo para conseguir acabados pulcros dos traballos, realizando a verificación visual e sistemática do producto final.

* Preocupación pola aplicación de procedementos normalizados na realización de tarefas básicas de reparación, mantemento e axuste.

Compromiso coas abrigas asociadas ó traballo:

* Responsabilidade na conservación das ferramentas, útiles e instrumentación, facendo por iniciativa propia o mantemento máis usual.

* Hábito de realiza-las operacións de montaxe e mantemento seguindo normas e recomendacións de seguridade laboral e facendo un uso correcto das ferramentas e da instrumentación.

* Preocupación pola aplicación de procedementos normalizados na realización de tarefas básicas de montaxe, mantemento e axuste.

3.3.5. Módulo profesional 10: desenvolvemento de proxectos de productos electrónicos:

Capacidades terminais elementais

* Establecer respostas técnicas de aplicacións electrónicas por medio de especificacións funcionais, empregando manuais e catálogos, escollendo os materiais e compoñentes máis axeitados e seguindo a fiabilidade e os custos establecidos.

* Establecer convenientemente as especificacións técnicas de aplicacións electrónicas partindo das especificacións funcionais seguindo os criterios de precisión requiridos.

* Elaborar diagramas de bloques de aplicacións electrónicas por medio das especificacións técnicas e funcionais, determinando os circuítos electrónicos que poidan solucionar adecuadamente cada bloque funcional.

* Efectua-los cálculos precisos para dimensiona-los compoñentes por medio dos esquemas, as especificacións e o grao de fiabilidade, facéndoo manualmente ou mediante aplicacións informáticas.

* Seleccionar convenientemente os compoñentes mediante documentación e manuais técnicos, tendo en conta a dispoñibilidade e os custos no mercado.

* Simular por medios informáticos os esquemas electrónicos, comprobando o funcionamento coa fiabilidade esixida, a partir da documentación do proxecto.

* Confecciona-los esquemas necesarios no soporte e coa representación normalizada, e a lista de materiais precisos para a construcción dunha maqueta, optimizando o espacio e a distribución de compoñentes

* Elabora-los programas de control de aplicacións resoltas con dispositivos microprogramables utilizando a linguaxe adecuada.

* Confecciona-lo programa con comentarios en liña para garantir un adecuado mantemento.

* Monta-las maquetas de aplicación electrónica, seleccionando os materiais necesarios, preparando a ferramenta, distribuíndo os compoñentes, realizando os cableados e interconexións e aplicando os procedementos adecuados.

* Selecciona-la instrumentación común e específica necesarias para face-las verificacións funcionais no banco de probas e medidas por medio das especificacións e procedementos establecidos.

* Establece-las probas de fiabilidade precisas para realizar nos prototipos de productos electrónicos especificadas no proxecto e no tipo de aplicación.

* Elabora-la documentación técnica do proxecto incluíndo os planos, a lista de materiais, os programas debidamente comentados, as probas, axustes e cálculos e demais elementos precisos para a construcción do prototipo da aplicación electrónica desenvolvida.

* Establece-la asignación de tempos, custos, recursos materiais e humanos, instrumentación e ferramentas necesarias en cada fase para a realización do proxecto.

Contidos (duración 180 horas)

Contidos procedementais

Desenvolvemento dun proxecto de aplicación electrónica:

* Especificacións técnicas. Elaboración coa precisión requirida.

* Información técnica comercial ou en documentación doutros proxectos:

-Selección da necesaria como fonte de información.

-Confección de arquivos para o desenvolvemento da aplicación.

* Diagramas de bloques. Elaboración partindo de circuítos similares para a resolución a nivel funcional da aplicación.

* Compoñentes electrónicos. Realización dos cálculos técnicos e matemáticos necesarios para a súa selección.

* Circuítos electrónicos analóxicos e dixitais:

-Selección das tecnoloxías e dos compoñentes máis adecuadas, partindo dos manuais e a documentación técnica.

-Elaboración dos esquemas.

-Simulación por medios informáticos.

* Maquetas electrónicas:

-Construcción seleccionando o procedemento máis adecuado.

-Uso de técnicas de montaxe rápida.

* Dispositivos microprogramables utilizados na aplicación:

-Selección da linguaxe para a elaboración do programa de control.

-Confección dos programas, cos oportunos comentarios para o seu correcto mantemento.

Realización da posta a punto e da documentación dun proxecto electrónico:

* Probas funcionais:

-Determinación das medidas que hai que realizar, indicando os parámetros máis críticos.

-Selección da instrumentación e os equipos de medida para o axuste do proxecto, tendo en conta as probas de fiabilidade que debe cumpri-lo producto.

-Realización das medidas e os axustes adecuados.

* Documentación:

-Elaboración dos formatos onde se deben recolle-los resultados das medidas, probas e ensaios que se deben realizar no prototipo.

-Selección e organización da documentación base correspondente á aplicación.

-Determinación da ferramenta informática máis adecuada ás características e o tipo de documentación que se vai elaborar.

-Realización da documentación técnica.

Elaboración da planificación e xestión dun proxecto electrónico:

* Normativa técnica e administrativa. Selección da que atinxa ó proxecto e que poida afecta-la súa homologación.

* Fases de desenvolvemento do proxecto. Organización, secuenciando as tarefas realizadas en cada unha delas.

* Viabilidade do producto. Realización dun estudio pormenorizado.

* Recursos materiais, humanos e de infraestructura. Determinación dos necesarios para o desenvolvemento do proxecto.

* Técnicas e gráficas ( PERT, GANTT). Utilización para reflecti-las actividades, sucesos e puntos críticos no desenvolvemento do proxecto.

Realización dun proxecto de aplicación electrónica no ámbito industrial, no que interveñan técnicas de medida, control, regulación e potencia electrónica. Incluirá tecnoloxías analóxicas, dixitais e microprogramables:

* Especificacións funcionais e de calidade:

-Selección dos tipos de tecnoloxías, dispositivos e materiais, procesos de fabricación, ferramentas, equipos e máquinas que se deben empregar.

-Análise de viabilidade da aplicación proposta.

-Planificación do proxecto nas súas distintas fases.

-Elaboración de esquemas e planos necesarios para a construcción do prototipo.

-Confección da memoria descritiva de funcionamento dos circuítos.

-Creación da listaxe de materiais e fontes subministradoras.

-Construcción da maqueta correspondente.

-Elaboración dos programas de control na linguaxe e cos formatos estándar requiridos.

-Realización de probas funcionais, de calidade e de fiabilidade precisas.

-Confección do orzamento correspondente.

Realización dun proxecto de aplicación electrónica no ámbito das telecomunicacións, no que interveñan distintas técnicas de modulación e de transmisión en distintos soportes. Incluirá tecnoloxías analóxicas, dixitais e microprogramables:

* Especificacións funcionais e de calidade:

-Selección dos tipos de tecnoloxías, dispositivos e materiais, procesos de fabricación, ferramentas, equipos e máquinas que se deben empregar.

-Análise de viabilidade da aplicación proposta.

-Planificación do proxecto nas súas distintas fases.

-Elaboración de esquemas e planos necesarios para á construcción do prototipo.

-Confección da memoria descritiva de funcionamento dos circuítos.

-Creación da listaxe de materiais e fontes subministradoras.

-Construcción da maqueta correspondente.

-Elaboración dos programas de control na linguaxe e cos formatos estándar requiridos.

-Realización de probas funcionais, de calidade e de fiabilidade precisas.

-Confección do orzamento correspondente.

Contidos conceptuais

Fases no deseño e desenvolvemento dun proxecto electrónico:

* Especificacións do proxecto. Reunión de datos.

* Normativa para seguir segundo cada caso.

* Documentación técnica e/ou bases de datos.

* Tecnoloxías para utilizar.

* Simboloxía normalizada.

* Técnicas de estimación de tempos e custos.

* Modelos de soportes, esquemas e listaxes.

* Programas de simulación electrónica, instruccións e funcionamento.

* Ferramentas e instrumentos necesarios nas técnicas de montaxe rápida para a construcción de maquetas electrónicas.

* Programas para sistemas microcontrolados. Equipos de desenvolvemento.

Posta a punto e documentación:

* Especificacións de calidade axustadas á normativa.

* Instrumentos, equipos e programas para as probas e posta a punto.

* Tipos de formatos e soportes para a elaboración da documentación técnica:

-Lista de materiais.

-Esquemas, planos, instruccións de montaxe e posta a punto.

-Probas funcionais, de calidade e de fiabilidade.

-Memoria descritiva e programas.

Planificación e xestión de proxectos:

* Técnicas de desenvolvemento de proxectos. Aspectos organizativos.

* Métodos para o estudio da viabilidade.

* Técnicas de xestión de recursos, planificación de tempos e estimación de custos. Control de compras e materiais.

* Técnicas utilizadas na planificación e seguimento de proxectos.

* Informes e documentación na finalización e entrega de proxectos:

Contidos actitudinais

Resolución de continxencias:

* Preocupación pola toma de decisións tanto individuais como en grupo, de forma pausada e coherente, argumentando e presupondo as posibles consecuencias de cada posibilidade optando pola solución considerada mellor segundo os criterios establecidos.

* Hábito de corrixi-los erros nos productos realizados procurando o seu correcto funcionamento.

Traballo en grupo:

* Colaboración entre os compoñentes do grupo, polo seu propio autocontrol.

* Tolerancia ante actitudes e opinións discrepantes, buscando solucións comúns de forma consensuada.

* Preocupación por axuda-los compañeiros en tarefas de aprendizaxe.

* Cooperación entre os compoñentes do grupo segundo a tarefa que se vai realizar e os medios dispoñibles.

Comportamento interpersoal:

* Actitude de apertura cos compañeiros, intercambiando experiencias e buscando as mellores solucións para resolve-los traballos que hai que realizar.

* Valoración de calquera idea con cordialidade, respecto e tolerancia co resto dos compañeiros.

* Rigor ó argumenta-las ideas propias para a resolución de cada traballo contrastando cos compañeiros do grupo.

Avaliación de resultados:

* Valoración dos traballos efectuados en función dos resultados, o tempo utilizado, a metodoloxía, os aparellos e a instrumentación utilizada nas tarefas que se van realizar.

* Responsabilidade para emitir un xuízo sobre os criterios que se utilizarán á hora de finalizar un traballo encomendado.

* Preocupación por utiliza-la autoavaliación como ferramenta para a mellora das capacidades persoais.

Realización estructurada do traballo na execución de tarefas:

* Preocupación pola orde no posto de traballo, dispondo as ferramentas, útiles e instrumentación ergonomicamente.

* Comportamento activo para conseguir acabados pulcros dos traballos, realizando a verificación visual e sistemática do producto final.

* Preocupación pola aplicación de procedementos normalizados na realización de tarefas básicas de montaxe e axuste.

Compromiso coas obrigas asociadas ó traballo:

* Responsabilidade na conservación das ferramentas, útiles e instrumentación, facendo por iniciativa propia o mantemento máis usual.

* Hábito de realiza-las operacións de montaxe e axuste seguindo normas e recomendacións de seguridade laboral e facendo un uso correcto das ferramentas e da instrumentación.

3.4. Módulo profesional de formación en centros de traballo:

Duración: 380 horas.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

1.Obter procedementos de mellora de mantemento de equipos electrónicos.* Selecciona-la documentación precisa para a optimización dos procesos de mantemento.
* Determina-los puntos críticos do equipo electrónico, consultando os históricos de avarías.
* Elabora-los plans de probas e ensaios para efectuar, realizándoas de forma óptima e cos procesos adecuados para o diagnóstico de avarías do equipo.
* Elabora-la documentación do proceso, recollendo a información necesaria para a utilización polos técnicos de mantemento.
* Considera-la posibilidade de introducción de novas tecnoloxías no proceso que se está desenvolvendo.

2.Desenvolver instrumentos concretos para optimiza-los procesos de mantemento de equipos electrónicos.* Subliña-la conveniencia do desenvolvemento dun instrumento específico que facilite e optimice o diagnóstico de avarías nun equipo electrónico.
* Colaborar no deseño, montaxe e posta a punto dun instrumento específico adecuado para o mantemento do equipo electrónico.
* Elabora-la documentación necesaria para a utilización do instrumento específico proposto para o mantemento do equipo.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

3.Realiza-lo mantemento de equipos electrónicos analóxicos e/ou dixitais programables ou non programables.* Detectar disfuncións e avarías.

* Efectuar probas funcionais para verifica-los síntomas.

* Realiza-las medidas dos parámetros coa instrumentación adecuada.

* Interpreta-las medidas efectuadas cos instrumentos.
* Selecciona-la ferramenta adecuada a cada caso.
* Determina-la causa da avaría seguindo procedementos adecuados.
* Realiza-las operacións de montaxe, desmontaxe e substitución dos elementos defectuosos.
* Repara-las avarías causadas pola parte programable do equipo.
* Realiza-lo orzamento da intervención especificando a tipoloxía e custo da reparación.
* Efectua-las probas funcionais e axustes necesarios para verifica-lo funcionamento.
* Respecta-las normas de seguridade persoal e dos equipos e ferramenta utilizados.

4.Xestiona-la sección de recambios dun taller de mantemento de equipos electrónicos.* Determina-lo mínimo de existencias no almacén, seguindo criterios establecidos pola empresa.
* Analiza-las diferentes variables de adquisición de recambios, segundo as calidades, custos e prazos de entrega.
* Realiza-la distribución dos materiais, tendo en conta as condicións ambientais, rotación dos productos e as características específicas de pezas e materiais.
* Comproba-la correspondencia entre os albarás e os productos recibidos, a súa cantidade e a súa calidade.
* Controla-las entradas e saídas do almacén mediante calquera tipo de soporte da información.
* Realizar periodicamente o inventario do almacén, aconsellando a realización de pedidos.
* Elabora-la actualización do ficheiro de clientes e provedores con calquera tipo de soporte da información.

5.Deseñar productos electrónicos analóxicos e/ou dixitais* Participar na análise das especificacións funcionais, de fiabilidade, calidade e viabilidade do equipo electrónico para desenvolver.
* Elabora-lo diagrama de bloques do producto, buscando as solucións circuitais adecuadas a cada bloque.
* Realiza-la simulación electrónica do producto por medios informáticos.
* Elabora-los programas de control dos productos dixitais programables.
* Construí-la maqueta do producto, seleccionando previamente as ferramentas e os compoñentes e distribuíndoos da forma máis adecuada posible.
* Realiza-lo deseño dos esquemas electrónicos por medios informáticos e xerando os arquivos necesarios para a súa construcción.
* Construí-las placas de circuíto impreso utilizando procesos automáticos ou manuais.
* Realiza-la inserción dos compoñentes e accesorios, efectuando as soldaduras necesarias para o seu funcionamento.
* Efectua-las probas e ensaios necesarios para determina-la calidade e fiabilidade do prototipo.
* Elabora-la documentación necesaria para a comercialización e o mantemento do prototipo.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

6.Configurar e pór en marcha os equipos empregados nos sistemas de tratamento de información, de regulación e control e de servicios de telecomunicación.* Identifica-las tecnoloxías utilizadas, os equipos e os dispositivos.

* Identifica-las aplicacións de medida, regulación e control, de tratamento da información e de telecomunicacións.

* Interpreta-la información e documentación técnica dos equipos.
* Interpreta-las características técnicas e funcionais do sistema.
* Identifica-los bloques funcionais que configuran o sistema.
* Realiza-las probas de posta en marcha e configuración dos equipos.

7.Actuar no posto de traballo seguindo as normas de seguridade persoal e dos medios e materiais utilizados no desempeño das actividades.* Precisa-los riscos asociados ó desenvolvemento dos procesos nunha empresa electrónica.

* Identifica-los medios de protección e o comportamento preventivo para adoptar nunha situación de emerxencia.

* Utiliza-los medios de protección persoal dispoñibles nas distintas operacións e cos distintos equipos e compoñentes.
* Amosar conductas de rigor na aplicación das normas e medidas de seguridade e hixiene.

8.Proceder conforme as normas de comportamento da empresa.* Manifestar respecto polas normas e os métodos determinados.
* Incorporarse puntualmente ó posto de traballo e non abandonalo antes do horario establecido.
* Acerta-las tarefas encomendadas, encargándose das tarefas sinaladas e póndose en contacto coa persoa adecuada.
* Executar dilixentemente as actividades adxudicadas de forma responsable.
* Coordina-lo traballo seguindo as instruccións e procedementos establecidos, e os criterios de seguridade e calidade nas intervencións.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral:

Capacidades terminais elementais

* Analiza-las situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afecta-la saúde.

* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes.

* Analiza-las actuacións que se seguirán en caso de accidentes de traballo.

* Aplica-las medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

* Analiza-las formas e procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analiza-las propias capacidades e intereses así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identifica-lo proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identifica-las ofertas de traballo no sector productivo referido ós seus intereses.

* Analiza-los dereitos e obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Describi-lo sistema de protección social.

* Interpreta-los datos da estructura socioeconómica da Comunidade Autónoma de Galicia, identificando as diferentes variables implicadas e as consecuencias das súas posibles variacións.

* Analiza-la organización e a situación económica dunha empresa do sector, interpretando os parámetros económicos que a determinan.

* Analiza-lo tecido empresarial de Galicia comparándoo co doutras comunidades autónomas.

* Analiza-la evolución socioeconómica do sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Saúde laboral:

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de riscos nun contexto concreto.

* Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e ferramentas do taller.

* Determinación dos equipos de protección individual.

Lexislación e relacións laborais:

* Identificación das distintas modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e obrigas dos empresarios e traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

* Elaboración dunha folla de salario.

* Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

Orientación e inserción sociolaboral:

* Elaboración do currículum vitae e actividades complementarias del.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas así como investigación e temporalización dos seus plans de estudios.

Principios de economía:

* Lectura e interpretación, de diferentes artigos de prensa e de textos técnicos, sobre diferentes temas económicos.

* Manexo e interpretación de táboas económicas.

* Analiza-las causas ou variables que poden influír no investimento, consumo e aforro, tanto nas economías domésticas, como nas empresas.

Economía e organización da empresa:

* Análise das empresas da localidade onde estea situado o instituto para estudia-las características xerais, comerciais, financeiras etc.

* Confección de organigramas de diferentes empresas e estudio das necesidades específicas de cada unha.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

Saúde laboral:

* Condicións de traballo e seguridade.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguridade.

* Primeiros auxilios.

Lexislación e relacións laborais:

* Dereito laboral nacional e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos.

* Conflictos colectivos.

* Seguridade Social e outras prestacións.

Orientación e inserción sociolaboral:

* Mercado de traballo.

* A autoorientación profesional.

* O proceso de busca de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos/profesionalizadores.

Principios de economía:

* Variables macroeconómicas e indicadores socioeconómicos.

* Relacións socioeconómicas internacionais.

Economía e organización da empresa:

* A empresa: tipos de modelos organizativos. Áreas funcionais. Organigramas.

* Funcionamento económico da empresa:

-Patrimonio da empresa.

-Obtención de recursos: financiamento propio e alleo.

-Interpretación de estados de contas anuais.

-Custos fixos e variables.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socioeconómica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Interese polas condicións de saúde no traballo.

* Valoración do ambiente como patrimonio común.

* Interese por coñecer e respecta-las disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

* Valoración e cumprimento da normativa laboral.

* Igualdade ante as diferencias socioculturais e trato non discriminatorio en tódolos aspectos inherentes á relación laboral.

* Toma de conciencia dos valores persoais.

* Actitude emprendedora e creativa para adaptarse ás propias necesidades e aspiracións.

* Preocupación polo mantemento da ética profesional.

* Valoración da importancia da utilización dos bens de uso común e público, así como bens libres de uso cotián, por exemplo a auga.

* Valoración crítica dunha economía de mercado.

* Valoración positiva da actuación do traballo en equipo.

* Toma de consciencia de que as cooperativas que se están constituíndo coa finalidade fundamental de crear emprego.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo:

Na admisión de alumnos en centros sostidos con fondos públicos a este ciclo formativo, cando non existan prazas suficientes, aplicaranse sucesivamente os

seguintes criterios de prioridade: tódalas especialidades.

* Ter cursada algunha das seguintes modalidades de bacharelato:

-Ciencias da natureza e da saúde.

-Tecnoloxía.

* O expediente académico do alumno no que se valorará sucesivamente a nota media e ter cursadas a seguinte materia de bacharelato:

-Electrotecnia.

4.2. Profesorado:

4.2.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de desenvolvemento de productos electrónicos:

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

1Electrónica analóxicaSistemas electrónicosProfesor de ensino secundario

2Lóxica dixital e microprogramableSistemas electrónicosProfesor de ensino secundario

3Desenvolvemento e construcción de prototipos electrónicosEquipos electrónicosProfesor técnico de FP

4Mantemento de equipos electrónicosEquipos electrónicosProfesor técnico de FP

5Administración, xestión e comercialización na pequena empresaFormación e orientación laboralProfesor de ensino secundario

6Relacións no contorno de traballoFormación e orientación laboralProfesor de ensino secundario

7CalidadeSistemas electrónicosProfesor de ensino secundario

8Técnicas de programaciónEquipos electrónicosProfesor técnico de FP

9Electrónica de sistemasSistemas electrónicosProfesor de ensino secundario

10Desenvolvemento de proxectos de productos electrónicosSistemas electrónicosProfesor de ensino secundario

11Formación e orientación laboralFormación e orientación laboralProfesor de ensino secundario

4.2.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto:

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

Tecnoloxía industrial ISistemas electrónicosProfesor de ensino secundario

Tecnoloxía industrial IISistemas electrónicosProfesor de ensino secundario

ElectrotecniaSistemas electrónicosProfesor de ensino secundario

EconomíaFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

Economía e organización de empresasFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

(1) Título de licenciado en administración e dirección de empresas, licenciado en ciencias empresariais, licenciado en ciencias actuariais e financeiras, licenciado en economía, licenciado en investigación e técnicas de mercado, diplomado en ciencias empresariais e diplomado en xestión e administración pública.

4.2.3. Titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia:

As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do

corpo de profesores de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes para efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o R.D. 1954/1994 do 30 de setembro.

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente

para efectos de docencia

Sistemas electrónicos-Diplomado en radioelectrónica naval-Enxeñeiro técnico aeronáutico, especialidade en aeronavegación-Enxeñeiro técnico en informática de sistemas-Enxeñeiro técnico industrial, especialidade en electricidade-Enxeñeiro técnico industrial, especialidade en electrónica industrial-Enxeñeiro técnico de telecomunicación, en tódalas súas especialidades

Formación e orientación laboral-Diplomado en ciencias empresariais-Diplomado en relacións laborais-Diplomado en traballo social-Diplomado en educación social-Diplomado en xestión e administración pública

4.3. Requisitos mínimos de espacios e instalacións para impartir estas ensinanzas:

De conformidade co establecido no R.D. 777/1998, do 30 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao superior de desenvolvemento de productos electrónicos require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espacios mínimos:

Espacio formativo

Superficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Aula técnica90 m60 m20%

Taller de electricidade-electrónica120 m90 m65%

Aula polivalente60 m40 m15%

* A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ó número de postos escolares establecido no artigo 35 do R.D. 1004/1991, do 14 de xuño. Poderán autorizarse unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reduci-los espacios formativos proporcionalmente ó número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

* O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espacio prevista para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

* Na marxe permitida polo grao de utilización, os espacios formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

* En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas ós espacios formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

* Non debe interpretarse que os diversos espacios formativos identificados deban diferenciarse necesariamente mediante cerramentos.

4.4. Validacións, correspondencias e acceso a estudios universitarios:

4.4.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional:

* Electrónica analóxica.

* Lóxica dixital e microprogramable.

* Desenvolvemento e construcción de prototipos electrónicos.

* Mantemento de equipos electrónicos.

* Administración, xestión e comercialización na pequena empresa.

* Técnicas de programación.

* Electrónica de sistemas.

4.4.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral:

* Electrónica analóxica.

* Lóxica dixital e microprogramable.

* Desenvolvemento e construcción de prototipos electrónicos.

* Mantemento de equipos electrónicos.

* Técnicas de programación.

* Electrónica de sistemas.

* Desenvolvemento de proxectos de productos electrónicos.

* Formación en centros de traballo.

* Formación e orientación laboral.

4.4.3. Acceso a estudios universitarios:

* Diplomado en máquinas navais.

* Diplomado en navegación marítima.

* Diplomado en óptica e optometría.

* Diplomado en radioelectrónica naval.

* Arquitecto técnico.

* Enxeñeiro técnico aeronáutico (tódalas especialidades).

* Enxeñeiro técnico agrícola (tódalas especialidades).

* Enxeñeiro técnico en deseño industrial.

* Enxeñeiro técnico forestal (tódalas especialidades).

* Enxeñeiro técnico industrial (tódalas especialidades).

* Enxeñeiro técnico en informática de xestión.

* Enxeñeiro técnico en informática de sistemas.

* Enxeñeiro técnico de minas (tódalas especialidades).

* Enxeñeiro técnico naval (tódalas especialidades).

* Enxeñeiro técnico de obras públicas (tódalas especialidades).

* Enxeñeiro técnico de telecomunicación (tódalas especialidades).

4.5. Distribución horaria:

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse da seguinte forma:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

185Electrónica analóxica

240Lóxica dixital e microprogramable

55Calidade

185Técnicas de programación

130Electrónica de sistemas

55Relacións no contorno de traballo

55Formación e orientación laboral

4º, 5º e 6º trimestre

180Desenvolvemento de proxectos de productos electrónicos

220Desenvolvemento e construcción de prototipos electrónicos

180Mantemento de equipos electrónicos

80Administración, xestión e comercialización na pequena empresa

380Formación en centros de traballo

* As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 55 que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.