Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 21 de febreiro de 2000 Páx. 2.208

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE GESTIÓN ENERGÉTICA DE GALICIA, S.A. (GESTENGA)

ANUNCIO polo que se convoca proceso selectivo para a contratación de diverso persoal.

O presidente de Gestión Energética de Galicia, S.A. (Gestenga) acorda convocar proceso selectivo para a contratación dos postos de traballo que a continuacion se relacionan:

Nº postosPostosRequisitos

1Xefe do Departamento de Enerxías RenovablesEnxeñeiro industrial ou de minas. Especialidade de técnicas enerxéticas ou enerxía.

1Xefe do Departamento de ProxectosEnxeñeiro industrial ou de minas. Especialidade de técnicas enerxéticas ou enerxía.

1Coordinador técnico proxectos, área de RenovablesEnxeñeiro industrial ou de minas. Especialidade de técnicas enerxéticas ou enerxía.

1DelineanteTécnico especialista.

A modalidade de contratación deste persoal será a de laboral fixo.

Os candidatos terán que lle achegar á solicitude todos aqueles documentos que acrediten os méritos que aleguen, expediente académico, currículum vitae e fotografía, así como unha memoria que tratará sobre os fins da sociedade, en consonancia co posto de traballo ó que se opte.

A selección dos candidatos consistirá na aplicación dun baremo, que será facilitado a quen o solicite, así como información complementaria que se considera necesaria, nas dependencias de Gestión Energética de Galicia, S.A., r/ Hórreo, 94, entresollado, así como na realización dunha entrevista.

O prazo para a presentación de solicitudes e demais documentación será de 10 días hábiles a partir da data de publicación no Diario Oficial de Galicia do presente acordo.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2000.

Joaquín del Moral Crespo

Presidente do Consello de Administración