Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 21 de febreiro de 2000 Páx. 2.207

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

ANUNCIO de convocatoria pública e bases dos postos vacantes que se citan.

1. Xefe de perfusión. Ref.: XP/0200.

Titulación: título homologado de ATS/DUE.

Valorarase a realización do curso posgrao en Técnicas de Perfusión e Osixenación Extracorpórea e/ou estar en posesión do Certificado Europeo en Perfusión Cardiovascular.

Experiencia: mínima de tres anos en perfusión. Valorarase a experiencia en organización e dirección, así como en investigación na área da perfusión.

1 ATS instrumentista. Ref.: AINS/0200.

Titulación: título homologado de ATS/DUE.

Experiencia: experiencia mínima dun ano como instrumentista xeral; valorarase experiencia en cirurxía cardíaca.

1 ATS/DUE (unidade de recuperación). Ref.: ATS/0200.

Titulación: título homologado de ATS/DUE.

Experiencia: experiencia mínima de seis meses en unidades de coidados intensivos ou reanimación;

valorarase a experiencia en coidados intensivos específicos de cirurxía cardíaca.

1 médico especialista en anestesia e reanimación postoperatoria cardíaca. Ref.: MAT/0200.

Titulación: título homologado en medicina e cirurxía, con especialidade en anestesioloxía e reanimación.

Experiencia: valorarase experiencia como profesional en anestesia e coidados postoperatorios en cirurxía cardíaca.

Outros requirimentos para tódolos postos: actitude de atención e de respecto cara os usuarios, capacidade de traballo, capacidade de relación e de traballo en equipo, dispoñibilidade.

Procedemento de selección: valoración dos méritos (55%), probas psicotécnicas (25%) e entrevista persoal (20%).

Presentación de solicitudes: os interesados que cumpran os requitos esixidos deberán remiti-lo seu currículum, indicando a referencia que cumpra segundo o posto, ó Instituto Galego de Medicina Técnica, praza de Europa 5 A, 6º B (15703 Santiago de Compostela), no prazo improrrogable de quince días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio. Debéra presentarse copia compulsada dos certificados de servicios prestados, dos diplomas acreditativos de cursos e do título mínimo esixido para cada convocatoria.

Inicio das probas: as probas non se realizarán antes dun mes desde que se publique esta convocatoria, de acordo co disposto no artigo 4 da Lei 10/1996.

Íñigo Álvarez Canoa

Director xerente do Instituto Galego de Medicina

Técnica