Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 21 de febreiro de 2000 Páx. 2.196

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 27 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de proposta de resolución formulada polo instructor no expediente sancionador S-28/1999.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4º e 61 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, (BOE do 27 de novembro), faise pública a proposta de resolución formulada no expediente sancionador que se indica e que se lle segue nesta delegación provincial de Sanidade e Servicios Sociais á presunta infractora que no anexo se sinala, xa que, intentada a notificación no último domicilio coñecido, esta non se puido practicar (devolta pola oficina de correos por peche de negocio).

As alegacións presentadas pola interesada non desvirtúan o contido das imputacións expostas no documento de iniciación deste expediente.

A expedientada dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para examina-lo expediente e presenta-las alegacións e achega-las probas que estime pertinentes en defensa dos seus dereitos. O correspondente expediente figura á disposición do interesado para coñecemento íntegro e constancia do devandito acto nas dependencias da Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, sita na Ronda da Muralla, nº 70.

Lugo, 27 de xaneiro de 2000.

Mª Araceli Soutelo Ferro

Instructora

ANEXO

Expediente: S-28/1999.

Denunciado: Marcos Porto Veiga. DNI 33.328.914.

Último domicilio coñecido: Avda. 18 de Xullo nº 128, 27004 Lugo.

Feitos imputados: os días 5 de febreiro, 24 de febreiro e 24 de abril de 1999, os servicios veterinarios oficiais de Saúde Pública da zona de Lugo procederon á inspección do establecemento dedicado a restauración colectiva Hamburguesería Portos, sito na Avda. 18 de Xullo nº 128 de Lugo, constatando a necesidade de mellora-la limpeza en xeral e a incapacidade para poñer en funcionamento a cambota extractora de fumes.

Preceptos infrinxidos: artigo 35 A).3ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade; artigo 2.1º 1 do R.D.1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulamentan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria; artigo 1.1º c) do Decreto 157/1985, do 11 de xullo, da Xunta de Galicia, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia sanitaria; capítulo I, puntos 1 e 5, 1º parágrafo e punto b) do capítulo V do R.D. 2207/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene relativas

ós productos alimenticios; artigos 4.5º, 5.3º, 6.1º e 6.2º do R.D. 2817/1983, do 27 de novembro, polo que se aproba a regulamentación técnico-sanitaria dos comedores colectivos.

Cualificación das infraccións: leve.

Sanción proposta: 25.000 ptas.