Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 21 de febreiro de 2000 Páx. 2.193

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación do permiso de investigación Cerdeira, no concello das Neves, da provincia de Pontevedra, por parte de Blokdegal, S.A.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevera fai saber que Blokdegal, S.A., con domicilio en r/ Areal, 21, Vigo, presentou nesta delegación provincial, o día 28 de outubro de 1999, instancia-solicitude do permiso de investigación Cerdeira, de 6 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal das Neves, da provincia de Pontevedra, e ó que lle correspondeu o nº 2835, da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 1 8º 23' 00''42º 08' 00''

Vértice 2 8º 22' 00''42º 08' 00''

Vértice 3 8º 22' 00''42º 07' 20''

Vértice 4 8º 23' 00''42º 07' 20''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 24 de xaneiro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra