Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 21 de febreiro de 2000 Páx. 2.191

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o estudio ambiental e o plan de restauración da canteira de granito para perpiaño denominada A Voutureira, da provincia de Ourense.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25 de setembro), dispón que os estudios de impacto ambiental, someterán ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio ambiental e plan de restauración da canteira de granito para perpiaño denominada A Voutureira, situada en terreos do concello de Melón, provincia de Ourense, e solicitado por Ernesto Suárez Vázquez.

Para os efectos informativos, porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar del para consulta nas oficinas desta dirección xeral así

como nas dependencias da delegación provincial de Industria correspondente e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria