Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 21 de febreiro de 2000 Páx. 2.189

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., SEC. 2ª)

CÉDULA de notificación (4493/1997).

Isabel Freire Corzo, secretaria da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, certifica que no recurso 4493/1997, interposto por Freddy Baldomero Suárez Núñez contra resolución do Goberno Civil da Coruña do 6-3-1996, referencia rexistro de saída 6913, se dictou auto que na súa parte dispositiva di o seguinte:

A sala acorda o arquivo deste recurso contencioso-administrativo número 4493/1997, interposto por Freddy Baldomero Suárez Núñez contra resolución do Goberno Civil da Coruña do 6-3-1996, referencia rexistro de saída 6913, pola que se acorda a expulsión do territorio nacional e sobre prohibición de entrada por un período de tres anos.

Notifíqueselle que esta resolución non é firme por ser susceptible de recurso de súplica no prazo de cinco días.

E para que conste e a súa publicación no DOG e que lle sirva de notificación a Freddy Baldomero Suárez Núñez, que tivo como último domicilio coñecido Urb. Agramar, 37, Ptal. 3, 1º F, Perillo (Oleiros), expido e asino esta cédula na Coruña o 25 de xaneiro de 2000.

Rubricado