Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 21 de febreiro de 2000 Páx. 2.189

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL DE CONTAS (SECCIÓN DE AXUIZAMENTO-DEPARTAMENTO 2º)

EDICTO (B-1/2000).

Por este edicto faise público, para lle dar cumprimento ó acordado polo conselleiro de Contas do Departamento Segundo de Axuizamento, mediante providencia do 17 de xaneiro de 2000, dictada no xuízo de contas nº B-1/2000, que neste tribunal se iniciou o oportuno xuízo de contas como consecuencia dos prexuízos que puidesen ocasionarse nas arcas do Concello do Bolo (Ourense) en relación coa xestión económico-financeira desenvolvida pola dita corporación local a través da contratación de obras durante o exercicio 1990.

O que se fai público coa finalidade de que os legalmente habilitados para o mantemento ou oposición á pretensión de responsabilidade contable poidan comparecer nos autos, en forma, dentro do prazo dos nove días seguintes á publicación deste edicto.

Dado en Madrid o dezasete de xaneiro de dous mil.

Carlos Leguina Vicens

Secretario