Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 21 de febreiro de 2000 Páx. 2.187

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2000 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 99/010 de corpos docentes universitarios convocada por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designado o presidente e vocal secretario por esta universidade e realizado o oportuno sorteo establecido no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade número 99/010, convocada por Resolución con data do 8 de febreiro de 1999 (BOE do 13 de marzo), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade

no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 1 de febreiro de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

-Praza de: catedrático de escola universitaria.

Área de coñecemento: cirurxía.

Praza nº: 99/010.

Comisión titular:

Presidente: Potel Lesqueux, Joaquín, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Secretario: Morales Valentín, Olegario, catedrático de escola universitaria. Universidade de Granada.

Vocais:

Rioja Sanz, Luis Ángel, catedrático de universidade. Universidade de Zaragoza.

Palanca Sanfrancisco, José María, catedrático de universidade. Universidade de Valencia (Estudi General).

Urrutia Avisrror, Manuel, catedrático de universidade. Universidade de Salamanca.

Comisión suplente:

Presidente: Calatayud Maldonado, Vicente, catedrático de universidade. Universidade de Zaragoza.

Secretario: Millán Calenti, José Carlos, catedrático de escola universitaria. Universidade da Coruña.

Vocais:

Pifarre Sanahuja, Enrique, catedrático de universidade. Universidade de Barcelona.

Izquierdo Rojo, José María, catedrático de universidade. Universidade de Cantabria.

Castañeda Casado, Francisco Javier, catedrático de universidade. Universidade de Valladolid.