Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 21 de febreiro de 2000 Páx. 2.185

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2000 pola que se procede ó nomeamento como funcionarios do corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas, dos aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 30 de outubro de 1997.

Nomeados pola Resolución do 14 de outubro de 1999 (DOG nº 205, do 22 de outubro) funcionarios

en prácticas, os aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo convocado pola Orde do 30 de outubro de 1997, para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas, unha vez rematado o curso selectivo previsto na base III da convocatoria, vista a proposta do tribunal que cualificou este e verificada a concorrencia dos requisitos esixidos nas bases da convocatoria.

Esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no Decreto 95/1991, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Xunta de Galicia, demais normas concordantes e nas bases da convocatoria do proceso selectivo,

RESOLVE:

Primeiro.-Nomear funcionarios/as do corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, grupo B, escala técnica de finanzas, os aspirantes aprobados que se relacionan no anexo desta resolución, ordenados nos correspondentes sistemas de acceso, e de acordo coa puntuación final obtida, destinándoos/as de conformidade coa base VII.2 da convo

catoria ós postos de traballo elixidos polos interesados que, así mesmo, se especifican e co carácter que se menciona.

Segundo.-Para adquiri-la condición de funcionarios, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumpri-los requisitos esixidos no artigo 45 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo legalmente previsto.

Terceiro.-O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Con esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de

reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, segundo o artigo 8.2º en conexión co artigo 10.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO

Corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B)

Escala técnica de finanzas

Acceso libre

Posto destino

Apelidos e nomeDNIPuntosEspecialidade escalaCódigoDenominaciónLocalidadeCarácter

con que se

ocupa

1Portabales Santomé, Mª Aránzazu52.497.875135,68Técnica Contabilidade e IntervenciónEFC030000415770013Xefe Sección Control Financeiro Entes PúblicosSantiago de C.Definitivo

2García Gómez, Carlos Roque33.294.773129,36Técnica Contabilidade e IntervenciónEFC030000515770009Xefe Sección InformaciónSantiago de C.Definitivo

3Pereira Álvarez, José Luis32.782.094129,14Técnica Contabilidade e IntervenciónEFC991000015001147Xefe Sección Fiscalización Gastos de OO.AA.A CoruñaDefinitivo

4Freire Camaniel, Mª Belén34.989.309124,55Técnica Xestión TributariaEFC991000032001046Xefe Sección Sucesións e DoazónsOurenseDefinitivo

5García Pérez, Eva Mª32.823.234123,7Técnica Inspección TributariaEFC991000015001102Subinspector TributarioA CoruñaDefinitivo

6Jácome Reboredo, Fernando52.482.981121,48Técnica Contabilidade e IntervenciónEFC030000215770014Xefe Sección Contas e Análises FinanceirasSantiago de C.Definitivo

7Souto Mariñas, Mª Celina32.801.841121,12Técnica Contabilidade e IntervenciónEFC030000715770007Xefe Sección FiscalizaciónSantiago de C.Definitivo

8Maceiras Rial, David32.793.785119,33Técnica Inspección TributariaEFC992000036560092Subinspector TributarioVigoDefinitivo

9González Soñara, Luz Mª32.657.110113,72Técnica Inspección TributariaEFC991000027001088Subinspector TributarioLugoDefinitivo

10Cabañó Fernández, David32.796.962110,58Técnica Xestión TributariaEFC991000032001042Xefe Sección Transmisións Patrimoniais e AXDOurenseDefinitivo