Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 21 de febreiro de 2000 Páx. 2.169

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 3 febreiro de 2000 pola que se aproban a modificación do artigo 18 e a refundición dos estatutos da Fundación Campus Universitario de Lugo, e se inscriben no Rexistro de Fundacións deste protectorado.

Analizado o expediente de referencia, promovido pola Fundación Campus Universitario de Lugo.

Resultando que esta fundación foi declarada de interese galego por Orde do 29 de xuño de 1995, encontrándose inscrita no Rexistro de Fundacións desta consellería co número 176.

Resultando que a Fundación Campus Universitario de Lugo solicitou ante a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a modificación do artigo 18 dos seus estatutos e a refundición destes nun só texto.

Vista a Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da Lei 7/1983; así como o regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, aprobado polo Decreto 248/1992, do 18 de xuño, e a carta fundacional da referida fundación.

Considerando que as fundacións de interese galego poden modifica-los seus estatutos coas condicións previstas no artigo 38 do citado regulamento.

Considerando que na tramitación do expediente se cumpriron os requisitos esixidos no artigo 10 da Lei 7/1983, e 32.3º e 38 do dito regulamento.

Considerando que esta modificación estatutaria é conforme coa vontade fundacional.

Esta consellería

RESOLVE

Primeiro.-Aproba-la modificación do artigo 18 dos estatutos da Fundación Campus Universitario de Lugo, así como a refundición dos seus estatutos nun só texto, segundo consta na escritura pública do notario de Lugo, Manuel Martínez Rebollido, do vintecinco de novembro de mil novecentos noventa e nove, (protocolo nº 2.842).

Segundo.-Practica-la inscrición desta modificación e refundición estatutaria no Rexistro de Fundacións deste protectorado, logo da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, data a partir da que entrarán en vigor os novos estatutos.

Terceiro.-Esta disposición pon fin á vía administrativa, de acordo co establecido no artigo 109.c) da Lei 30/92, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria