Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2000 Páx. 2.139

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a publicación dos acordos de apertura e prego de cargos formulados nos expedientes sancionadores C-45/1999 e C-1/2000, incoados ó abeiro da Lei 14/1985.

Nesta delegación provincial séguense expedientes sancionadores números C-45/1999 e C-1/2000, contra a empresa Jufer Pin's, S.L. CIF B-24.364.671 (Rpte. Juan Enrique Fernández Pedrera Correa), por presunta infracción da Lei 14/1985, do 23 de outubro, no que se resolveu, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publica-los acordos de iniciación e os pregos de cargos, xa que, intentada a notificación, no último enderezo coñecido (rúa Pardo Bazán, nº 10 baixo, El Crucero, León) non foi posible.

Acordo de apertura.

O director xeal de Interior, por delegación do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, adoptou os seguintes acordos de apertura:

1. Incoar expedientes sancionadores, de acordo co establecido na Lei 34/1987, do 26 de decembro, de potestade sancionadora da Administración pública en materia de xogos de sorte, envite ou azar, contra a empresa Jufer Pin's, S.L.

2. Nomear instructora e secretaria dos procedementos, respectivamente, a Margarita Olmo Bosco e Mª Teresa Doce Platas.

Pregos de cargos.

1. Te-la empresa Jufer Pin's, S.L. instaladas máquinas tipo B chamadas Mini Tómbola de Reloxos sen placas nin autorizacións nos establecementos que se relacionan:

Nº de expediente: C-45/1999.

Establecemento: Bar Oasis.

Enderezo: r/ Bidueira-Loiba, Ortigueira.

Nº expediente: C-1/2000.

Establecemento: Bar Tifany's.

Enderezo: r/ Pedreiras-Laraxe, Cabanas.

2. Tales feitos poderían constituír unha infracción moi grave tipificada no artigo 28 e seguintes da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia, modificada pola Lei 7/1991, do 19 de xuño, de tributación sobre o xogo.

3. De considerarse como moi grave corresponderíalle, segundo o artigo 31 da Lei 14/1985, do 23 de outubro, unha multa de 1.000.001 ata 2.000.000 de pesetas, que se poderá elevar ata 10.000.000 de ptas., no caso de reincidencia.

O que se lle notifica de acordo co disposto no artigo 7 da Lei 34/1987, do 26 de decembro, de potestade sancionadora da Administración pública en materia de xogos de sorte, envite ou azar, dispoñendo o interesado dun prazo de oito días a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que alegue e presente a documentación que coide pertinente na súa defensa, así como solicitar que se reciba a proba do expediente expresando os puntos de feito sobre os que versará e articulando a proba de que intente valerse. E de conformidade co artigo 13.1º c) do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, poderá recusa-la instructora e secretaria do procedemento, segundo o recollido no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En cumprimento do disposto no artigo 42.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o prazo para resolver e notifica-lo procedemento é de 6 meses, contados desde o acordo de apertura, de conformidade co artigo 20.6º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto; e no

suposto do vencemento do prazo sen se ter dictada resolución, producirase a caducidade do procedemento co arquivo das actuacións.

A Coruña, 4 de febreiro de 2000.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña