Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2000 Páx. 2.135

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no concello de Ribadeo, provincia de Lugo. (Expediente 00/2-0G).

Para os efectos previstos no artigo 73º da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos e no artigo 11º do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado polo Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionario: Gas Directo, S.A. con enderezo en Capitán Haya, 53 (C.P. 28020), Madrid.

Obxecto da petición: autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no concello de Ribadeo, provincia de Lugo, de conformidade co proxecto presentado para o efecto.

Descrición das instalacións:

Ramal de subministración.

Parte do gasoducto Llanera-Tui de Enagás, S.A. onde se construirá unha estación de regulación e medida de 72/16 bar. Discorre cara ó norte, bordeando a zona dos Castros, deixando á súa esquerda Santalla e cruzando o Río Grande pola ponte de Reme para pasar entre Vilar e As Casas Novas, deixando A Graña á súa esquerda. Bordea A Palmeira, para despois atravesa-la vía do tren e discorrer por camiños uns 300 metros, onde se dispón

unha acometida para a distribución no núcleo de Ribadeo, e posteriormente un armario de regulación e medida, que alimentará as redes de polietileno para a subministración ós consumos doméstico-comerciais e pequenos industriais de media presión (4 bar).

A lonxitude do ramal de subministración é de 6.740 metros en aceiro de 4".

Redes de distribución.

A partir do armario de regulación e medida, tenderase un encanamento de polietileno que discorrerá cara ó núcleo de Ribadeo. Todo este trazado discorre, case na súa totalidade, por beirarrúas e estradas de dominio público.

Área de autorización: a solicitude de autorización administrativa afecta o concello de Ribadeo, na provincia de Lugo.

Orzamento: cento corenta e tres millóns oitocentas corenta e catro mil noventa pesetas (143.844.090 ptas.).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presenta-las súas alegacións no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio, podendo examina-lo proxecto de autorización administrativa na Dirección Xeral de Industria, edificio San Caetano, en Santiago de Compostela, así coma na Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio, Ronda da Muralla, 70, de Lugo.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria