Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2000 Páx. 2.130

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 99/918).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Enviroil Galicia, S.A. con enderezo social para efectos de notificación na rúa Cánovas del Castillo, 4, 36202 Vigo, para autorización administrativa da instalación que se cita:

Central de xeración eléctrica que se instalará na planta de tratamentos e valoración enerxética de pneumáticos fora de uso no parque empresarial das Somozas (A Coruña), coas seguintes características:

-Dous motores de gas, alimentados por gas do tratamento de pneumáticos e gas natural.

-Dous alternadores cunha potencia de 800 kVA c/u, tensión de xeración 400 V.

-Un transformador de 2.000 kVA de potencia r/t 20/0'4.

-Equipo de medida, mando e protección eléctrico.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta Delegación Provincial, edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 13 de xaneiro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña