Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2000 Páx. 2.127

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/484-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. estrada A Ramallosa.

Situación: Nigrán.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 50 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. Avda. de Portugal ata o C.T. que se proxecta na Avda. Portugal II. L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 125 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V, desde o p.k. 26,7 na estrada A Ramallosa ata o apoio C-3.000/16 da L.M.T. aérea existente na zona. Toda a instalación está situada no concello de Nigrán. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., subterránea, de 105 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 22 de decembro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra