Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2000 Páx. 2.117

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2000, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se modifica a composición das comisións dictaminadoras do concurso de traslados entre funcionarios docentes dos corpos de profesores de ensino secundario, formación profesional, idiomas e ensinanzas artísticas.

Por Resolución do 10 de xaneiro de 2000, DOG do 28, determinábase a composición das comisións dictaminadoras do concurso de traslados entre funcionarios docentes dos corpos de profesores de ensino secundario, formación profesional, idiomas e ensinanzas artísticas.

Ó non poder participar nelas como vocais Juana Mª Paredes Durán (área de letras, comisión nº 1) e Mª del Rocío Gómez Vaamonde (área de tecnoloxías) noméanse no seu lugar a Mª Jesús Yebra Folgueral e José Luis López Seoane, respectivamente.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2000.

Jaime García y García

Director xeral de Persoal