Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2000 Páx. 2.087

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

A Comisión de Goberno do Concello, na súa sesión do 27 de decembro de 1999, aprobou definitivamente o proxecto de urbanización da unidade de actuación número 19 (UA-19) no Campo de Santa Marta, redactado de oficio polos servicios técnicos municipais.

Contra o acto de aprobación definitiva, que pon fín á vía administrativa, poderase interpor potestativamente recurso de reposición perante o Pleno do Concello no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Alternativamente, o acto de aprobación definitiva poderá impugnarse directamente en vía xudicial mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

No suposto de que se intepoña recurso administrativo de reposición, non poderá interporse recurso contencioso-administrativo ata que se resolva expresa ou presuntamente o recurso de reposición interposto. En tal caso, o prazo para interpoñer-lo recurso contencioso-administrativo contarase desde o día seguinte a aquel en que se notifique a resolución expresa do recurso potestativo de reposición ou no que este deba entenderse presuntamente rexeitado. No suposto de rexeitamento presunto do recurso de reposición, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de seis meses.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2000.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde