Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2000 Páx. 2.086

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LOUSAME

CONVOCATORIA de probas.

O Concello de Lousame convoca probas selectivas para nomeamento de conserxe para o CPI Cernadas de Castro da Silva, réxime laboral e tempo indefinido, en cumprimento do acordo plenario do 29-10-1999.

Bases.

1. Posto de traballo.

Subalterno. Conserxe CPI Cernadas de Castro. A Silva.

2. Funcións.

Mensaxería interna e externa. Información ó público, atención teléfono e fax. Apoio á dirección e profesorado do centro. Vixilancia interna e externa do edificio. Atención e coidado de alumnos. Conservación, coidado, mantemento e arranxos sinxelos no edificio e contorno do recinto escolar.

3. Réxime de funcionamento.

Orgánica e funcionalmente dependente do concello. De forma inmediata ás ordes do director do centro, sendo o seu superior xerárquico o alcalde do concello.

4. Xornada laboral.

Axustada á lectiva, agás o tempo non lectivo que será de 8 a 14 horas ás ordes da alcaldía.

5. Retribucións.

Análogas ás do alguacil-porteiro do concello.

6. Fase de concurso.

Avaliarase a titulación superior á esixida, a experiencia profesional previa en función da atención ó público en xeral e os coñecementos informáticos.

7. Fase de oposición.

1º exercicio.

Redacción en lingua galega sobre un tema proposto polo tribunal referente ó tema 11 do temario. Carácter eliminatorio.

2º exercicio.

Contestación por escrito dunha batería de vinte (20) preguntas referentes ó temario, tipo test, con respostas alternativas.

8. Temario.

Xúntase o aprobado pola Xunta de Galicia para subalternos, entre eles, conserxes de institutos. Engadindo un tema s/ lexislación de ensino.

Tema 1. A Constitución española. Visión xeral e especial referencia ós dereitos e liberdades fundamentais.

Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia. Os dereitos lungüísticos dos cidadáns galegos: a Administración pública como garantía deles. O Parlamento de Galicia.

Tema 3. O concepto de Administración pública. Deferentes tipos de administración: central, autonómica e institucional. O Concello: réxime e funcionamento.

Tema 4. A Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. O Consello da Xunta e o seu presidente. As consellerías.

Tema 5. As dependencias administrativas da Administración central na Xunta de Galicia. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Composición, servicios, etc.

Tema 6. As normas xurídicas. A lei e o regulamento: concepto e clases.

Tema 7. O procedemento administrativo: concepto e principios xerais.

Tema 8. Os dereitos do cidadán na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Tema 9. A función pública de Galicia. Dereitos e deberes dos funcionarios.

Tema 10. Funcións do persoal pertencente ó corpo de subalternos. Información e atención o cidadán.

Tema 11. Réxime xurídico xeral do sistema educativo.

9. Presentación de instancias.

Vinte (20) días naturais seguintes ó de publicación no BOE no resumo desta convocatoria.

10. Advertencia final.

O presente anuncio é un resumo da convocatoria completa das probas publicadas no BOP nº 2, correspondente ó 4 de xaneiro de 2000.

Modelo de instancia.

D./na... DNI... veciño de... teléfono... informado da convocatoria dun posto de traballo de conserxe para o CPI Cernadas do Castro da Silva, publicada no BOE nº... correspondente ó día...

Solicita

Tomar parte no concurso oposición, considerando que reúne tódolos requisitos esixidos nas bases da convocatoria, bases que declara coñecer e aceptar.

En... a... de... de 2000.

Lousame, 17 de xaneiro de 2000.

José R. Vidal Castelo

Alcalde