Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2000 Páx. 2.080

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 24 de xaneiro de 2000, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00438-I-1999).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo subdirector xeral de Inspección de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso da alzada perante o director xeral de Transportes, dentro do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 de Argentaria, Caixa Postal e Banco Hipotecario, S.A. sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 24 de xaneiro de 2000.

Carlos González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

Expediente: DX-00438-I-1999.

Matrícula: AL-1616-J.

Denunciante: LE90R0033251838.

Denunciado: Manuel Ucha Areal.

Último enderezo coñecido: Coto Cabanelas, 49, 36415 Mos (Pontevedra).

Feito denunciado: realizar transporte de mercadorías (pedras de granito), desde Lalín ata Caldas, co vehículo matrícula AL-1616-J, que arrastra o semirremolque OU-00127-R (vehículo artículado de 4 eixes) que está provisto dunha autorización da clase MDP-comarcal, o citado vehículo ten un PMA de 38.000 kg e presenta un peso total en báscula de 41.200 kg, o que supón realizar transporte cun exce

so de peso de 3.200 kg, que representa un 8% de exceso sobre o PMA do vehículo.

Data: 7-10-1999.

Hora: 15.16 horas.

Estrada: N-640.

pk.: 188,500.

Precepto infrinxido: artigo 200.3º do R.D. 1211/1990.

Precepto sancionador: 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990.

Sanción imposta: 60.000 ptas.