Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 17 de febreiro de 2000 Páx. 2.031

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 18 de xaneiro de 2000 pola que se fixa o prezo de venda ó público de diversas publicacións.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería e que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2000.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO I

-Acreditación docente e especialistas. Galicia 1999: 1.830 pesetas (11,00 euros).-Criterios metodolóxicos para a elaboración dun contrato en atención especializada: 2.120 pesetas (12,74 euros).-Bases para a compra dun programa de quimioterapia: 2.120 pesetas (12,74 euros).-Bases para la compra de un programa de quimioterapia: 2.120 pesetas (12,74 euros).-Guía de servicios sanitarios 1999: 2.957 pesetas (17,77 euros).