Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2000 Páx. 1.991

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/123-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., San Fiz e San Simón.

Situación: A Bola.

Características técnicas: liña trifásica aérea a 20 kV, derivada desde o apoio nº 1 da L.M.T. A Sorga, en conductor LA-56, ata o apoio nº 7 (935 m) continuando en conductor forrado tipo PAS-50 (485 m) ata o C.T. proxectado aéreo con 50 kVA, 20.000/380-220 V, en San Simón. Redes de B.T. en San Simón e San Fiz.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 17 de xaneiro de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense