Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T. Egatel (Parque Tecnolóxico).
Situación: Pol. In. San Cibrao das Viñas (S.C. das Viñas).
Descricións técnicas: liña subterránea de 120 m, a 20 kV en conductor R.H.V. 12/20 kV, con orixe e remate na liña que cingue os CC.TT. 1 e 2 do Parque Tecnolóxico, enlazando o C.T. da empresa Egatel, proxectado en caseta con 630 kVA, R/T 20.000/380-220 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
Ourense, 14 de xaneiro de 2000.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense