Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2000 Páx. 1.984

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso 12/1999.

En cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise público que o secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 21 de xuño de 1996, acordou darlle publicidade á adxudicación que se identifica a seguir:

Concurso público nº 12/1999: contratación do servicio de limpeza no Centro Residencial Docente e o IESP de Ourense.

Empresa: Eurolimp, S.A.

Importe: 32.113.188 ptas.

Prazo: do 29 de decembro ó 30 de xuño de 2000.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2000.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria