Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2000 Páx. 1.979

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 4 de febreiro de 2000 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Industria e Comercio.

Convocada por Orde do 29 de novembro de 1999 (DOG nº 241, do 16 de decembro) a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Industria e Comercio, esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Indus

tria e Comercio, anunciada pola Orde do 29 de novembro de 1999 (DOG nº 241, do 16 de decembro).

Segundo.-Adxudicarlles destinos, nos postos de traballo que se indican, ós funcionarios que se relacionan no anexo a esta orde.

Terceiro.-Os cesamentos nos actuais destinos dos funcionarios que obtiveron as prazas produciranse no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

As tomas de posesión das prazas adxudicadas deberán realizarse no prazo dos tres días seguintes ós dos cesamentos, se se trata das mesmas localidades nas que prestan os seus servicios os funcionarios, ou no prazo dun mes se se trata de distintas localidades, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Os centros onde causen alta os funcionarios realizarán as dilixencias de toma de posesión dentro dos prazos reflectivos no punto anterior.

Quinto.-contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2000.

Juán Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO

NRP: 3278015968 A2060.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Corrales Piquero, Javier.

Denominación do posto de traballo: subdirector xeral de Apoio Sectorial.

Dependencia: Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral/especial.

Nivel: 30.

C. específico: 2.316.936 ptas.

NRP: 3523718768 A2059.

Grupo: D.

Apelidos e nome: Morogosa Castro, Mª Isabel.

Denominación do posto de traballo: secretario/a delegado.

Dependencia: delegación provincial.

Localidade: Pontevedra.

Corpo ou escala: xeral.

Nivel: 16.

C. específico: 511.116.