Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2000 Páx. 1.976

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade ó acordo da Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, constituída ó amparo do Decreto 89/1997, do 10 de abril, polo que se fai pública a relación de excluídos da categoría 14 do grupo III (xefe de cociña) (lista B) que emendan a causa de exclusión.

Finalizado o prazo fixado na Resolución do 16 de novembro de 1999 (DOG nº 227, do 24 de novembro) polo que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo correspondentes á categoría 14 do grupo III (xefe de cociña) (lista B) e vistas pola Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral, na súa sesión do día 10 de febreiro de 2000, as alegacións formuladas polos interesados, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer público o anexo a esta resolución coa relación de aspirantes que foron excluídos nas listas provisionais do grupo III, categoría 14 (xefe de cociña) (lista B), e que emendaron a causa de exclusión en tempo e forma.

Segundo.-Os solicitantes relacionados estarán obrigados, no prazo de 5 días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro) contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a remitir á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento das taxas que a continuación se expresa:

-Grupo III: 7.515 ptas.

Os que así non o fixesen no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.

Estarán exentos do aboamento de taxas por dereito de inscrición os que foran admitidos no último proceso selectivo para o acceso á mesma categoría, de acordo coa base terceira da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de xuño de 1999 e corrección de erros do 13 de outubro de 1999.

Os interesados disporán dun prazo de cinco días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro) contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para a emenda de erros que puidesen existir na puntuación relacionada no anexo ou formula-las alegacións que con

sideren oportunas, que deberán dirixir á Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral (Dirección Xeral da Función Pública).

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director Xeral da Función Pública

ANEXO

DNI: 35.317.205.

Apelidos e nome: Tizado Rodríguez, Luciano.

B1: 0.

B2: 0.

B3: 0.

B4: 0.

B5: 0.

B6: 0.

B7: 0.

B8: 0.

Total: 0.