Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2000 Páx. 1.970

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2000 do convenio colectivo da empresa Radio Marineda, S.A.

Visto o expediente da revisión salarial para o ano 2000 do convenio colectivo da empresa Radio Marineda, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 10-1-2000, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social pola delegada de persoal, o día 2-12-1999, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de xaneiro de 2000.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acta do acordo de revisión salarial do convenio colectivo de Radio Marineda, S.A.

Na Coruña, ás 18 horas do día 2 de decembro de 1999, reúnense no centro de traballo da empresa, Pablo Vilar Díaz, en nome e representación da entidade mercantil Radio Marineda, S.A., e Ana María Blanco Remuiñán, representante legal dos traballadores, co obxecto de proceder ó estudio e aprobación, se é o caso, da táboa salarial do convenio colectivo da empresa para o ano 2000.

Examinada a táboa salarial para o ano 2000, acórdase a súa aprobación, que se xunta a esta acta como anexo I.

Non habendo máis asuntos que tratar, finaliza a reunión ás 18.30 horas do día indicado. Pola empresa, Pablo Vilar Díaz. Representante legal dos traballadores, Ana María Blanco Remuiñán

ANEXO I

Táboa salarial de 2000

Categoría laboralS.B. díaSalario basePl. Rend.I.D.T.I.C. 1ºI.C. 2ºBruto anual

Redactor xefe4.172125.16012.51013.8621.904.722

Redactor/locutor3.842115.26011.52013.8621.766.122

Auxiliar de redacción3.525105.75010.59013.8621.632.982

Técnico de control e mantemento3.382101.47010.14013.8621.573.062

Xefe de administración3.899116.97011.40013.8621.790.062

Oficial administrativo3.639109.17010.92013.8621.680.862

Auxiliar administrativo3.382101.47010.14013.8621.573.062

Xefe comercial4.039121.16030.00024.0002.290.240

Comercial3.05391.60015.00024.0001.711.400

Notas:

I.D.T. = indemnización de distancia e transporte (artigo 16.6º.a).

I.C. 1º = indemnización de comerciais. Artigo 16.6º.b) 1º.

I.C. 2º = indemnización de comerciais. Artigo 16.6º.b) 2º.

Bruto anual = salario base por 14 pagas + indemnizacións por 11 pagas.

Pola empresaRepresentante legal dos traballadores

Pablo Vilar DíazAna Mª Blanco Remuiñán