Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 15 de febreiro de 2000 Páx. 1.940

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o 30 de decembro de 1999, aprobou inicialmente a delimitación da unidade urbanística 18/99 no Ensanche A, nas parcelas propiedade de Promociones y Construcciones Antonio Fernández Sande, S.L. sitas na r/ Río Xubia e r/ Fontemoura, cualificadas no plan xeral como edificable en 7.273 m e como zona verde (V-65) en 1.620 m no ámbito da UR do Ensanche.

De conformidade co establecido na lexislación vixente, sométese o expediente a información pública polo prazo de 20 días hábiles contados a partir da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, para efectos de presentacion de reclamacións e observacións que, se é o caso, deberán dirixirse á alcadía-presidencia.

Durante o trámite de información pública pode consultarse o expediente na Xerencia de Urbanismo do concello en horario de oficina.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 12 de xaneiro de 2000.

Xaime Bello Costa

Alcalde