Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 15 de febreiro de 2000 Páx. 1.913

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/364-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Freixeiro-Seavia.

Situación: Coristanco.

Descricións técnicas: liñas eléctricas aéreas de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56: de 899 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Seavia (expediente 6194) e final no C.T. Segufe, que se vai

instalar. De 430 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Seavia (expediente 6194) e final no C.T. Buxán, que se vai instalar. Centros de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, de Segufe a Buxán. Liñas eléctricas de baixa tensión a 380/220 V, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 100 m de lonxitude, con orixe no C.T. Segufe, que enlaza coa rede existente sobre apoios de formigón. De 310 m de lonxitude con orixe no C.T. Buxán enlazando coa rede existente no lugar. Coristanco.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 11 de xaneiro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña