Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa.
Enderezo social: r/ Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T., en Paderne, Cabo de Vila e outros.
Situación: Ferreira de Pantón.
Descricións técnicas: liña de media tensión aérea en conductor LA-56 de 24 metros de lonxitude en conductor LA-56. Centro de transformación de 100 kVA e relación 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z. de 1.930 metros de lonxitude.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 4 de xaneiro de 2000.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo