Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 15 de febreiro de 2000 Páx. 1.908

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 19 de xaneiro de 2000, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se notifican as resolucións de reintegro de pagamentos indebidos a María Pilar Carballo Martínez.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase por medio deste anuncio, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, a resolución da Dirección Xeral de Tributos pola que se lle require a persoa que se relaciona no anexo o reintegro dos importes que se indican e polos conceptos que se sinalan.

A delegación territorial da Consellería de Economía e Facenda que se indica, notificará a oportuna liquidación, na que constará a forma e prazo de ingreso.

Contra a resolución obxecto de notificación poderá interpor, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio:

-Recurso de reposición perante o órgano que a dictou, segundo o establecido no Real decreto 2244/1979, do 7 de setembro.

-Recurso económico-administrativo perante o Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade

Autónoma de Galicia, segundo o establecido no Decreto 34/1997, do 20 de febreiro.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2000.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos

ANEXO

Debedora: Mª Pilar Carballo Martínez

NIF: 34.918.733.

Importe: 54.302 ptas.

Concepto: nóminas.

Delegacións Economía e Facenda: Ourense.

Debedora: Mª Pilar Carballo Martínez.

NIF: 34.918.733.

Importe: 27.720 ptas.

Concepto: nóminas.

Delegacións Economía e Facenda: Ourense.