Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 15 de febreiro de 2000 Páx. 1.906

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE UNIVERSIDADES

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2000, da Secretaría Xeral do Consello de Universidades, pola que se anuncia a data na que se celebrarán os sorteos para designa-los vocais que integrarán as comisións que deberán xulga-los concursos para a provisión de vacantes nos corpos docentes universitarios que se citan.

Convocadas a provisión as prazas dos corpos docentes universitarios que se relacionan no anexo adxunto, e dando cumprimento ó disposto no artigo 6 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (Boletín Oficial del Estado do 26 de outubro); artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño (Boletín Oficial del Estado do 11 de xullo), e artigo 17 e) do Real decreto 552/1985, do 2 de abril (Boletín Oficial del Estado do 27).

Esta secretaría xeral resolveu sinala-la realización dos sorteos correspondentes ás prazas indicadas no

citado anexo co fin de designa-los membros das comisións que serán elixidos por este procedemento, para o día 23 de febreiro do 2000, ás dez horas, realizándose polo sistema aprobado pola Comisión Académica do Consello de Universidades na súa sesión do 14 de xullo de 1995, de modo secuencial, segundo a orde en que figuran relacionados no anexo citado.

Os ditos sorteos faranse no Consello de Universidades (Cidade Universitaria, sen número, 28040, Madrid).

Para os efectos previstos no artigo 1 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, a partir da data desta resolución faranse públicas as relacións dos profesores que participarán nos sorteos no Consello de Universidades.

Das citadas relacións e no momento do sorteo serán excluídos aqueles profesores que:

-Pertenzan á mesma universidade á que lle corresponda a praza.

-Fosen designados para formar parte da comisión titular pola universidade á que corresponda a praza.

-Sexan aspirantes e pertenzan á mesma área de coñecemento á que corresponda a praza.

As reclamacións contra as referidas relacións formularanse antes do día 18 de febreiro do 2000, dirixidas á Secretaría Xeral do Consello de Universidades (Cidade Universitaria, sen número, 28040, Madrid).

Nos concursos nos que non existan suficientes profesores do corpo e área de coñecemento a que corresponda a praza, rexerá o previsto no artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, que modifica o artigo 6.9º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

O que lle comunico para o seu coñecemento e efectos.

Madrid, 27 de xaneiro de 2000.

Vicente Ortega Castro

Secretario xeral do Consello de Universidades

Vicesecretaria xeral do Consello de Universidades

ANEXO

Universidade da Coruña.

Concursos convocados por resolución da universidade do 11 de outubro de 1999 e BOE do 11 de novembro.

Concurso nº: 40

Nº sorteo: 39.775

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: arquitectura e tecnoloxía de computadores. 1 praza.

Presidente titular: Emilio López Zapata.

Vocal secretario titular: Francisco Manuel Fernández Rivera.

Concurso nº: 41

Nº sorteo: 39.776

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: arquitectura e tecnoloxía de computadores. 1 praza.

Presidente titular: Emilio López Zapata.

Vocal secretario titular: Francisco Manuel Fernández Rivera.

Concurso nº: 42

Nº sorteo: 39.777

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: edafoloxía e química agrícola. 1 praza.

Presidente titular: Fernando Gil Sotres.

Vocal secretario titular: Antonio Paz González.

Concurso nº: 43

Nº sorteo: 39.778

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: psicoloxía evolutiva e da educación. 1 praza.

Presidente titular: Ramón González Cabanach.

Vocal secretario titular: Rosa María González Seijas.

Concurso nº: 44

Nº sorteo: 39.779

Corpo: profesores titulares de escola universitaria.

Área de coñecemento: psicoloxía evolutiva e da educación. 1 praza.

Presidente titular: Ramón González Cabanach.

Vocal secretario titular: Rosa María González Seijas.

Universidade de Vigo.

Concursos convocados por resolución da universidade do 20 de xullo de 1999 e BOE do 14 de agosto.

Concurso nº: 30

Nº sorteo: 39.845

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: historia e institucións económicas. 1 praza.

Presidente titular: Francisco Comin Comin.

Vocal secretario titular: Abel Fermín Losada Álvarez.