Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 14 de febreiro de 2000 Páx. 1.869

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO.

Faise público que mediante Decreto do 16 de decembro de 1999, a Alcaldía-Presidencia aprobou definitivamente a proposta de delimitación do polígono en Area-San Pedro, presentada por O Mirador Bruxo, S.L., establecendo como sistema de actuación o de cooperación, iniciando, de conformidade co previsto no artigo 102 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, o expediente de reparcelación, suspendendo expresamente o outorgamento de licencias de parcelación e edificación no ámbito do polígono.

A citada resolución pon fin á vía administrativa polo que contra ela cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que a dictou, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o correspondente xulgado do contencioso-administrativo ou a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo a distribución de competencias que se conten na Lei 29/1998, do 13 de xullo, no prazo de dous meses contados a partir da notificación.

Nigrán, 20 de decembro de 1999.

José Manuel Rial Cadaval

Alcalde