Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 14 de febreiro de 2000 Páx. 1.851

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 19 de xaneiro de 2000, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública a apertura de expediente de caducidade da concesión administrativa outorgada á sociedade Depuradora de Mariscos Coruñesa, S.A. (C-1094).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 28 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á sociedade Depuradora de Mariscos Coruñesa, S.A., con último enderezo coñecido na Coruña, As Xubias, a apertura do expediente de caducidade instruído por non solicitarse a prórroga do título habilitante para a explotación da estación depuradora sita na Pasaxe (As Xubias), concello da Coruña, sendo esta causa de caducidade das recollidas no artigo 72, alínea c) da Lei 6/1993, do 11 de maio (DOG do 31 de maio).

O suxeito ó que se lle abriu expediente dispón dun prazo de oito días a partir do seguinte ó da publicación deste edicto, para poder examina-lo expediente na Delegación Territorial da Coruña (r/ Ramón y Cajal nº 1-5ª planta-Casa do Mar) e presentar ante a citada delegación as alegacións que considere pertinentes.

A Coruña, 19 de xaneiro de 2000.

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña