Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 14 de febreiro de 2000 Páx. 1.850

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 18 de xaneiro de 2000, da Delegación Territorial de Lugo, pola que se fai pública, para efectos de notificación, a resolución do expediente sancionador 079/1999-LU.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro) notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan a resolución dos expedientes sancionadores por infraccións á Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG nº 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro), sobre infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os mencionados interesados dispoñen dun prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó desta publicación, para poder examina-los expedientes na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Celeiro-Viveiro (Lugo), Avda. Ramón Canosa s/n, e presenta-lo recurso ordinario dentro do mesmo prazo, perante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Xunta de Galicia, conforme o disposto no artigo 114 da Lei 30/1991, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro).

Nº de expediente: 079/99-LU.

Denunciado: Ricardo Rodríguez Piñeiro.

DNI: 32.595.294.

Enderezo: r/ Zumalacarregui, 40, Cedeira (A Coruña).

Precepto infrinxido: 6.7º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: cen mil (100.000) pesetas.

Celeiro-Viveiro, 18 de xaneiro de 2000.

Pablo Ramón Fernández Asensio

Delegado territorial de Lugo